Quen ten medo de Donald Trump?

Dos seus opositores extraeu os beneficios das súas imposicións, dos seus socios e amigos, obtivo os mercados que sempre lles permitiron obter os escoramentos para as súas industrias.

Por Jose Vieira | 16/04/2025

“Who’s Afraid of Virginia Woolf?” era o título dunha película, sobre unha obra de teatro, homónima, do dramaturgo americano Edward Albee e, que foi estreada no ano de 1962.

Esta peza de teatro foi levada á grande pantalla (o sexa ao cinema) en 1966, cunha adaptación do escritor de guións cinematográficos Ernest Lehman. Sendo dirixida polo director de cinema (realizador) Mike Nichols. Tivo como interpretes, dous célebres artistas de cinema, chegaron en vida a seren un matrimonio, se tratou de Elizabeth Taylor no papel de Martha y Richard Burton como George.

O argumento trata das contradicións e disputas dun matrimonio de larga convivencia de uns 20 anos. O elemento feminino, era unha dama dunha extraordinaria beleza e un pouco maior que o seu marido. Ela era unha muller moi forte e suxeita de si que por veces era até violenta. Pola súa parte o home na relación era posuidor dunha grande e extraordinaria intelixencia.

No “Mundo en que vivimos” (título dunha obra recente de José Vieira, en dous tomos), tamén existe un protagonista, que encarna a posición dun tirano, déspota e, moito cerca dunha disruptividade insandábel, que o leva a un estado mental, en que xulga, que pode mudar o “status quo” ao belo pracer, pois, este está por encima do ben e do mal, dado que é o líder incontestábel do tal Mundo.

Este señor pretende xustificar, todo o que fai, tomando como sendo o seu país, o que se está empobrecendo, pois, todo o mundo vive a súa costa.

Vende a idea, de que desde o principio do século XX e, até ao presente momento, en que tomou posesión como o 47 presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA), non ten feito os dirixentes deste, outra cousa do que trasladar para todos os pobos, deste mundo, sexan opositores, ou pobos amigos, todas as riquezas que pertencen ao seu país.

Con base nesta terrorífica e incongruente idea, esta á desmontar o estado e sistema de relacións internacionais, onde privilexiábase unha estrutura de mercado liberal e global, para unha estrutura en que se repoña, dunha forma despótica, todo o que este xulga a que ten dereito a se resarcir, por conta do que voluntariamente foi solidariamente concedido (ou iso pretende que se pense, que foi, pois, non quere ver o outro lado, ou sexan os beneficios extraídos deses apoios), como contra partido deses apoios concedidos.

Nunca estes apoios que o seu país, concedeu foron gratuítos.

Dos seus opositores extraeu os beneficios das súas imposicións, dos seus socios e amigos, obtivo os mercados que sempre lles permitiron obter os escoramentos para as súas industrias. o” existente, a seu belo pracer, pois, este está por encima do ben e do mal, dado que é o líder incontestábel do tal Mundo.

Para este señor, que repara no nome de Donald Trump, todo o mundo está a defraudar o seu país e a “chupar” o seu sangue.

Esta, segundo Trump, na hora de inverter a relación, recuperando os USA, a posición de “DONO ABSOLUTO DO MUNDO”.

Os USA, teñen que volver a ser o máis rico, o máis poderoso, o policía do mundo, o xuíz e expedidor da xustiza, tendo todo o mundo que falar coa os USA, de cabeza baixa e de xeonllos no chan.

Trump o señor presidente dos USA, desde as campañas para a elección para este seu segundo mandato, sempre falou na creación de impostos alfandegueiros, para tributar as importacións de produtos, cuxa súa fabricación non fose efectuada no seu país.

Este señor presidente, repite como conselleiro a Peter Navarro, que no anterior mandato deste, este economista dirixiu o “Taller de Política de Comercio and Manufactura” da Casa Branca creada por si en 2017.

Este ten sido un promotor incondicional de políticas proteccionistas, entre elas os impostos ás importacións chinesas e as do México, así como aos fluxos emigratorios que penetraban na América vía aquel país fronteirizo.

As ideas económicas propostas por Navarro non son consideradas moi correctas ou até son consideradas como falta empirismo.

Mesmo tendo en cuestión fortes avisos de que non son moi coherentes para non dicir que non o son de todo, para Trump, as políticas aconselladas por Peter Navarro, non só satisfán o seu ego, como tamén este presidente, aproveita para manter o mundo perfectamente en suspenso, amedrentado e completamente suspenso de calquera tipos de ameaza bélica, pois, este líder americano, non se cohibe de dicir que ou aceptan a ben as súas imposicións o as terán que aceptar pola forza.

Cabe aquí recordar, que para alén da oposición tradicional à China, Trump, ten unha auténtica alerxia aos xaponeses, pois, este xamais se esquece que buscou os apoios dos “magnates financeiros xaponeses”, para os seus proxectos inmobiliarios dos anos 80 do século pasado e, estes non se involucraran, ignorando as súas propostas, pois, non as pensaron minimamente atractivas.

Ficou sempre celebre, a súa chegada ao porto de Tokio, con todo o festival que proporcionaba na altura o seu enorme Súper Yat Trump Princess.

É moi importante que non sexa subestimado o respectivo presidente dos USA, pois, o que fai e o que di, non son só desvaríos propios de alguén que está fóra da razón, mais toda este festival completamente anormal, para o gosto das persoas controladas e, que funcionan de forma máis corrente.

O seu discurso, en trazos largos, está debidamente programado, así como están previstos os adiantos e recuos, para lograr os efectos pretendidos.

Non é por acaso que por exemplo lanzou man destes tipos de impostos no sentido de dicir que iría recadar unha certa “fortuna”, para o seu país. Había que facer continuar o engano para despois, da súa elección.

Más dentro do seu país, a imaxe de que aínda vai gozando, é a de o maior patriota, que o que desexa é que a América sexa o maior país o máis rico, o máis forte militarmente e que teña todo o mundo completamente encostado a parede, tremendo de medo, aos tronos do seu buzo de ditador.

Damo0s por exemplo, a relación dalgunhas das tarifas, que segundo este presidente Trump, considera como sendo unicamente para equilibrar as estruturas de comercio internacional cos USA:

Lesoto……………….50%

Camboia…………….49%

Laos………………….48%

Madagascar……….47%

Vietnam……………..46%

Myanmar……………45%

Sri Lanka……………44%

Islas Malvinas…….42%

Falklands…………..42%

Siria………………….41%

Maurício…………..40%

Estas foron algunhas das medidas de impostos imposta polo señor presidente, todo isto nas bases que foron impulsadas realmente polo seu equipo, con Peter Navarro a súa cabeza.

Despois, de todo estar completamente tremendo de medo, pois, a América fora o impulsionador do libre comercio e como tal da globalización, agora vira a vela ao contrario.

Mas será mesmo así?

Pois, non, reparemos que precisamente en súa alocución de ante onte di que “todo o Mundo”, un seu habitual esaxero, lle están a pedir que sexa magnánimo, e perdoe os impostos e, conforme el di lle están a bicar o “cu” e o señor presidente de acordo con esas peticións e a súa Magninidade, suspende por 90 días a aplicación dos impostos de castigo e, encontra partida, acciona un agravamento do 104%, que castigara a China, pasándoa súa penalización para 125%.

Terminamos recordando para quen teña a paciencia de ler este texto, que o maior acredor dos USA, por posuidor de Bonos da súa débeda (débeda externa dos USA), non é outro que China.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.