A CIA (Axencia Central de Intelixencia), o anxo negro do mal ou o anxo branco dos neo-imperialistas da USA

Esta agrupación de espionaxe e de intervención, política e económica, ou sexa, o mundo de paternidade americana, se tornou célebre, polas súas macabras intervencións, en diversos países, un pouco, por todo o mundo e, sempre levando a destrución, desestabilización, golpes baixos políticos e golpes de estado, fraticidas.

Por Jose Vieira

Temos en mente, que os Estados Unidos da América do Norte (de agora en diante escribiremos só as siglas en inglés – USA), é o chamado país “policía mundial”. Esta posición foi especialmente asumida, por un lado por a USA, tendo estes imposto, a súa lei e seu dominio (ditadura democrática), como país gañador da guerra, pois non foi devastado por ela, o que nos levou a ser obedientes e eternamente agradecidos e, como tal, servidores incondicionais e de xeonllos ao amo, USA.

Unha das razóns fundamentais, pola cal a USA saíu fortalecida da Segunda Guerra Mundial, ten a ver que as guerras do século XX, así como as novas do século XXI, se caracterizan por seren levadas a efecto en territorios longínquo do seu país (caso da USA), mais sempre por intromisión deste país, que se considera policía do mundo, asumindo tamén o papel de “pai tirano” do Occidente.

Esta situación so foi alterada co ataque da “Al qaeda”, pasando a seren designados os movementos dos non aliñados, cos seus intereses en exclusivo, nunha lista por eles creada, so o título de grupos terroristas ou mesmo países terroristas. A autoridade dos incluír, pertence a un departamento de seguranza da USA, designado CIA.

Ese tal ataque, que foi perpetrado contra as Torres Xemelgas, na cidade de Nova Iorque así como ao Pentágono, se deu o ano de 2001, o día 11 de setembro, era presidente dos USA, George Bush fillo.

Este acto tivo unha inmediata reacción dos USA, tendo este invadido, de forma discricionária, co argumento falacioso da existencia de armas de destrución masiva, o Iraq e, como “pai tirano” mundial, tiñan que ser castigados os iraquís e, en especial o seu presidente Sadam Husein, que antes fora aliado incondicional dos USA, mais que agora fora elixido como “bode expiatorio” e, como tal, suxeito a castigo.

Non podemos esquecer que esta invasión trouxen extraordinarios beneficios para as empresas de armamento americanas e, non só, mais sobre todo para as reconstrutoras americanas que teñen feito o negocio do século.

Pasaron desde aí, a seren os países musulmáns do medio e próximo oriente, que non estivesen so o seu xugo político e económico-financeiro, como sendo os grandes produtores de petróleo como a Arabia Saudita, Kuwait, Catar, etc., todos os outros son albos de todas as represalias.

Sempre con estas intervencións, a moitos miles de quilómetros de distancia do solo patrio, tiveron como obxectivo, o albo económico, dar saída, aos stocks de armamento existentes, nas grandes compañías de material de guerra (industrias da morte), pois 4 das 5 maiores do mundo son americanas.

Estas accións, se desenvolveron tras o fin da Segunda gran Guerra Mundial, en que os chamados Aliados Occidentais, venceron o conflito contra os países fascistas de entón, nos referimos a Alemaña, Italia e Xapón, que constituían o chamado eixe, tamén chamado polo “eixe do mal”.

Como enriba referimos, os USA asumiron o liderado, non só por seren os Aliados que gañaron a guerra, mais si, por ser o único país belixerante do grupo occidental, que trabou a guerra en territorio estranxeiro, ou sexa, non só o europeo, como un pouco por todo o mundo, mais xamais en seu territorio, o sexa, sempre na casa dos seus aliados, o que permitiu que o seu territorio saíse incólume do conflito, mentres os europeos, ficaron completamente destruídos.

Desde entón, os servizos secretos da Inglaterra, que tiñan unha grande experiencia de desestabilización política e, fomento de conflitos sempre que “interesasen a súa maxestade” (o coñecido M16), preparou e auxiliou os primeiros pasos do seu conxénere americano, a Axencia Central de Intelixencia, coñecido por CIA.

Esta agrupación de espionaxe e de intervención, política e económica, ou sexa, o mundo de paternidade americana, se tornou célebre, polas súas macabras intervencións, en diversos países, un pouco, por todo o mundo e, sempre levando a destrución, desestabilización, golpes baixos políticos e golpes de estado, fraticidas. Mais sempre co “leit motiv” de estar en contra os comunistas e, todos os progresistas en xeral, que non fosen “a misa” cos americanos.

