A muller no medio no que vive

© PMA/Alessandro Abbonizio

Extrapolando, situacións de formas de vida, impostas polas diferenzas de salarios e de ocupación, entre homes e mulleres, obtemos o insultante número de que en cada 10 persoas pobres 7 son mulleres.

Por Jose Vieira | 4/01/2025

Debemos tomar nota, desta triste realidade, na que se manifesta a desigualdade social, pois, en cada dez pobres no mundo en que vivimos, sete son mulleres.

Mas antes de avanzarmos máis neste tema, nos imos centrar nalgúns datos estadísticos, para que nos axuden a pensar o certo peso da situación.

No mundo a que chamamos Terra, viven na actualidade, cerca de 67 millóns de homes do que mulleres.

Que nacen máis bebés do sexo masculino 107 millóns, para cada 100 millóns de bebés femininos.

Para se ter unha noción máis fácil de abarcar, mo mundo en xeral, en cada 100 habitantes 49 son do sexo feminino e 51 do masculino.

Estamos a falar de medias, no entanto, por exemplo, non é o que pasa no espazo da Unión Europea, pois, existen 219 millóns de homes contra 229 millóns de mulleres. O que significa 104,7/100, na relación Muller/Home.

Un exemplo, interesante é o da Letonia en que existen cerca de 60.000 mulleres máis, do que poboación de homes.

Tamén é importante dicir que a lonxevidade das mulleres na Unión Europea é de máis 4 anos de vida do que os homes.

Acumulándose, esencialmente na poboación máis vella o excedente do sexo masculino, o que complica aínda máis os problemas das desigualdades sociais.

Se agora nos fixamos no chamado período activo e, o situarmos como normalmente se estabelece en termo estadísticos, entre os 25 e os 54 anos, verificamos unha proporción dunha muller para cada 5 homes.

Se nos fixamos en España, os salarios dos homes que traballan en relación aos das mulleres en igualdade estas entenden salarios inferiores, para non dicir moi inferiores, aínda hoxe o século XXI.

Extrapolando, situacións de formas de vida, impostas polas diferenzas de salarios e de ocupación, entre homes e mulleres, obtemos o insultante número de que en cada 10 persoas pobres 7 son mulleres.

Por outro lado, en relación a seguranza do posto de traballo, volvemos a ter como situación rechamante a precariedade dos postos de traballo das traballadoras femininas.

Estas diferenzas, tan alarmantes, tamén son algunhas das condicionantes dunha lacra social, que é a violencia de xénero, en virtude do grao de dependencia da muller, en termos de capacidade económica para ser autónoma.

Outra consecuencia desta dependencia é da violencia do xénero, decorrente, leva a afectar dunha forma exponencial a saúde mental de moitas mulleres, até porque, teñen medo de denunciar as situacións dramáticas nas que se atopan.

Tamén temos de ver que dentro do conxunto de poboación feminina, existen subgrupos mais vulnerábeis e que por esa razón, tornan as diferenzas sociais entre os dous xéneros, escandalosamente desiguais. Referimos has familias monoparentais, case sempre, son soportadas por mulleres.

Outra consecuencia destas desigualdades, tamén se fan sentir na capacidade de supervivencia de moitas mulleres que teñen que lanzar man de seren traballadoras sexuais, non encontrando outra forma de sobrevivir.

Unha outra consecuencia da falta de tratamento igual, independentemente do xénero, está o tempo en que cada un dos elementos está ocupado semanalmente no traballo.

É consensual que “sumando o tempo de traballo produtivo e reprodutivo, as mulleres traballan cerca de máis 7 horas por semana que os homes, ou sexa, máis 354 horas por ano”.

Mas a muller tamén esta colonizada a traballar, o número de horas non remuneradas, que está estatisticamente calculado como sendo cerca de 43% do seu tempo desperto, mentres o home practicamente non pasa do 25%.

A consecuencia é que a muller dispón dun tempo de lecer inferior ao home de entre 18 e 20% menos. Outra inxustiza evidente.

Por outro lado, o mundo do traballo, dunha forma totalmente machista, determina en moitos casos que determinadas profesións ou oficios, non propios para o xénero feminino, isto polo tipo de traballo, a nivel a maioría das veces, por crear unha barreira física, por poderen ser nais e por teren as chamadas regras.

Estas limitacións se toman a todos os niveis pois vemos que o ascenso aínda hoxe, nos postos máis importante e de decisión, desde as pequenas até as grandes empresas, os lugares de mando e mellores salarios, non están reservados ás mulleres.

Reportándonos ao caso español, temos, segundo un estudo cuantitativo da WeEqual, o seguinte resultado obtido, entre os CEOS (Dirección xeral e Consellos de Administración) de 400 empresas dos sectores do IBEX35, 150 empresas de Alimentación, 15 de Gran Consumo, 100 grupos hoteleiros e 100 empresas tecnolóxicas.

De entre estes cadros directivos das empresas analizados, verificouse que 94 %, eran ocupados por homes e, que soamente había 6% de mulleres a ocuparen cargos deste tipo.

Esta porcentaxe é manifestamente das peores existentes no mundo desenvolvido, o que dá idea tamén de como as mulleres en España son discriminadas polo seren e, como tal estaren sempre na mira da desigualdade de oportunidades e como, consecuencia, alimentando o grosso dos desfavorecidos pola desigualdade social.

Outra situación que penaliza dunha maneira bastante significativa o grupo do xénero feminino é que ten unha duración estadística de máis 4 anos que os homes, e esta situación fai que a súa saúde financeira, se deteriore e, facilmente pasen dunha situación de certo estado de pre-pobreza, a unha situación de pobreza severa.

Da observación destas cifras, facilmente se pode concluír que as mulleres son ases grandes perdedoras neste mundo desigual.

Así podemos concluír, que o colectivo feminino, non só nacional de España, mais sobre todo o mundial, teña que dispensar unha especial atención ao xénero feminino, onde as infinitas carencias y desigualdades de orde de xénero, agravan a súa posición en termos de desigualdade social.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.