O que é, e o que non é

Os que mandan, o que fan, é a redución do pensamento a unha dualidade, ou é si ou é non. Para iso, se recorren a estruturas perfectamente preparadas e servís, para manipular a mentes da poboación, copiando o que era e é practica consuetudinaria das relixións.

Por Jose Vieira

Gústanos lembrar a Aristóteles, que afirmou en determinadas circunstancias que: “a poesía era máis certa que a historia, porque trata de temas universais, como as emocións e os sentimentos humanos, mentres que a historia, describe meros traxes continxentes”.

Por conseguinte, seguimos dentro dos temas que imos traballando, sempre co espírito de coherencia e co proceso de análise histórico que nos deixaron, Karl Max, Engels e Hegel, o pasado século XIX, sen xamais esquecer, as referidas e sabias palabras de Aristóteles.

Máis, queremos engadir que na nosa formación, nos servimos para alén dos autores enriba referidos, nalgunhas das súas obras fundamentais, que teñen servido de guías, o noso día a día, como coleccionadores e divulgativos de palabras.

Máis os nosos instrumentos de traballo, tamén nos levaron a través doutros autores e de súas obras, como: “A República” de Platón, a “Utopía” de Thomas More, o“Capital e Ideoloxía” de Thomas Piketty, o “O Admirábel Mundo Novo” de Aldous Huxley, a “Así Falou Zaratustra”, de Frederich Nietzsche e como non, a “Cidade de Deus” de Agostinho de Hipona.

Tampouco esquecemos nunca das lecturas que fixemos e facemos, da “A Lóxica da investigación científica” de Karl Popper.

Todo isto, ten a ver co grave problema que sempre nos visita, como sendo a luz dun faro resplandecente, como se tratase da presenza da dúbida e máis do que iso, da súa asistencia e, actuación como método de análise.

Referímonos “A dúbida Metódica” de René Descartes.

Posta esta introdución, para que non haxa interpretacións demasiado sesgadas sobre calquera sectarismo nas nosas apreciacións, ou sobre os máis diversos temas, que por seren para a noso ver importantes, nos chaman en cada momento, á nosa porta.

A dúbida como método, se asentou no noso espírito, como sendo o vehículo, máis idóneo para chegar à verdade. Seguimos a René Descarte, ese gran home pos renacemento, mais que foi multifacetado, xa o século XVII.

Xa se buscaba con afinco a verdade, pois, o que prevalecía era a fe e, a verdade se procuraba para contrapor aos dogmas. Estes eran a herdanza da relixión católica coa persistente inquisición, que tanto atraso provocou, en especial para o occidente e, que aínda hoxe, varios séculos despois, a dogmática continúa a facer, das súas, sendo parte integrante da praxe de millóns de seres humanos.

O que nos preocupa, hoxe en día, como a unha gran maioría, é que estamos a regresar aos tempos en que se procuraba encontrar esa verdade. Pero o que están a procurar, non é unha calquera verdade, nin debidamente analizada, mais si, unha “verdade única”.

E é nesta idea, de única verdade, que reside aquilo que nos preocupa, ou sexa, o totalitarismo dunha auténtica fe, que transportada a política imposta polos que mandan e, que teñen o poder de indicar o que deben ou non publicar, aos grandes medios de comunicación social, para que as súas manipulacións, sexan o éxito que desexan e, que os destinatarios as interpreten conforme os obxectivos desexados, creando realidades que son distinguidas dos éxitos.

Así o que acontece é un auténtico maniqueísmo na apreciación da realidade.

Para que sexa o máis fácil posíbel, entender o que estamos a intentar dicir, imos ilustrar cun exemplo, que está nos sentidos da maioría das persoas.

Referímonos ó Xenocidio que os israelitas están a levar a efecto, na Palestina, pois, en pouco máis de 18 días, asasinaron nada menos do que 23.000 palestinos inocentes, sendo destes, máis de 8.000 nenos.

É entón, cando o maniqueísmo se mostra en todo o seu esplendor, pois, os señores americanos (que son os usuarios desta aliciente forma de colonizar o mundo ao seu redor), determinaron que o ben é estar cos israelitas e o mal é estar cos palestinos.

Non esquezamos o que un dirixente do goberno dos Estados Unidos da América do Norte, afirmaba: “que o bo é un palestino morto, e un israelita bo, é o que mata un palestino”.

