Os mortos polas sancións non falan

coas sancións de asasinan os pobos coa hipocrisía da suavidade e, desta maneira o mundo aplaude, considerando a moderación dos principais usuarios destas formas de asasinatos: os Estados Unidos da América do Norte e a Unión Europea

Por Jose Vieira | 23/04/2026

Desde o século pasado, en especial despois, de finalizar a Segunda Grande Guerra Mundial en 1945, pasaron a ser os grandes asasinatos moi máis sutís, de tal forma que as poboacións, razonan dicindo… “non invaden, nen bombardean, solo son sancións”. Esta idea é que nos meten na cabeza e, como sempre nin sequera paramos a pensar dous minutos sobre o tema.

A historia mundial, nos ten mostrado nestes últimos 80 ou 90 anos, que para alén das moitas guerras, máis ou menos localizadas, a maior cantidade de conflitos bélicos, son levados a efecto polos Estados Unidos da América do Norte (USA).

Este país, é sen dúbida, o maior terrorista mundial e, como tal, leva o título de campión das guerras sen calquera xustificación, para as invasións e de atropelos ás soberanías nacionais e, como non, o desprezo total polo Dereito Internacional.

Vemos que cando hai unha situación en que poden haber enfrontamentos entre países, os USA, saen a escenario, para imporen SANCIÓNS senón aos dous belixerantes ou entón a un deles mentres que ao outro, vende material militar, para alimentar o conflito e, se van apropiando das riquezas dese país a #quen vende as armas.

Así, ao outro interveniente a quen non vende armas impón as chamadas SANCIÓNS, e entón o resto do mundo di batendo as palmas… “que magnánimos, son os americanos, que humanos…hai que os venerar como se fosen deuses”.

Esta custodia, é algo, que esta arraigada na mente dos europeos e, aínda que menos, un pouco por todo o mundo, dado que os mesmos americanos, a través das redes sociais que controlan, van intoxicando a comunicación.

Esta submisión é de tal forma, que sobre todo as xeracións que están por debaixo dos 50 anos, consideran que é máis importante, que ser un bo temente e seguidor dos deuses do ceo, é seguir “os altos desexos e satisfacer o amo americano”.

Por veces, chegan a ter en casa en lugar de honra, recordamos ver, honrosas fotos de dirixentes americanos, e de entre esas chegamos a ver as de dirixentes como Kennedy, Obama e até do cowboy, Donald Reagan.

Probabelmente estamos a ser curtos, pois, non nos admirariamos moito, se encontrásemos a foto de Donald Trump con algunha chama de veneración. É que está de moda, O PAI TIRANO.

Desde que esta á cabeza dos destinos da Unión Europea (EU), a señora Ursula von der Leyen, se axeonlla aos pés dos presidentes dos USA, concordando e que seguira sen calquera dubida o tipo de sancións que os USA, resolver impor ou teña impondo.

Por todo o que se caída dito enriba, imos pasar a enumerar, que durante un período de 50 anos, algunhas organizacións internacionais, fixeron un estudo dobre os chamados desastres poboacionais, indirectos, que resultaron, de aquilo que enriba referimos, como sendo provocados polas sancións, do tal “Pai Tirano” e dos seus fervorosos asociados, como sexan os israelitas, e a amorfa EU.

Que se entende por SANCIÓNS?

Para que non sexa moi difícil ou cansativo, pola incursión en definicións moi prolixas, buscamos unha que nos é fornecida, coa debida venia pola enciclopédia Wikipédia e así temos:

De acordo coa enciclopedia, “se tratan de medidas restritivas e até punitivas, que poden ser económicas, sociais e militares, impostas por países ou organizacións internacionaIS (e aquí nos referimos case en exclusiva utilización destas medidas, polos Estado Unidos da América do Norte e da súa colonia, UniÓN Europea), como por exemplo a ONU (esta organización non utiliza estes medios practicamente desde que sucedeu á Sociedade das Nacións).

Os seus obxectivos máis visíbeis, son influír no comportamento dos países sancionados (obxecto das sancións), forzando estes a mudanzas, políticas máis de acordo cos impositores.

Por iso, os USA máis a EU, son practicamente os exclusivos usuarios destes medios coercitivos.

Damos algunhas nocións de como son estas:

Poden ser económicas, diplomáticas ou militares, afectando as relacións comerciais, podendo ser até, terroríficas para os pobos restrinxidos.

Algunhas veces, cada vez menos, desde que os USA, mais antes os americanos se socorrían do artigo número 41 da Carta das Nacións Unidas, para daren un “cheiro” legal a esas prepotencias.

No entanto, esta base legal deixou de ser invocada desde que chegou ao poder na década de 80, o presidente Donald Reagan, tornándose letra morta, co actual presidente americano o emperador Donald Trump.

Así, sendo estudadas de forma exhaustivamente as sancións dentro do marco de tempo entre 1971 e o ano de 2021 ou sexa nun período de 50 anos, chegaron aos efectos mortíferos destas sancións.

Por tanto, cos conflitos bélicos, se mataban as poboacións con armas de tiro tenso ou por bombardeos, mas coas sancións de asasinan os pobos coa hipocrisía da suavidade e, desta maneira o mundo aplaude, considerando a moderación dos principais usuarios destas formas de asasinatos: os Estados Unidos da América do Norte e a Unión Europea.

Pasemos a dar número para que fiquen consciente dos apoios que estamos a dar a estes asasinatos de luvas brancas.

As sancións impostas por estas dúas agremiacións do mal (dificilmente poderiamos as chamar outra cousa), se soamente utilizamos os números directamente decorrentes das sancións impostas, por eses centros do mal, son responsábeis pola morte anual de 564.258 persoas, por carencias provenientes diversas, que á praza dos tais 50 anos referidos, suma a suma de que sentenciaron a morte nada menos do que 28.212.900 cidadáns, deste mundo. Máis de metade da poboación da España actual.

Para se xuntarmos os efectos deses enfrontamentos, entón teremos a suma anual duns 776.610 civís e militares o que dá que estes señores, que consideramos, como máis que deuses e, que seguimos, os seus pasos, reverentemente e con bandas de música e, polos mesmos 50 anos, asasinaron con luvas brancas, nada menos, do que 38.830. 500 cidadáns. Case nada.

Cremos sinceramente era moi importante que as persoas teñan o coñecemento das certas actividades destes energúmenos que dos dirixen as nosas condutas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.