Recordemos a Cuba de Fidel Castro, a Venezuela de Hugo Chaves, o Chile de Salvador Allende e a Indonesia de Sukarno. Isto para só falar nalgúns, das decenas de casos criminais.

Cabe agora, un dos principais postulados deste texto, ou sexa, a pregunta é “quen é de verdade o terrorista”.

É dunha forma xeral, e simplemente, non estar cos desexos dos USA.

Claro que, a forza bruta, é que determina, infelizmente o que é o non é terrorismo. Así que de verdade, son terroristas os actos de loita pola dignidade humana dos países ditos do terceiro mundo, case sempre con moitas dificultades de saíren a diante, considerados pola CIA, como unicamente fontes de fornecemento de materias primas, baratas e nas cantidades necesarias para os intereses americanos e seus apaniguados.

E que teñen que estar subservientes totalmente a Washington.

Claro que, de aí o que ten acontecido, é que o respectivo servizo de intelixencia, o que ten feito, con toda a “intelixencia”, é desenvolver, toda unha actividade completamente subliminar, e secreta, de eliminación de todo o que, sexa en que país sexa, poda por en cuestión o dominio do imperialismo americano.

Así os seus albos máis primitivos, foron lanzados aquando da intervención dentro do territorio americano, no chamado período da “caza das bruxas”, o sexa a persecución e eliminación, chegando a non só matar directamente como, pagando a organizacións “nazis”, como por exemplo aos grupos da “Ku klux klan”, para matar comunistas e perseguir a poboación negra, como aínda hoxe sucede.

Recordemos as matanzas da policía americana, que dispara primeiro (herdanza dos cows boys do oeste) e, despois vai a ver o que había, sempre e cando se trata de cidadáns de negros.

Estas persecucións, comezaron no tempo do senador republicano, Joseph McCarter, do estado de Wisconsin e, durante unha década, de 1947 a 1957, non foron diminuíndo a súa intensidade, a cuberto do seu brazo armado e legal nos USA, que non era outro que non a CIA e o seu brazo interno popular o FBI.

Este senador, é un dos ídolos de Donald Trump, o mencionando cun grande facedor da América, nos seus discursos.

Este señor ten como exemplo un certo “SS”, a xeito americano e, que foi o home das persecucións e execucións dos comunistas e progresistas na América do Norte. McCarter nos seus discursos, incitaba a poboación a denunciar as “herbas daniñas”, para que fosen exterminadas. Un auténtico facedor de odio, entre os cidadáns do seu país.

Mais a acción da CIA, non se caída por unha actividade de caza aos comunistas e progresista en territorio americano, vai moito máis lonxe.

Recordemos unha situación máis recente, pois, é consentanea coa maioría dos nosos lectores, no que se refire á invasión do Iraq e, como exemplo próximo, que as razóns de tal invasión, foron as noticias falsas, creadas pola CIA. Que propagaron a existencia de armas de destrución masiva. Estas deron orixe a unha reunión, de show e nada máis do que iso, que fixeron que tres ínclitos cidadáns, xurasen a pés xuntos, no aeródromo da base militar americana das Lages, en territorio portugués dos Azores, como habían armas de destrución masiva e por iso había que invadir o Iraq e tomar posesión do petróleo, as súas compañías, así como doutras materias primas.

Con certeza todos se lembran, quen eran eses intervenientes, no entanto, os recordamos por se acaso alguén non se lembra, foron o presidente dos USA, George Bush fillo, Tony Blair primeiro ministro do Reino Unido e José Maria Aznar primeiro ministro de España.

Unha “Perfecta Trindade do Mal”.

Desde ese momento, estes suxeitos lexitimar unha certa cruzada do século XXI. Inacreditábel.

Como en Idade Media cruzadas contra os musulmáns…

Este, é unha primeira abordaxe e introdución, a unha descrición das inxerencias criminais, das forzas secretas, en especial das americanas como a CIA, máis o seu aliado máis antigo e seu formador, o M 16 (do Reino Unido) e, co seu máis terrorífico e fiel aliado, a Mossad (que son os servizos secretos de Israel, co sinistro Yossi Cohen como xefe da orquestra).

Pasaremos no seguinte texto, co mesmo título e coa indicación de II, unha revista pola actuación criminal da CIA, coa cobertura dos países da Comunidade Europea (coniventes pasivos e activos de auténticos exterminios de poboacións un pouco por todo o mundo, e ditadas pór os americanos, auténticos ídolos dos europeos en xeral e, dos españois en especial.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.