Foi unha década moi importante (pola negativa), mais a noso parecer, non suficientemente decisiva, de confrontacións entre o adianto da humanización, a “conservación dos intereses de grupos sociais, e de clases sociais, nunha Nova Orde Internacional” que asomaba, como sendo unha alternativa.
Por Jose Vieira
Cada uno de nós, atópase limitado, no tempo en que vivimos, polo tempo de que dispomos, polas posibilidades de conseguirmos ler o que nos gustaría, mesmo hoxe, co recurso a internet.
Por outro lado, tamén estamos limitadas pólas lecturas que escollemos, así como, pola lingua en que están escritos outros textos, que eventualmente nos interesaban e polas que no noso entorno fan os que connosco interactuan.
Non podemos deixar de referir igualmente, que tamén estamos condicionados pola lectura que facemos do que lemos.
Estas dificultades aínda se acentúan, se nos dedicamos a ler cousas da área da ciencia económica.
Pasemos desta introdución tan cautelosa, para lembrar que nalgún momento da nosa aproximación á economía, topamos con que a economía, estudaba a posibilidade da satisfacción das necesidades humanas (dunha maneira lóxica?), perante aos bens limitados que as satisfacían.
Imos referir unha acusación, con merecemento, segundo parece, a John Maynard Keynes (1) (ilustre economista do século XX), que lemos en “Theory of Need in Marx” de Agnes Heller (ou sexa, Teoría das necesidades en Marx), que na introdución feita por dous economistas Ken Coates e Stephen Bodington, estes escribían, a seu respecto, o seguinte: “a teoría da necesidade foi totalmente neglixenciada por Keynes e en todas as outras ortodoxias económicas”. Non podemos deixar de estar de acordo, sempre que nunha lectura máis simplista abordamos a súa obra fundamental “Teoría xeral do emprego dos intereses e do diñeiro”. Mas continuando coa introdución feita polos economistas enriba indicados, estes engadían que, “o que é sorprendente, porque todo o mundo inocentemente cre o obxectivo xeral da actividade económica, da produción e distribución, é o de satisfacer as necesidades humanas e que os economistas son os que teñen como especial preocupación os modos e os medios do conseguir”.
Segundo o propio Keynes as teorías do subconsumo, estiveron en “stand by”, até que o “reformista burgués e crítico do imperialismo” Hobson o resucitou.
Keynes realmente non adicionou nada e, por tanto, esa hibernación se mantivo, comezando a se despertar na década de 70 do século XX, anos en que o capitalismo non escapou a unha forte crise (pasou despois, da chamada crise do petróleo da década de 70).
É o tempo de Ronald Reagan nos Estados Unidos da América do Norte e de Margareth Thatcher no Reino, que tan mal sabor deixou, no mundo. Son dous pasos atrás.
Foi unha década moi importante (pola negativa), mais a noso parecer, non suficientemente decisiva, de confrontacións entre o adianto da humanización, a “conservación dos intereses de grupos sociais, e de clases sociais, nunha Nova Orde Internacional” que asomaba, como sendo unha alternativa. O socialismo estaba aí, estaba presente, plantexábase como sendo unha alternativa ao capitalismo, que víase nunha fase adiantada, que revelaba unha forte erosión do mesmo sistema.
A noso ver esas dúas décadas foron, nada máis nada menos, que dous pasos atrás. Evidentemente se compararmos co que antes se tiña andado no bo desenvolvemento económico do mundo (desde o final da Segunda gran Guerra Mundial).
Sería ou podería ser o despertar desa hibernación, “da satisfacción das necesidades, das persoas, como certo obxectivo das máis diversas formacións sociais”.
