Ser austero e tecnócrata, unha conexión que pode ser explosiva

Estas situacións restritivas de austeridade e orientación, están a ser ditadas, acompañadas e fiscalizadas, por un conxunto de tecnócratas que toman en súas mans, os mandos da destrución da democracia, a través da intervención nas estruturas económicas.

Por Jose Vieira

Está na orde do día os recortes nos gastos sociais, nunha fiscalidade regresiva, nunha deflación monetaria, represións aos traballadores, limitacións nos salarios e, como non, privatizacións a toda a velocidade.

Este cadro, parece que o estamos a sacar dunha fotografía, que representa naturalmente, a política levada a efecto nas autonomías gobernadas en España, polo Partido Popular e súa filial, ou matriz ideolóxica, que repara no nome de VOX.

Esta infeliz asociación, ten como resultado a creación do campión das represións das conquistas dos traballadores e, do 90% da poboación deste país, traducese en recortes no gasto en políticas sociais, nunha deflación monetaria, nunha fiscalidade regresiva, recortes nos dereitos dos traballadores, limitacións na política salarial e, como non podía deixar de ser, nas privatizacións de todo o que ten interese, para as grandes corporacións económicas.

Até parece, que estamos a facer unha foto instantánea, mais que fai a síntese, do cadro analítico, socioeconómico, da Comunidade de Madrid.

Estas situacións restritivas de austeridade e orientación, están a ser ditadas, acompañadas e fiscalizadas, por un conxunto de tecnócratas (que se titulan, seren os defensores do mercado liberal, seguidores de Milton Friedemann e seus apaniguados sucesores), que toman en súas mans, os mandos da destrución da democracia, a través da intervención nas estruturas económicas.

Este mesmo camiño, foi o seguido, logo que se entrou na década de 1920 e, coas mesmas ganas antidemocrática, dos asesores do PP e da súa matriz ideolóxica Vox, de hoxe, como a rasa de tecnócratas de entón, ao servizo do goberno italiano (fascismo de Benito Mussolini).

Foron estes señores, tecnócratas de entón, que prepararon as estruturas socioeconómicas da Italia e, que coexistiran os primeiros anos do goberno de Benito Mussolini.

Estes asesores tiveron tal influencia en Mussolini, que este, se tornou nun dos maiores defensores da austeridade, na súa forma máis actual.

Esta situación, que veu a se estabelecer en Italia cos votos dos tres partidos, Partido Liberal, Partido Popular (estes foron os que deron orixe ao Partido da Democracia Cristiá) e, como non, co Partido Nacional Fascista.

Quere dicir, que houben unha relación de interdependencia interesada e directa, entre os desexos de Mussolini e, para os implantar, se socorreu das armas que eses preparadores do fascismo económico, lles proporcionou.

Esta situación, non para de nos chamar a atención, dadas as semellanzas que se van deseñando no horizonte.

Basta que nos atentemos, nos sinais que a Comunidade de Madrid, nos vai lanzando, día atrás de día, anunciando a “bombo e pandeireta”, que o paso seguinte, é a implantación dunha estrutura, non fascizante, mais si fascista a breve fragmento.

Data ano

Homes

Mulleres

total

2022

23.236.999

24.195.806

47.432.805

2021

23.224.861

24.169.362

47.394.223

2020

23.197.625

24.132.356

47.329.981

Vexamos algúns datos estadísticos da Comunidade en cuestión:

data

densidade

Homes

Mulleres

total

Decembro 2021

843

3.243.636

3.525.477

6.769.113

Xuño 2021

839

3.228.937

3.509.421

6.738.358

Decembro 2020

842

3.236.830

3.518.998

6.755.828

A Comunidade de Madrid, ten a desdita de ser onde se encontra a capital administrativa do Reino de España e, como tal, para onde se desprazan a maioría da poboación en busca do chamado “lugar ao sol”.

É aí onde se sitúan os políticos, e como non, onde se desenvolven os xogos de poder.

