Pandemia e economía

Por  José Vieira

Falaremos hoxe un pouco desta relación, para intentar demostrar que as súas conexións son múltiples e esenciais, no entanto, non son soa, o complemento directo da crise económica que está a nosa fronte e que nos vai acompañar, dunha forma indesexábel.

Nos serviremos de entrada dos valores da taxa de crecemento, a nivel mundial, entre os anos de 2010 e o ano de 2019. E utilizamos os datos fornecidos polo Fondo Monetario Internacional (FMI).

ANO EM QUESTAO

% DE CRESCIMENTO ANUAL DO PIB

2010

5,4%

2011

4,3%

2012

3,5%

2013

3,5%

2014

3,6%

2015

3,5%

2016

3,4%

2017

3,9%

2018

3,6%

2019

2,9%

Podemos, cunha simple mirada ver que o ano de 2019, foi o de máis baixo crecemento da década.

Máis evidente se torna se compararmos coa medía dos 10 anos anteriores e entón se ve, que esa tendencia en todas as áreas do mundo é idéntica.

Tomamos como base o valor 1 de para facer as comparacións e temos o seguinte cadro

ZONA

% PARA 10 ANOS MEDIA ANTERIORES

Euro zona

0,89

G 7

0.86

A.E. (economías avanzadas)

0,85

Mundo

0,77

Economías Emerxentes

0,73

Latino América

0,07

Basta restar cada un destes índices á unidade, para ver que non houben crecemento, antes pór o contrario.

Tampouco podemos deixar de referir, que a economía dos Estados Unidos da América, se estivese a inchar, a custa dunha masiva inxección de crédito, que se vén prolongando desde os últimos seis anos, mentres por outro lado, verificamos unha caída quere na  rendibilidade e como tal na inversión da economía real (en bens capitais  produtivos).

Segundo Brian Green explicou nunha discusión sobre este tema en You Tube, “a saúde subxacente da economía capitalista global era xa débil, antes da pandemia, no entanto, estaba escondida, polo diñeiro barato que producía lucros especulativos, o que retroalimentava a economía.

Se nos fixamos nas Taxas Internas de Rendemento (coñecidas entre os economistas polas TIR), foron analizadas nun chamado Trend, para todos os países do mundo entre 1950 e 2017. Aínda reservando con todo o coidado, o referido índice, pois non contempla o capital variábel, así como os inventarios das materias primas, a que chamamos capital circulante, esta medida, nos permite facer unha boa comparación da traxectoria da economía.

Así observando os datos, verificamos que as economías dos G7, atinxiron o máximo de lucros nos finais da década de 1990. Téndose verificado unha tendencia a súa diminución, desde entón, cousa que se veu acentuar a partir de 2005, para pronto caer en picado coa gran Recesión de 2008.

Se podía expandir os datos econometricamente até 2019, no entanto, o que se extrae desde a súa analice é que as economías capitalistas estaban xa inmensamente débeis desde antes da pandemia.

O mesmo se pode dicir dos beneficios corporativos, pois Brian tamén os analizou esencialmente para os seguintes países, USA, Reino Unido, China Canadá, Xapón e Alemaña, tendo en atención, no seu estudo, que este conxunto de economías representa máis do 50% das economías mundiais. As proxeccións efectuadas, demostran perfectamente que os beneficios corporativos, xa se paralizaran (en economía se di estancado), moi antes da chegada da pandemia.

Por estas razóns, temos que retirar a desculpa dos neoliberalistas, cando afirman de cima da “ burra” (debe ser lido como a soberbia que impulsa a desigualdade social), que as causas da crise económica actual é unha crise unicamente  exógena (refírense a pandemia).

Iso é unha mentira, como son os enganos da defensa intransixente por parte dos gobernos, de políticas de propensión neoliberal. Estamos no momento de cambiar o sistema, non de manter as bolsas de traballo, onde as empresas poden ir buscar os traballadores, pagándolles unicamente o mínimo para que se manteñan vivos, pois escravos mortos non traballan. De aí que esmolas, non resolven a irradiación da pobreza, o que vai acontecer cos Ingresos de encaixe mínima vital, é que os traballadores, non ten outra opción, que non sexa a de teren que aceptar, como salarios esmolas e non salarios dignos.

Falemos agora dun dos argumentos tan a agosto dos neoliberalistas, e dos señores empresarios, din eles que se debe estas situacións de crises un exceso de aforro, cando o que de verdade ten acontecido é unha falta de inversión en bens produtivos, investimento real. E claro, isto se debe, a que a taxa de rendibilidade, nas principais economías capitalistas caeu en picado. E os señores do capital, buscan por fóra dos seus habituais mercados investimentos, os seus capitais no estranxeiro, onde encontran oportunidades máis rendábeis (o diñeiro dos ricos non coñece fronteiras, o que coñece son paraísos fiscais).

Avanzamos algúns números, que se deben a un estudo do economista xefe de Europa de Capital Economics, Andrew Kenningham, que prognostica que a economía da Europa caerá uns 24% interanual en 2020 o que dará unha contracción do PIB dun pouco, máis do 12%. Recordemos que a Alemaña, considerada o motor económico da Unión, diminuíu a en 17 % a produción de bens de investimento real, isto só entre febreiro e marco do presente ano.

Para terminar este basta dicir que as caídas de produción en Francia e na España, superaron largamente a caída da Alemaña.

Caros amigos e lectores, estamos no momento ideal para facer, todos xuntos o cambio de sistema, se queremos que as xeracións que nos seguen, non sexan outra horda de escravos, e onde teña que aparecer un novo Spartacus para os liberar.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.