Imos tentar seguir a explicación de Marx en que este daba un exemplo, de como un individuo en estado salvaxe, tiña que loitar coa Natureza, para conseguir desta obter os bens necesarios para satisfacer as súas necesidades ou máis aínda, reproducir o que utilizou da Natureza, para que poda ser eses bens duplicados, este sería a loita do primitivo. Por outro lado, o suxeito civilizado, ten que facer en sociedade todos os esforzos necesarios para satisfacer de todos os modos posíbeis a produción dos respectivos bens.
Debemos ter en atención, que a satisfacción das necesidades, fai que estas tamén crezan, mais tamén, no home civilizado, tamén crecen as posibilidades produtivas.
Se nos situamos neste dominio, a liberdade do home agora socializado, só pode consistir en que os conxuntos de produtores, agora regulan de forma racional, os seus trocos de materiais coa Natureza, a controlando debaixo do ollar da comunidade. Mais, non dominados pola Natureza, dunha forma sen arbitrio, mais, cun esforzo empregando o mínimo de forza e como non, “nas condicións máis dignas e adecuadas á súa natureza de humano”.
Entón podemos dicir, sen marxe de equivoco, que permanece dentro do círculo das necesidades.
Antes o día de traballo era algo interminábel, no entanto, a posibilidade de se recortar o día de traballo, no capitalismo, tornouse un auténtico “flaxelo do desemprego”, da precariedade, do multiemprego e das desigualdades sociais.
Ora ben, as desigualdades sociais, non son un mal que aumenta, co dominio que o humano, vai adquirindo sobre a natureza (agora o home está dentro da natureza), o que de verdade é o mal, “tratase da explotación do home polo home”.
Ese mal, é que algúns dos seres humanos, amontoaran un patrimonio tan grande, mais atención que este fora creado por todos e para todos. Esta acumulación está asente cada vez máis nunha monetarización cada vez maior e que é irreal, feita de artificios e falacias, mais sempre especulativas.
Poderemos dicir sen dúbida algunha, que ese obxectivo, esconde do que verdadeiramente é, a satisfacción das necesidades humanas.
Nos escritos de Marx, está perfectamente clara esta forma de lectura, por forma implícita ou explícita, o simplemente visíbel, quere no materialismo histórico (2), quere no entendemento e comprensión do materialismo dialéctico (3), a comprensión do concepto de necesidade. Xa non o está en de os escritos de Keynes.
Dentro do mundo da liberdade, existe o reino da necesidade, mais que non se diluíu precisamente, porque só se torna real, cando alcanza a consciencia das necesidades. Así, o valor da forza do traballo (no capitalismo), despendido (tempo utilizado ou necesario) e o restante é de máis-valía e, esta é, apropiada e como tal é o pagado da explotación.
Dito dunha maneira máis simple, o valor do traballo se pode dividir entre o tempo necesario (para obter un determinado ben) e, o restante que é de máis-valía.
Notas:
(1) John Maynard Keynes, economista de orixe inglesa, naceu en Cambridge a 5 de xullo de 1883, no
Reino Unido, falecendo a 21 de abril de 1946 en Tilton House LTD, igualmente no Reino Unido. Influenciou, Miçton Friedman, Paul Samuelson, Arthur Laffer, Joseph Stigliz, entre outros.
Sufriu influencias de Adam Smith, Friedrich Hayek, David Ricardo, Malthus, etc.
(2) Materialismo histórico: dunha forma moi simple, tratase das doutrinas nun marco conceptual creado por Karl Marx e posteriormente, tamén usado por Engels. Este consiste en que os homes crean a súa historia non segundo o seu arbitrio, mais si segundo as condicións que herdaron de xeracións pasadas. Así non é a consciencia dos homes que determina o seu ser, mais si o seu ser social que determina a consciencia. Se está a referir a consciencia social.
(3) Materialismo dialéctico: se trata de considerar como unha expresión filosófica da concepción do mundo do marxismo-leninismo que significa que os conceptos criticamente elaborados e, sistematicamente vinculados e do máis xeral, conteñen o esencial da concepción en cuestión.
Se el primero en comentar