Por Jose Vieira
O desespero que a pandemia desencadeou no mundo en que vivimos, deu orixe a unha carreira de velocidade, onde todo valía, por parte dos corredores, que buscaban a vacina para atallar tan grande desastre.
Un fenómeno xamais visto até entón, despuntou no mundo en que nos localizamos, se xerou o pánico xeral, non só nas poboacións atinxidas de sorpresa e, peor aínda, o desconcerto total dos gobernantes de quenda, neste vale de bágoas, que se quedaran desorientados aceptando todo o que se lles propuñan.
E QUEN FACÍA ESAS PROPOSTAS NON MOI CORRECTAS NIN GARANTISTAS?
Nada máis nin menos, do que os laboratorios de produtos farmacéuticos.
Entón, non se lles ocorreu, outra idea, que non fose o facilitar, todos os medios posíbeis para de encontrar a solución de parar a propagación das referidas pandemias, que as afogar en diñeiro, para que con eses medios desenvolver vacinas para, parar a pandemia en curso.
A parte beneficiada do desastre foron, como non podía deixar de ser, os laboratorios farmacéuticos e, que se encheron de diñeiro e beneficios, basta ver a subidas das súas accións nas bolsas. O gañador indirecto foi a poboación en xeral. No entanto, esta poboación arrastrará a varias e distinguidas velocidades, o beneficio, ou sexa, unha posíbel inmunidade.
O que se debía ser dito a poboación, é que só estaría realmente inmunizada, de forma real e libre dos graves problemas de que arrastra esta pandemia, cando houbese unha inmunidade de grupo a nivel mundial.
Avanzamos que, nin as vacinas chegarán de forma conveniente a toda a poboación mundial, nin en tempo nin en cantidade suficiente (repárese por exemplo as distintas e difíciles formas de transportar algunhas das vacinas).
Recordemos as palabras de Tedros Adhaanom Ghebreyesus, presidente a Organización Mundial de Saúde (adiante referiremos só polas siglas OMS), cando a 18 de xaneiro deste ano, refería que foran administradas aos países ricos 39 millóns de vacinas de diversas procedencias industriais e, soamente 25 doses en países en desenvolvemento.
Así, nunha primeira fase, todos os intervenientes no “negocio das vacinas” tiveron dúas actuacións distinguidas; os gobernos que representaban os infectados, colocaron á disposición das empresas que producen medicamentos e vacinas (laboratorios farmacéuticos), os medios necesarios para os animar a desenvolver as investigacións para encontrar a panacea que resolvese a situación, no máis breve espazo de tempo.
Convén dicir que os laboratorios non só esixiron os diñeiros adiantados, o que significa un negocio redondo sen calquera risco económico ou financeiro.
No entanto, non se ficaron curtos e, así como, esixiron que a responsabilidade xurídica das súas respectivas empresas, se limitasen ao máximo e, en caso de graves efectos secundarios a responsabilidade fose asumida polos gobernos respectivos.
Antes de avanzarmos máis, queremos desde xa informar, que até entón, o negocio das vacinas, non era atractivo para as referidas industrias farmacéuticas. Se non vexamos, a través dun pouco de historia a razón de non ser atractivo e, como tal un apartado, pobre das súas actividades, de provedores de medicamentos de uso moi máis continuado.
Como todos sabemos o que interesa aos laboratorios farmacéuticos é teren medicamentos para subministrar, a pacientes dunha forma sistemática e, durante o maior tempo posíbel, sen que ningún outro concorrente entre no seu mercado, ou sexa, no fornecemento do medicamento indicado para aquel tipo de enfermidade (de aí o apego desapiedado ás patentes, algo verdadeiramente indecente e inmoral).
Me recorda unha pequena historia da medicina tradicional, se conta moi rapidamente e revela a natureza da medicación. Nunha terra do interior dun determinado país, había un pai medico, que acababa de ter un fillo recentemente titulado tamén en medicina. Así o pai médico resolveu tirar unhas vacacións e, puxo o seu fillo a visitar os seus enfermos. De entre eses seus enfermos tiña un, que era o señor rico da terra, que tiña unhas dores sistemáticas de oído. Entón o médico pai, recomendou que o fillo fose facer o curativo todas as semanas como el sempre facía, ao referido enfermo. Cando o pai regresou de vacacións, o fillo dixen ao pai que curara o referido señor para sempre, pois o que o señor tiña era un feixón no oído. O pai ficou furioso e, lle dixen, como curaches o señor, pasas a comer todos os días o feixón que o señor tiña no oído.
Este conto, “mutatis mutandis”, é o negocio dos laboratorios farmacéuticos. No entanto, xa veremos que desta vez o sistema se mostrou moi máis atractivo para os laboratorios.
O interese dos ditos industriais de produtos farmacéuticos, non é curar enfermidades, mais si aliviar a enfermidade e manter o enfermo adicto ao consumo dese produto. Como mostramos no conto enriba.
