A CIG comenza a movilizarse contra os despidos en MERCADONA

O Luns 31 de Xullo no Mercadona de O Seixo (A Coruña) primeira concentración para esixir a readmisión de Oscar
Por André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal de Mercadona na Provincia de A Coruña, e secretario do comité provincial)
Oscar é un compañeiro que traballa no Mercadona de O Seixo en A Coruña.
Oscar foi despedido polo novo coordinador (encargado), foi despedido despois de acabar de aprobar o exame anual que permite cobrar a chamada «prima», sin ter ningunha sanción, ningún apercibimento, ningunha acta aberta antes do despedimento disciplinario que lle puxeron diante a primeiros deste mes de Xullo.
Por desgracia chegou a hora de dicir ata aquí chegamos e dar batalla.
No Estado español o despedimento e libre, pero está regulado, tanto os motivos, como as modalidades do despedimento.
Dentro deses motivos non están nin o despedimento por capricho, nin por ideoloxía, por idade, por enfermidade, por embarazo, por esixir os teus dereitos, ou por pertencer a un determinado sindicato.
Os RRHH o saben, cando van a despedir teñen que dar os motivos, e eses motivos teñen que ser os reais, ou estarán facendo trampas, mentindo, e cometendo unha ilegalidade, e esas prácticas deben ser combatidas tanto por parte dos sindicatos, como por parte de inspección de traballo.
A CIG conseguiu entrar en Mercadona despois dunha dura loita, non foi fácil, tivemos que superar duros atrancos, e unha actitude antiCIG, que non viña só da empresa, porque contou cos sindicatos de cabeceira de Mercadona, CCOO e UXT, actuando activamente para evitar que a CIG tivese presenza en Mercadona.
Máis ese momento pasou e agora temos a maioría absoluta por segundo vez consecutiva na Provincia de A Coruña, e somos primeira forza sindical en Ourense e Pontevedra. En Lugo ainda non fumos quen de montar candidatura, pero en canto os compañeiros perdan o medo estou convencido de que seremos tamén primeira forza sindical.
Dende a nosa chegada a nosa loita é a de esixir respeto tanto aos dereitos das traballadoras e traballadores, como a eles mesmos como persoas.
E nesta loita continuamos, desta vez enfrentandonos unha vez máis a despedimentos inxustificados, sen ningunha base demostrable, despedimentos con carácter disciplinario, a traballadores sin sancións, nin actas, nin reprimendas previas, e en moitos casos coa valoración anual para cobrar a prima, ou plus, ou complemento anual, aprobada.
Estamos a recibir mensaxes e chamadas de auxilio, non só dende a Galiza, si non de todo o Estado español.
Falannos do endurecemento das condicións de traballo, das dificultades para conciliar a vida laboral e a persoal, do trato por parte do superiores que os leva a vivir con medo, dos problemas cando se poñen enfermos, da inoperancia, ou peor ainda, de como CCOO e UXT máis que defender os seus dereitos fan labores de vixilancia dos seus propios compañeiros.
E tamén nos transmiten a sua inquedanza polo despedimento de moitas compañeiras e compañeiros, veteranos na empresa, despidos disciplinarios de xente que ten entregado a Mercadona a súa vida, e en moitos casos a súa saúde física e mental.
As compañeiras e compañeiros da CIG en Mercadona estamos dispostos a loitar, a non dar un paso atrás, para defender o noso traballo, a nosa dignidade, e a dos nosos compañeiros en toda a Galiza.
En caso de que Mercadona decida seguir adiante coa súa política anti obreira comezaremos unha movilización continuada, de longo percorrido, en toda a Provincia de A Coruña, que si é preciso vaise expandir a toda a Galiza.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.