Grossman o que intenta mostrar é que existe unha contradición fundamental, no centro vital do proceso capitalista, entre o que chama “proceso de traballo”, o que en teoría non ten calquera límites internos, pois, iso polos aumentos de produtividade e o respectivo “proceso de valoración”, que coloca este aumento fundamental do valor, a beneficiar só o beneficio (lucro).
Por Jose Vieira
Será en 2029, que se cumprirá cen anos da crise da Bolsa de Nova Yorque ou sexa do día 24 de outubro de 1929. Uns poucos meses antes se publicaba un título que non podemos deixar pasar en branco, sen a el nos referirmos, se trata de “A lei da acumulación e o afundamento do sistema capitalista”, dun profesor de orixe polaco/xudeu, non moi coñecido chamado Henryk Grossman.
Este profesor era un marxista e neste libro procura crear unha especie de teoría das crises do sistema.
Pouco antes, estabamos coa idea de que os loucos anos vinte, xamais acabarían e a felicidade imperaría sobre a totalidade do planeta Terra.
Este seu libro, acabou por ser criticado, e as súas teorías, perfectamente excluídas da praxe dos economistas, tanto de dereitas como de esquerdas, fosen eles marxistas ou non.
Mais donde estamos?
É máis que evidente e, sen controversia, que nos encontramos perante unha crise, que o único controverso, pode ser a súa profundidade. Todo o resto é recoñecido sen dúbidas.
Así o que se nos ocorre é saber, pasados tantos anos, como diciamos case cen anos, non valería volver a ler con atención o referido texto do profesor Grossman.
O profesor Grossman, ingresara en novembro de 1925, no Institut fur Sozialforschung (máis coñecido polas súas siglas de IFS, que traducidas significa Instituto de Investigación Social) que era dirixido por un seu coñecido desde os seus tempos en Viena de Austria, un filosofo de raíz marxista e editor de libros, chamado Carl Grunberg.
Cando chegou a Francfort Grossman, este instituto era recentemente formado (fora o ano anterior 1924), sendo o berce da chamada “Escola de Francfort”, tamén designada pola escola da “Teoría Crítica”, de que resaltaban entre outros, Theodor Adorno, Erich Fromm e como non, Herbert Marcuse.
Como anécdota, que de todos os modos pensamos ser moi importante recordar, é a de que o instituto enriba referido o IfS, era financiado pola familia do intelectual marxista Felix Weil.
Grossman, conduciu o seu camiño propio, de que dá conta coa súa obra enriba referida.
Na obra “O Capital”, de Karl Marx, e sobre a redacción de Friedrich Engels, se pode ler no libro terceiro (libro 3), que foi dado à luz en 1894, se fala e se discute a “tendencia a caída da taxa de beneficios”, dentro do sistema capitalista.
É evidente que os empresarios capitalistas, tiñan e teñen como obxectivo esencial a obtención do máximo beneficio, o que para estes non hai calquera límite para este marco.
Este texto, de Karl Marx, editado tras a súa morte por Engels, cinco anos despois, ou sexa, en 1899, Eduard Bernstein, un autentico “revisionista”, das ideas marxistas, vén contrapor que o capitalismo estaba lonxe de se encontrar en fase destrución e, antes polo contrario, se estaba a fortalecer.
Curiosamente dicía entón que o socialismo só se podería alcanzar, se o capitalismo, evolucionase no sentido deste sistema – o socialismo.
Esta análise, levantou auténticas ampolas de indignación e o Karl Kaustsky, veu a terreiro dicir que “xamais Marx en ningún dos seus escritos tiña escrito algo que se puidese interpretar, como a evolución do capitalismo até ao socialismo” e máis, que esa “idea era absurda” a de un afundamento do capitalismo e como tal o escrito de Bernstein non pasaba dunha “invención revisionista”.
Grossman, retoma o tema na súa obra e cada vez se dá a impresión de que este tema non só non está liquidamente acabado, como se mostra actual outra das observacións de Kaustsky que Grossman tamén aborda e, que se pode sintetizar en forma dunha pregunta:
“EXISTE UN LÍMITE ECONÓMICO INTERNO PARA O CAPITALISMO?”
Aínda que se teñan empeñado os marxistas de entón, mais non só estes, este tema volveu a ser levantado no escrito “A acumulación do Capital”, publicado en 1913 por Rosa Luxemburg.
Esta en a súa respectiva obra, defendía que “podería haber un límite interno, que levaría ao colapso do capitalismo” e este sería expresado en forma dunha “teoría do subconsumo”. Trocado por unha linguaxe máis simple, significaría que o capitalismo non conseguiría dar a todos os consumidores os medios para estes poderen comprar toda a súa produción. Isto parece levar a conclusión de que o capitalismo del expandir-se e nese camiño de expansión, vai perdendo recursos e, como a autora argumenta, só isto poderá conducir ao seu colapso.
Non faltaron de novo detractores das ideas de Rosa Luxemburg, cun austríaco a levar esa bandeira, Otto Bauer, notar que Grossman partillaba as súas críticas, non para desclasificar a idea do límite interno do capitalismo, mais si para o situar “sobre unha nova base”.
No fondo o que se trataba, era de deseñar unha nova forma ou esquema mental, que nos levaría da lei do valor, descrita no primeiro libro de “O Capital” de Karl Marx, até ao libro número tres, da mesma obra, onde se fala da tendencia á caída do capitalismo e das súas consecuencias.
Grossman o que intenta mostrar é que existe unha contradición fundamental, no centro vital do proceso capitalista, entre o que chama “proceso de traballo”, o que en teoría non ten calquera límites internos, pois, iso polos aumentos de produtividade e o respectivo “proceso de valoración”, que coloca este aumento fundamental do valor, a beneficiar só o beneficio (lucro).
Grossman utiliza un modelo abstracto, do circuíto do capital (tomado desde Otto Bauer), que recorreu do segundo libro de “O Capital”. Se modelo, non inclúe a descrición da realidade económica do capitalismo, mais si a súa tendencia subxacente.
Isto significa unha taxa de acumulación de capital, constante, ou sexa, que o valor acumulado polas máquinas, sexa superior, ao capital variábel, que será o mesmo que do traballo (el chama traballo vivo).
Terminamos este, dicindo que canto menor for a proporción dese traballo (dito vivo), máis difícil ser producir valor e, como tal, a taxa de beneficios, que representa a relación entre de máis valía e o capital total, non ten outro sentido que ir diminuíndo.
Isto se é completamente lóxico e merece a nosa atención para o escrito de Henryk Grossman.
Se el primero en comentar