Falemos de pandemías, virus e outras cousas

Falamos dunha pandemia que se está propagando dunha forma case incontrolábel, que son os virus das noticias falsas, explosións de racismo, teorías de conspiracións e outras paranoias máis.

Por  José Vieira

Estamos en plena pandemia, e sexa cal sexa a etapa en que nos encontramos, dado que estas crises son globais, as fases en que cada país ou rexión, non se encontra por distinguidas razóns en mesmo momento, do desenvolvemento da respectiva crise.

Cremos, mesmo que se propague, este ou outro virus, con distinguidos graos de violencia, e naturalmente teremos que estar de alerta permanente perante estas propagacións.

Tamén é moitísimo importante ter en conta, que en calquera situación, o que queremos dicir, é que sempre seremos vítimas doutros tipos de virus durante o traballo de dominio deste virus e as súas variantes.

Falamos dunha pandemia que se está propagando dunha forma case incontrolábel, que son os virus das noticias falsas, explosións de racismo, teorías de conspiracións e outras paranoias máis.

Así, que para alén dos confinamentos, e medidas afíns, tamén sufrimos este tipo de ataques ou presións ideolóxicas.

Parece que de todo, o máis malo posíbel, pode ser que se propaguen, outros virus que sexan benéficos para o mundo globalizado.

Pode até, que as nosas mentes sexan atacadas, por un virus que realmente as faga pensar que existe outra sociedade, que poida ser unha alternativa altamente positiva, e que dunha forma sensíbel e natural, substituíndo esta, que está obsoleta e é tremendamente ferinte para quen nela vive. 

Pode até que se desenvolva un novo virus este, o da solidariedade e da fraternidade, estabelecendo unha coordinación e cooperación a nivel global, ou sexa unha nova forma de vivir comunitariamente.

Sempre, desde os últimos dirixentes da URSS (da Rusia comunista), ouvimos e comprobamos, que o comunismo estaba agonizando, e que xa estaba a ser cremado.

No entanto, tamén vimos notando, a pesar de todo, que aos poucos se vai desenvolvendo algunhas cadeas de solidariedade, até globais, que mesmo coas súas  idiosincrasias, que antes parecían  irreconciliábeis, agora as súas diferenzas, se mostran irrelevantes e foi posíbel colaborar, xuntos na busca das solucións para a situación presente.

Por outro lado, vemos que o sistema capitalista global, mostrou en toda a súa plenitude, unha total e flagrante ineficacia perante a situación desta pandemia máis, se tornou un dos principais obstáculos ao tratamento dos contaminados, polo sáqueo que a súa doutrina ortodoxa neoliberalista, operou desmontando a sanidade pública.

O sistema capitalista, por exemplo desarmou todo os sistema de protección sanitaria, só se preocupando coa saúde dos mercados (financeiros), verificándose, que este, para alén de non fornecer solucións para nada, do que se estaba a pasar, aínda por encima, estaba e está en estado de coma na  UCI, consumindo os poucos aparellos respiratorios que o capitalismo global,  neoliberal, aínda dispuña.

Como enriba referimos, os dirixentes da URSS, imputaron como sendo o desastre de Chernobyl, que deu inicio a derrocada do comunismo.

Agora, tamén á sido necesario esta pandemia, que ameazou e ameaza todo o mundo, que espertou as cadeas de solidariedade, a nivel global. Agora, non parecen tan nítidas as diferenzas entre os homes, sexan de que raza sexan, credo político ou relixioso, nos vemos, dunha maneira case xeral, arrimar os ombros para encontrar as solucións.

Foi necesario, esta catástrofe, para que se poida repensar, descubrindo que a sociedade, coas regras impostas polo sistema capitalista global, neoliberal e canibalesco, nos estaba manipulando e enganando, creando as máis graves desigualdade sociais, xamais imaxinadas, e impedindo unha resolución pronta da crise.

Recordemos as comunicacións oficiais, do señor Trump, querendo impor, que o descubrimento dunha posíbel vacina contra este virus, fose patrimonio de un laboratorio americano, contra todo o sentido humanitario, antes proposto pola Organización Mundial de Saúde, que clasificou a posíbel vacina, como patrimonio da Humanidade.

Logo o referido señor Trump, ameazou a retirada da América da referida organización.

Así, que ese tal capitalismo global, coa súa política neoliberalista, conseguiu que polo momento o saldo de vítimas da pandemia, se contasen por uns largos centenares de miles de mortos.

Esa é a gran vitoria e apoio que temos que agradecer ao capitalismo global neoliberal.

As razoes son múltiples, case todas centradas no canibalismo neoliberal, de procurar roubar ás poboacións os servizos, que ten dereito, para os privatizar e así poder ter un total control sobre as masas. Na práctica, roubaron os sistemas sanitarios públicos e non só, até á exaustão, rexeitando a vida as poboacións. Unha correcta forma máis sutil de holocausto.

No entanto, sacaron prestamos bilionários da Reserva Federal Americana para sufocar o descalabro dos mercados bolsista, que mesmo coas inxecións de diñeiro a custo cero continúan en caída.

Hoxe, temos unha balanza de brazos dm que dun lado se encontra o mundo capitalista neoliberal, fascinante e agonizante, saqueando todo o que pode (no chamado estertor da morte) e, do outro lado, a solidariedade, a fraternidade, que colocou de lado as súas diferenzas para despois de resolver o problema da pandemia.

Temos que repensar que realmente o espírito comunitario, é o único que nos pode levar a diante, substituíndo dunha vez por todas, este mundo que os capitalistas inexorabelmente destruíron, de forma criminal, para seu único beneficio.

Sempre se consideraron por cima do ben e do mal. Son os novos deuses neste vale de lágrimas en que cerca de 77% da poboación mundial vive.

Recordemos, por exemplo, o ex-demandante demócrata á Presidencia dos Estados Unidos da América, Bernie Sanders, que reclamaba un sistema de saúde universal, para o seu país. 

Tampouco podemos deixar pasar o traxe dos capitalistas globais e neoliberais, “regresaren para facer dos fenómenos sociais, como os mercados e o capital financeiro como se fosen seres vivos”.

Para nós, a economía mostra un sinal inequívoco, de que necesita urxentemente dunha volta total, dito doutra maneira, a economía global, non pode continuar na dependencia dos mercados e seus dispositivos de explotación.

Estamos, de calquera forma, a falar dunha transformación de carácter global de organización, que poda de maneira honesta, regular a economía e a controlar, limitando a soberanía dos Estados, sempre e cando superen os límites.

Isto non é comunismo, do pasado é transformar os intereses da poboación por encima dos intereses dunha minoría de escandalosos capitalistas, manipuladores e exploradores que pretenden que a poboación mundial non pase de escravos (i slaves) ao seu servizo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.