O PP vota no pleno de Neda a favor da retirada da Cruz dos Caídos e o PSOE en contra

No Pleno de 28 de novembro de 2022, xa aprobada a Lei de Memoria Democrática, o PSOE tamén rexeitou unha moción do BNG para retirar a cruz dos caídos a a rúa Gerardo Luaces, alcalde na ditadura.
Por Manuel Monge
Puiden intervir esta mañá ao final do Pleno de Neda, o mesmo que en 2022, como membro do colectivo de presas e presas políticos na ditadura, como sociólogo, investigador e como víitima do franquismo.
A moción do BNG para retirar a cruz dos caídos de Neda tivo 5 votos a favor: 2 de BNG, 2 do PP e 1 de Moveneda; e 6 votos en contra do PSOE, que ten a Alcaldía con maioría absoluta.
Aprobouse unha moción do PSOE para convocar o Consello sectorial de Memoria Democrática.
No Pleno de 28 de novembro de 2022, xa aprobada a Lei de Memoria Democrática, o PSOE tamén rexeitou unha moción do BNG para retirar a cruz dos caídos a a rúa Gerardo Luaces, alcalde na ditadura. Daquela, a moción do PSOE tamén incluía: «Proceder a la inmediata convocatoria de la Comisión Municipal de Memoria Histórica». Dezaseis meses despois desa «inmediata» convocatoria, aí segue a cruz dos caídos de Neda e a rúa do alcalde na ditadura.
Antes de comezar o Pleno, entregue aos 11 membros da corporación municipal o escrito que axunto.
Nos próximos días informarei ao Defensor del Pueblo, Ángel Gabilondo, do insólito resultado da votación do Pleno de Neda, un caso único en España: o PP a favor da retirada da cruz dos caídos e o PSOE en contra.

PETICIÓN PARA QUE O DEFENSOR DEL PUEBLO INSTE A RETIRADA DAS CRUCES DOS CAÍDOS DE NEDA (CORUÑA), VIGO E DUEÑAS (PALENCIA) EN APLICACIÓN DA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA

Cruces dos caídos Neda Folleto Pleno 25 marzo 2024 resumido

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.