![]()
China xa reforzou os seus investimentos nas súas empresas diseminadas polo espazo dos BRICS e non só, con máis 500 millóns de dólares.
Por Jose Vieira | 22/12/2025
Se está a deseñar un novo mapa do mundo e, se estamos atentos, vemos e cada ves máis veremos, que non nos están a contar o que realmente se está a pasar no planeta.
En principio, os medios de comunicación en xeral, están obrigados a nos dar as versións que os seus consellos de administración impoñen e, máis, estes á súa vez, mandan que os seus traballadores, fagan o que os seus grandes anunciantes queren ver divulgado e, por tanto, aqueles son o soporte dos mesmos.
Esta é a verdade núa e crúa. Manda quen pode e obedece quen non posúe capacidade financeira e económica, para ser independente.
A gran maioría dos nosos lectores non ten a idade suficiente para teren o contacto directo co auxilio que os americanos fixeron no fin da Segunda gran Guerra, que se chamou Plano Marshall, executado o século pasado.
Máis acabaron por sentir que despois dunha destrución masiva das estruturas existente anteriores ao conflito enriba referido (Segunda Gran Guerra Mundial), habería que reconstruír e se posíbel mellorar, o que antes existira.
Así os americanos, puxeron a disposición dos países que sufriron as destrucións desa guerra e, formando parte dese plano de apoio referido, 13.300 millóns de dólares, para a Europa Occidental.
Este desembolso, tornouse accesíbel entre os anos de 1948 e o ano de 1952.
Foi un valioso auxilio que permitiu unha reconstrución, que á súa vez foi unha forma de desenvolver as economías, dos países occidentais, e de certo modo, mitigar as consecuencias da guerra.
Este plan, xa estaba na cabeza do Franklin D. Roosevelt, mesmo antes do armisticio. Couben, mentres, ao seu antigo vice presidente Hanri Truman o pór en marcha.
Vemos como os Estados Unidos da América do Norte (USA), fixeron e impuxeron ao mundo, unha súa faceta de altruístas, pois, quixeron para alén de axudaren a quen non podía, por si só, se pór de pé, tamén que todos soubesen que quen gañou a respectiva guerra aos fascistas do chamado Eixe, teñen sido, os USA.
Sabemos obviamente que se se pode dicir que a capacidade de dominio da guerra contra os fascismos, debe ser atribuída ao colectivo, tendo a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas -URSS (hoxe coñecida por sendo a Rusia, só que hoxe o seu territorio é bastante menor que entón), sendo o que máis aportou e, sacrificou, pois, as súas baixo foron de cerca de 20 millóns de ruso que morreron para liberar o mundo do xugo nazi.
“Se pon o loureiro nunha porta e se vendo o viño noutra porta”, se aplica este proverbio popular como unha luva.
Tamén imos avanzar, cunha pequena gran corrección ao que nos ten procurado vender o xefe da casa oval, de Washington, o señor Trump, que sempre está vendendo que quere restituír aos USA, o poder incontestábel.
E para iso, creou as siglas MAGA (Make America Great Again – que significa traducida – Facer a América outra vez a maior), vendo o que se esta a ver debe ser substituída por outas siglas – MIGA (Make Israel Great Again – que significa o mesmo, só coa diferenza, de que como quen manda na América son os israelitas, se substitúe América por Israel).
Agora estamos ao final do ano de 2025 e, vexamos como se expande a solidariedade da China, con vista a súa expansión polo mundo, onde desenvolve unha política de conquista de espazo de influencia abrigos os aspectos socioeconómicos.
Así a China desenvolve un seu Plano de Auxilio aos países de seu entorno, a que chamou “PLAN VERDE” e en máis de 450 proxectos inverteu cerca de 227.000 millóns de dólares americanos.
Estes máis 450 proxectos, se centran esencialmente en inversións, en novas tecnoloxías para a produción de enerxía, sustentábeis.
Temporalmente este seu esforzo, está efectuado esencialmente en 88% a partir de 2022, o que pode deixar a real idea de que pretende acelerar, o seu desenvolvemento externo, sobre todos estes últimos anos, dando pistas a súa “folla de camiño con vista ao futuro”.
