Manifesto Non a Caballero

Un modelo político baseado no personalismo, no capricho narcisista e na desatención das demandas cidadás, manexando instrumentos de hipnose social e alienación pública

Por Lucio Martínez Pereda, Manuel Forcadela e Angelo Nero

Unha política democrática, sexa municipal, nacional ou estatal, non se lexitima só conseguindo os seus representantes legais nunhas eleccións xustas senón que debe ter como imperativo a racionalidade e a procura dunha solución equitativa e cabal dos problemas socias e comunitarios, baseada sempre nunha conciencia moral universalista, un dereito tamén universalista e unha conciencia colectiva de tipo reflexivo.

Un modelo político baseado no personalismo, no capricho narcisista e na desatención das demandas cidadás, manexando instrumentos de hipnose social e alienación pública, convértese, antes ou despois, nunha praxe autoritaria e antidemocrática, aínda que conte co apoio maioritario de poboación.

É obriga moral da poboación formada e reflexiva, comunicadores, ensinantes, colectivos públicos, concienciar e advertir deste posible abandono e reclamar as correccións pertinentes.

A Historia fornécenos de exemplos numerosos en que comunidades enteiras, seducidas con reclamos inmorais, apoiaron comportamentos políticos intolerables e, finalmente, tráxicos. Vigo non pode sumarse a ese vergoñento elenco.

Manuel Forcadela: escritor e profesor
Ángelo Nero: director de Nueva Revolución
Lucio Martínez Pereda: historiador e profesor

1 Comment

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.