Senón vexamos, a través dun pouco de historia a razón de ser, de non ser as vacinas un apartado comercial de gran interese até este momento.
Como sabemos, sempre que se fala de vacinas nos reportamos ao investigador francés Louis Pasteur, que en 1885 e, despois de oito largos anos de investigación con animais, descubriu a vacina contra a rabia animal.
Outro exemplo moi importante, é o de en 1908, na cidade de Lille en Francia, o investigador Albert Calmete, estuda unha forma de conseguir unha vacina para a tuberculose e, despois de 13 anos de canseiras de investigación, se consegue vacinar o primeiro bebé en París.
Aínda máis, en 1948, o norte americano Jonas Salk, tras oito anos de estudos e de 1,8 millóns de ensaios clínicos, anunciou a súa vacina, como eficaz e suxeita para a poliomielite.
No caso presente da pandemia en cuestión, temos como afirmamos unha carreira en que todos os corredores están mimados e municiados con todo o cariño e diñeiro por adiantado. Esta gran carreira, segundo a OMS, ten a partida como cerca de 50 corredores. Non nos imos fixar nas tecnoloxías utilizadas por cada un dos laboratorios, porque iso non é cuestión a tratar neste texto.
O que se queremos falar é de que estas vacinas foron desenvolvidas en tempo marca. Non pomos sequera en cuestión, que hoxe se dispón doutros medios, moitísimo máis evolucionados do que os que se dispuñan, na breve historia que referimos, da creación de tres vacinas moi coñecidas. O que aconteceu na sintetización das referidas vacinas, demostra que habendo diñeiro e ausencia de risco, se fan milagres.
Bo nos esqueciamos de xuntar que mesmo así, este milagre só foi posíbel, polos laboratorios farmacéuticos teren visto que estaban perante unha “galiña de ovos de ouro” e, que non se debía deixar de pasar a oportunidade, dun negocio que promete perpetuarse o tempo.
Falemos de prezos, a pesar de non teñamos as certas tarifas de cada empresa, no entanto, imos só indicar, algúns dos prezos soados das vacinas:
– Moderna 14,68 euros
– Pfizer- BioNTech rolda os 14 euros
– CureVac cerca de 10 euros
– AstraZeneca 1,78 euros.
Cando alguén compra un determinado produto e despois deste ser producido a empresa produtora, ten o coñecemento dos tempos de produción e os respectivos prazos de entrega, a seus clientes. No caso presente, parece que o esquema de entregas non se cumpre, conforme foi anunciado polos produtores e, peor, o diñeiro das respectivas encomendas xa está anticipadamente na man do provedor.
Máis aínda, conforme a localización das empresas produtoras, son beneficiados eses países. Todo parece indicar, que existe unha flexibilidade infinita nas entregas por parte dos produtores e unha pasividade total dos tomadores.
É gritante a desigualdade entre o Norte e o Sur, unha vez máis.
Non nos gustaba dicir, no entanto, é imposíbel de esconder, na crise actual, que é un exemplo de manual de aberracións do modelo económico en que vivimos, non só no sector, como a nivel xeral.
Non podemos deixar de recordar, que para o contexto xeral dos países implicados na xestión das vacinas, as poboacións do chamado terceiro mundo, ou dos países en vías de desenvolvemento, deixou de contar, xa non é unha prioridade. No entanto, se non existe unha inmunidade grupal a nivel mundial, o proceso, estará sempre activo.
Será que é esta a estratexia dos laboratorios?
Esperamos ben que non! Esperamos que se garante a igualdade das vidas humanas.
Máis, esperamos, que a pesar de en outra escala, non aconteza o que en 2014, sucedeu co laboratorio Gilead, que fixou en 41.000 euros o prezo do tratamento con Solvadi, medicamento para a hepatites C, o que levou a que algúns países teñan racionado a súa utilización.
Isto é só, unha toma de atención pois, canto tempo imos convivir con esta pandemia e cantas variantes do virus van aparecer?
Tampouco entendemos, como despois do Secretario Xeral da Nacións Unidas António Guterres, ter petición que as patentes destas vacinas sexan bens públicos, os gobernos dos varios países implicados nestes procesos continúen a calar e a deixar que o que debía ser un ben público, até porque eses mesmos países, funcionaron como dun ben público se tratase, aboando o diñeiro para as propias INVESTIGACIÓNS, regresasen “co rabo entre as pernas” a defender os beneficios criminais dos laboratorios especulativos.
Así, pensamos que as patentes e respectivos procesos, fosen postos á disposición de empresas dos países pobres ou emerxentes e, estes con os auxilios doutros, puxesen en marcha a produción destas vacinas a baixo prezo, como bens públicos que son (prezo igual a custo de produción).
Con isto, o que pretendemos é ver ao fin do túnel, o triste espectáculo do que eses señores chaman “A ECONOMÍA DO LIBRE MERCADO ORGANIZADO”.
Se el primero en comentar