a posición expresada polo goberno español, está absolutamente en contradición coa legalidade internacional
Por Sogaps / Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
O proceso de descolonización do Sáhara Occidental, antiga colonia española da que segue sendo legalmente a potencia administradora e que Marrocos ocupa militarmente desde 1975, sufriu un ataque co apoio anunciado polo presidente do goberno de Estado español, Pedro Sánchez, ao apoiar o plan do Goberno de Marrocos para o Sáhara Occidental.
O goberno dá un xiro moi significativo na postura histórica do Estado español, que sempre defendeu unha solución ao conflito na liña co marcado nas resolucións da ONU, que recoñecen a soberanía política do Sáhara Occidental e, polo tanto, reclaman a súa libre determinación.
Isto, prodúcese nun contexto caracterizado pola gravidade do conflito do Sáhara Occidental, despois da reactivación da guerra en novembro de 2020, e o estado de tensión na zona pola continuidade do Reino de Marrocos das súas políticas expansionistas e plans para acabar coa a seguridade e estabilidade da rexión.
Nun contexto no que o reino de Marrocos incumpre o dereito internacional desde sempre, o goberno español apoiou un plan do goberno de Marrocos que pretende anexionarse o Sáhara Occidental, considerando este plan como a base máis seria, crible e realista para a resolución desta disputa, dando así un xiro a unha posición mantida durante anos.
En definitiva, a posición expresada polo goberno español, está absolutamente en contradición coa legalidade internacional. As Nacións Unidas, a Unión Africana, a Unión Europea, a Corte Internacional de Xustiza, o Tribunal de Xustiza Europeo e todas as organizacións rexionais e continentais, non recoñecen ningunha soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.
Reafirmamos o noso compromiso coa República Árabe Saharauí Democrática e co seu lexitimo representante, o Frente POLISARIO.
Rexeitamos o apoio do goberno español ao plan do Reino de Marrocos de autonomía para o Sáhara Occidental por non dar cumprimento as resolucións da ONU, incluíndo o referendo de autodeterminación do pobo Saharauí.
Exiximos a resolución do conflito do Sáhara Occidental no marco do proceso de descolonización sustentado nas resolucións da ONU, incluído o dereito de autodeterminación do pobo saharauí mediante un referendo. O Estado Español non pode desvincularse unilateralmente das súas responsabilidades xurídicas fronte ao Sáhara Occidental e o seu pobo, xa que é a potencia administradora do territorio pendente de descolonización. Tampouco pode dar as costas as súas responsabilidades políticas, xa que é o primeiro responsábel do sufrimento do pobo saharauí.
Pedimos aos partidos políticos que conforman o goberno, aos que os apoian e aos partidos da oposición, que redobren os seus esforzos para facer valer o dereito internacional e rexeiten con contundencia esta decisión que tomou o goberno, e que rompe co consenso que caracterizou os últimos 46 anos da política exterior do estado español con respecto ao Sáhara Occidental.
Se el primero en comentar