É tamén na capital do reino, onde se instalan os que desexan “facer figura” (os chamados “pirros” e afins) e, por iso, esta comunidade se retroalimenta dunha especie humana, que é a clientela do poder, e procura ou xulgan mesmo ser, todos marqueses ou como mínimo, membros da casa real.

Esta noción, de que son os máis importantes, os cidadáns de Madrid, constituíndo unha elite, que se xulga ser a “nata da nación”, pois, se senten como os máis evolucionados e os posuidores de toda a verdade e, como non da “intelixencia”.

Este é o pensamento dunha señora fascizante, que leva as rédeas da respectiva autonomía.

Mais iso si, é onde están actualmente concentradas as sedes das maiores empresas de España (por exemplo as do Ibex 35), que abandonaron as súas anteriores sedes e, a quen tanto axudou na súa centralización en Madrid, un tal señor Rajoy, coa ameaza aos que non abandonasen a Cataluña, serían perseguidos con todo o rigor, polo instrumento de represión ao seu servizo, chamada “Hacienda” e, que se lles retiraría, as respectivas subvencións, se o non fixesen.

Isto pasou e continúa a pasar, non sendo repostas as cousas en seu debido lugar, co actual goberno.

Foi nesa altura que o goberno de extrema dereita, do tal señor Rajoy, resolveu castigar, os cataláns, como fose “o pai tirano”, a cando dos acontecementos que precederon a aplicación do artigo 155 da Constitución Española.

Recordemos o significado do respectivo artigo da Constitución de España, “este atribúe claramente ao goberno a facultade de valorar se algunha Comunidade Autónoma está ou non, a cumprir as súas obrigas ou está actuando de forma gravemente atentatoria contra o interese xeral de España”.

Perante as posicións tomadas pola señora que preside aos destinos da Autonomía de Madrid, acompañada polos seus acólitos, como o Alcalde da capital, así os seus comportamentos, fan lembrar os mesmos motivos, que levaron a xustificar a marcha sobre Roma, que o día 28 de outubro de 1922, en Italia, coas seguintes palabras, que traducimos “ipsis verbis” coa nosa respectiva matización : “Italia (Madrid) necesita a fronte un hombre (una muller) capaz de dicir NON a todas as petición de novos gasto” (como os servizos de saúde públicos, a educación pública e demais servizos de atención á maioría dos cidadáns).

Estas medidas que esta señora está a impor, supón un sacrificio descomunal para a gran maioría da poboación traballadora da autonomía madrileña e, en contrapartida, montes de rebaixas e beneficios millonarios ás clases máis ricas.

Igual como na Italia fascista, as eliminacións de impostos sobre herdanzas e outras desgravacións, como o sistema de progresividade, que só beneficia aos ricos.

De aí, as súas reaccións, á masiva manifestación, destes pasados días en Madrid, en defensa do seu lexítimo dereito, a unha sanidade publica de calidade, que seus pais conseguiran. Esta señora quere eliminar e entregar a saúde, á explotación privada, retirando ese dereito universal á saúde, quedando está só accesíbel para os ricos. É neste sentido que se enmarca a frase que xustificaban os fascistas para marchar sobre Roma, enriba referido.

No caso presente, esta señora, non necesita de promover unha marcha sobre Madrid, pois, xa se encontra sentada na CADEIRA DE MANDO, da Autonomía en cuestión e, de mans libres, para proseguir o seu camiño, na retirada de todo o estado de benestar social, e como non, o seu asalto ao poder, desaloxando o seu actual aliado galego.

Nos quedamos por aquí, para non ter que concluír cal é o obxectivo final da señora e seus acólitos, deixando unicamente a pregunta, para onde esa señora vai, se non lle paran os pés nas próximas eleccións.

Estamos, iso si, perante un camiño que ten como obxectivo o totalitarismo anti democrático, utilizando como ferramenta, a austeridade discriminatoria e pseudo-tecnócrata e, isto significa que non está a gobernar para a poboación en xeral, mais si, para a minoría dos ricos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.