Como vemos é moi simple ver que é un proceso totalmente maniqueísta.

Tamén queremos alertar que isto do maniqueísmo, é unha auténtica trampa, ou trampa feita deliberadamente, para eliminar calquera posibilidade de calquera veleidade de subxectividade, acerca deste ou de calquera outro tema, que poida ser desagradábel para os Estados Unidos da América do Norte.

Os Estados Unidos da América do Norte, son os donos exclusivos do Mundo, co único e exclusivo argumento, da forza das armas da morte (chamamos a atención que o seu espazo de influencia en termos de poboación é de cerca duns escasos 740 milhoes, mentres neste momento, os BRICS – Brasil, Rusia, India, China e África do Sur, son xa 3,4 mil millóns).

Os que mandan, o que fan, é a redución do pensamento a unha dualidade, ou é si ou é non. Para iso, se recorren a estruturas perfectamente preparadas e servís, para manipular a mentes da poboación, como enriba referimos, copiando o que era e é practica consuetudinaria das relixións.

Recordamos, que os que mandan, constituíron auténticos laboratorios, onde se ensaian as máis sofisticadas técnicas, para que poñan en funcionamento, a través de auténticas campañas de masas, consigan e o obteñen a domesticación da consciencia das poboacións.

Esas institucións, están dominadas e orientadas así como ás ordes do Club de Bilderberg e do Forum de Davos (se pode ler especificamente a composición e obxectivos destas organizacións, nun libro do autor deste texto, que se titula “A Nova Orde”). Curiosamente eses clubs, fundacións e institucións, toman o nome anglosaxón de “nickname” de “think tanks”.

Volvendo a un dos autores, Aldous Huxley, en súa obra “O Admirábel Mundo Novo”, o que o escritor quixen dicir é que non esperemos vir a encontrar ningún mundo novo, pois, a súa construción implicaría unha xustiza, que inevitabelmente contraría a nosa natureza, que é autenticamente depredadora (unha vez máis o ben e o mal entrelazados).

E como tal, o ben e o mal, é unha simplificación o máis simplista, do pensamento humano, optando por ser, unicamente unha relación nada máis, que directa, de causa efecto, como o é ou non é, ou o correcto e o errado.

Isto o que quere dicir, no caso do xenocidio levado a efecto polos israelitas sobre o pobo palestino, sempre o co apoio e bendición dos Estados Unidos da América do Norte, así como da súa colonia normalmente chamada Unión Europea, só seremos persoas de ben, se estamos cos israelitas dunha forma incondicional, ou sexa, non vermos no asasinato de miles de palestino, nada de mal, mais si, unha xustiza divina, practicada polo xusticeiro a soldo do divino, que se chama Israel.

O que nos están a facer con este maniqueísmo, é con que volvamos a unha correcta orixe, en busca de solucións máxicas para as diversas situacións e, que nos liberen de calquera problemas de consciencia (se aínda restar algo desa calidade humana).

Entón, non podemos deixar de nos lembrar do filosofo Karl Popper, que afirmaba “toda a vez que o home quixen traer o ceo para a terra, o que aconteceu, foi facer imperar nesta o inferno”.

Non temos dúbida, neste mesmo momento de afirmar, que nada é tan perigoso, como a manipulación dogmática, perpetrada polos señores que mandan, que como sabemos son os Estados Unidos da América do Norte e o seu fiel escravo, a Unión Europea, que co seu maniqueísmo dogmático de fe completamente cego, nos obrigan a asumir como unha obra de perfecta xustiza a inxustiza e os crimes como boas accións.

Só un comportamento completamente escéptico, que rexeite o simplismo e, que non permita que o pensamento humano sexa arrestado, poderá manter o home de pé.

Actualmente os dirixentes dos Estados Unidos da America do Norte, e os escravos e servís dirixentes da Unión Europea, todo fan para que a dignidade das poboacións, sexan abolidas para seu eterno e egoísta descanso, primando pola súa eliminación.

Eses dirixentes políticos, que pensamos que xa actúan como robots (que os robots nos perdoen, se estamos a facer un mao xuízo dos mesmos) ao servizo dos membros do Club de Bilderberg e da Fundación de Davos, cremos con moi poucas dúbidas, que o seu obxectivo, para a cal están incumbidos, non é outro, que o de nos transformar, nunha poboación de zombis.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.