![]()
Coa presidencia dos USA, de Richard Nixon, este de unha forma unilateral, “como se acostuma dicir”, mandou que o patrón ouro, pasara a mellor vida, liberando a súa vinculación. Impondo axustes aos seus socios. Como o fixo?
Por Jose Vieira | 29/10/2026
Non existe ningún desvío na forma de financiamento do capitalismo contemporáneo, nin ningún afastamento na ruta do secuestro deste, en termos da sua lóxica estrutural financeira.
Mesmo para os máis ortodoxos marxistas, estes aceitan, tal Karl Marx o describe no volume terceiro de “O Capital”, aquilo a que hoxe designamos por hexemonia do capital fictício, e do capital que venza xuros.
Así deixamos de ter calquer tipo de problema ao afirmarmos que a produción capitalista contén en si mesma a financeirización, so a forma que foi polo capitalismo adoptada, durante a década dos setenta.
Por tanto, podemos avanzar desde xa, que un dos “alimentadores das maquinarias específicas do imperialismo dos Estados Unidos da América do Norte” (USA), na súa pasaxe a unha súper estrutura imperialista, se está ou se ten estado a facer, a custa do “inmenso privilexio de se financiar a custa de déficits”.
Máis, podemos dicir mesmo que avanza, en dous tipos de déficits, o orzamentario e o comercial e, o pior é que se financia a custa dos aforros do resto do mundo e ainda máis mal, sen que se por o que se pasa é que os países que roldan a esfera de influencia dos USA, acaban por seren eles a soportar os custos do país que os explota.
Entao resulta a paradoxal, que para se intentaren defender, teñen que acumular dólares e, naturalmente esa incongruéncia necesária, mantén o poder do dólar, case ilimitado.
Onde ou como naceu este “polvo” asfixiante?
Estaba a terminar a Segunda Grande Guerra Mundial do século pasado (1939/1945) e, os americanos forzan a reunión de Bretton Woods, que é a semente fundamental.
Os señores americanos, se quedaran coa hexemonia do dólar e, afrontaron os retos ou desafios, polo menos en tres frontes, ou sexa, na sua industrialización moi superior a todos os outros, mesmo considerando como competidores os alemáns e os xaponeses, asi como a real derrota militar dos USA no Vietnam, e finalmente monetariamente co padrão ouro, imposto na reunión de Bretton Woods.
Coa presidencia dos USA, de Richard Nixon, este de unha forma unilateral, “como se acostuma dicir”, mandou que o patrón ouro, pasara a mellor vida, liberando a súa vinculación. Impondo axustes aos seus socios. Como o fixo?
Durante o mandato de Richard Nixon, estaba como governador da Reserva Federal dos USA (que funciona na realidade a custa de ningún real axuste, como un Banco Central dos países occidentais), Paul Volcker, elevou os tipos de xuros da Reserva Federal dos 11% até aos 20%, entre os anos de 1979 até 1981, o que tivo o efecto de atraer capital de todo o mundo, para comprar títulos do Tesouro dos USA.
Os efectos non se fixeron esperar, resultando case de inmediato a crise de débeda dos países da América Latina. Esta ficou celebremente coñecida pola chamada “DECADA PERDIDA”.
De inmediato tomou as rédes dos USA Donald Reagan, aproveitou o momento para liberalizar o sistema financeiro do país, dando o pontapé de saída para o que hoxe denominamos como a financeirización e consecuente dominio da produción e comercio, así como os seus fluxos “ás regras do capital financeiro” que ten como amo e señor o dólar.
O que debemos entender por financeirización?
A mellor definición que encontramos para esta expresión, non é outra cousa que toda a economía estar a ser dominada polos bancos e estes seren cada vez más e más grandes e poderosos.
De aí, falarmos no chamado capital fictício, que non é outra cousa do que títulos da débeda pública ou privada, os chamados derivados ou as accións de empresas.
Así podemos concluír que son estes elementos que controlan e dirixen as decisións de investimento e en trazos máis largos as políticas dos diversos países.
Resumindo, o que significa que o que prevalece no mundo de hoxe, ou sexa quen manda o que, é a lóxica financeira e non como antes dos anos setenta, de máis ou menos autonomía (que xa viña a decaer) da produción e do valor.
Para termos unha idea máis próxima de como funciona, o capital fictício non ten que estar ligado ao proceso de produción, para encontrar un aumento do seu valor, basta que os Estados resolvan subir o prezo dos bonos do Estado, dun derivado, para que o mercado anticipar rendementos futuros, sen calquera aumento de produción.
Este estado de espirito optimista, xera case automaticamente unha valorización financeira e, que pode producir un ciclo de euforia, que leve até que as empresas industriais aumenten as súas producións.
Son no fondo procesos que se desencadean de forma acumulativa e até en consecuencia, levando a investimentos como resultado.
Esta situación, pode inclusive traer impulsos, aínda que temporais, no aumento de emprego, no crédito concedido e evidentemente na actividade empresarial, mais non podemos esquecer que quen vai pagar as consequencias da financeirización, van ser os cidadáns cando deixar de interesar ao sistema financeiro manter viva a situación.
Así, as moedas que gravitam na periferia do sistema, “son tratadas como activos de risco” e colocadas con elementos que serven para os financeiros especularen, aumentando as incertezas da economía real.
Finalmente como defensa, os países das moedas satélites, son obrigados a manter tipos de xuros altos (intereses), moi altos mesmo que os países de especulación.
Estamos centrados no imperialismo caníbal do dólar americano.
Se el primero en comentar