Conforme se pode deducir desta enorme inversión, que significa (tendo en conta a actualización do 13.300 millóns de dólares de 1948 dos USA, para hoxe, o que sería un pouco menos de 50.000 millóns), que os chineses inverten hoxe, máis do que 4 veces o que foi o plano Marshal dos USA.
Este seu esforzo de inversión en enerxías verdes, fai que a China está gañando a carreira das novas enerxías, en todo o mundo.
Diremos que o seu grande “timoneiro”, Xi Jinping, está impulsando coa “Iniciativa Franxa e Ruta”, un novo concepto de relacións internacionais, tomando como modelo, a pesar de todo modificado para a actualidade o chamado “Camiño da Seda” . O coñecido en español, como a “RUTA DA SEDA”.
Temos naturalmente que especificar que a China é un dos membros fundadores do conglomerado de países que forman o núcleo dos BRICS (Brasil, Rusia, India, China e África do Sur).
E se nos fixarmos en las cifras invertidas deses 227.000 millóns de dólares, 11.800 millóns se destinaron ao Brasil, Rusia e India.
Que neste primeiro semestre de 2025, a China ampliou as súas inversións nesta área, cun reforzo de 9.700 millóns de dólares e, con isto o que se ve con toda a claridade é unha implicación deste país en ser o especial promotor e financiador da enerxía sustentábel.
Claro que desde estes números impresionantes, pola súa grandeza, resulta de inmediato, que a China non so ten capacidade financeira, como industrial e, para máis, pretende ampliar dunha forma consciente e programada, a súa penetración no grupo predominante e influente na xestión do actual mundo en que vivimos.
Para dar unha nota sobre a importancia das empresas chinesas neste apartado industrial, estas mesmas, crearon entre si, unha organización corporativa do tipo da que existe para controlar os prezos do petróleo chamada OPEP.
No caso desta organización chinesa, o produto en cuestión, son as enerxías sustentábeis, pois, a China produce 80% dos paneis solares, 75% das baterías de litio e 70 % das turbinas eólicas.
Para alén de todo, facilitan a adquisición deste material, polos países menos desenvolvidos, mantendo os prezos debidamente contidos e, así como, facilitan o acceso ao crédito.
Reportando aos números das súas exportacións do ano pasado (2024), este tipo de materiais, representou cerca de 5% das súas exportacións, o que en dólares representou 177.000 millóns.
Máis reforzamos o que enriba afirmamos, de que cerca de 72.000 millóns foron para países en estado de desenvolvemento e, como tal, abrindo un campo de interacción e penetración desenvolvimentista.
Así, desde 2024, a China prohibiu a produción de coches a gasolina, como aposta polas novas enerxías. Investiu 4.000 millóns no sector enerxético da Etiopía, participando na Grande Aposta polo Desenvolvemento Etíope (“Gran Presa del Desenvolvemento Etíope”).
Máis hai más, China xa reforzou os seus investimentos nas súas empresas diseminadas polo espazo dos BRICS e non só, con máis 500 millóns de dólares.
Non debemos esquecer, por exemplo, os investimentos chineses en Marrocos e, o moi que esta tomando conta do desenvolvemento e creación de espazos por toda a África (infraestruturas de todo o tipo).
E dunha forma tipicamente operativa, están entrando por toda a América Latina, por exemplo, no campo das comunicacións ferroviarias e a implantación das súas industrias.
Con estas nosas palabras, sobre o que se está a desenvolver, dunha forma corrente e diaria e que a comunicación dominada polos intereses dos “Sherif” Trump e dos inoperantes que dominan a Unión Europea, non chegaremos a 2030, sen ver cada vez máis fortes as economías dos BRICS sendo estes realmente quen durmirán o mundo, remitindo os USA e súa colonia Unión Europea, para un lugar completamente secundario.
No que toca á Unión Europea, esta como dicimos encima, xa non existe, a non ser no papel, pois, os empregados que a dirixen, só fan o que manda TRUMP.
Se el primero en comentar