Pensamos que a única cousa que cambiou, foi que os mercados hoxe en día, son máis hixiénicos, para non dicir asépticos, aínda que transmitan auténticas pandemias a todo o mundo.
Por Jose Vieira
É un deber de cada un de nós, que nos dedicamos a ver os sinais que os mercados van dando, a ler o que o señor analista nos pon encima das mesas, como mostra da súa infinita ciencia e, sobre todo as indicacións que se na van entrañando na pel, descodificando os seus sentidos e alertar do que parece que está para vir.
Non somos nin videntes, nin tao pouco bruxos, o que estamos é atentos a eses sinais porque, naturalmente, arrastran consigo mensaxes que xamais deben ser ignoradas.
Sabemos que moitas veces, o que parece ser soamente unha pequena nube no horizonte, se transforma, nun curtísimo espazo de tempo, nunha tempestade de efectos desastrosos.
Mesmo así estas tempestades, están bastante ben traballadas por uns señores, que estudaron as ciencias imprescindíbeis para faceren previsións. E máis, cun grao de acerto, cada vez máis perfecto. No entanto, a queremos recordar, que nin sempre os acertos son da calidade requirida para tan graves éxitos.
Se trata, como todos sabemos, do tal alfa que non permite unha marxe de certeza do 100%. É o alfa barreira dunha excelente previsión.
Por iso, a marxe de acerto na meteoroloxía da economía, é aínda bastante distante dos 100%.
Estamos, perante a imprevisibilidade que a natureza nos ofrece, no mundo en que nos enmarcamos.
Pasemos para as ciencias do comportamento humano, e aí entramos no concepto das ciencias sociais e, sen profundar moi máis, verificamos de que quen son os interventores na sociedade, que queremos analizar, son uns artistas, que se denominan de seres humanos. Son habitualmente suxeitos dunhas enormes ganas de fuxir a comportamentos moi tipificados.
Partimos dun escenario, que caracterizamos, como sempre, gústanos do facer, de comparar as incertezas dos comportamentos económicos, cos comportamentos das poboacións e, cando se analizan as súas escollas, por exemplo, un día de eleccións (situadas nun país democrático, sen trampas electorais e total liberdade de escolla, sen presións financeiras), nun ambiente calmo e tranquilo. Este o modelo escollido.
Diriamos que, o traballo de conseguir ter unhas perspectivas de previsións, o máis fiábeis posíbeis, ten a ver, coas idiosincrasias da poboación en cuestión, do grao de educación da mesma, dos efectos correctores dese modelo de análise e, como non, do tamaño da mostra, así como do momento da súa recolla.
Non nos restou outra alternativa, senón de ter que simplificar o máis posíbel, para que sexa facilmente visíbel, non só as conclusións, así como as dificultades, para que os resultados, nos aparezan cun error o máis pequeno posíbel e, no entanto, é normalmente maior do que o que nos gustaría ter. No entanto, o que se ten vindo a verificar, co andar dos tempos, é que os comportamentos das poboacións van sendo cada vez máis ben determinados e, como tal as marxes de error, son cada vez máis aceptábeis. San os sinais das investigacións dos comportamentos humanos.
Podemos agradecer estas e outras situacións de cada vez mellores previsións a expertos como Boaventura de Sousa Santos (un excelente estudoso dos comportamentos do home na sociedade en que vivimos).
Pasemos para o medio dun atoladeiro, para non dicir da maior nebulosa, que pode haber o até imaxinar. Nos estamos a referir ao mundo da economía, que por moitas razóns, é especialmente espido, porque interesa a quen interesa (aos Amos do Mundo).
Temos escrito á praza da nosa intervención na literatura da área, varios textos en que falamos dos perigos eminentes que se van formando no horizonte. No entanto, os gurus duns cantos gobernos, son chamados a se pronunciar sobre o significado desas nubes e, de acordo coa instrucións dos “Amos” toman a súa crida palabra, para desmistificar a situación do horizonte e a pintar con las cores que se lles han sido encomendadas. Cremos que a cor escollida é a cor de rosa…
Non estamos a dicir que se producen enganos, o que se producen é desvíos dos principais efectos, que esas tales perturbacións cargan en si propias, para lles dar un tinte, o máis posíbel desa tal cor de rosa (creo que é a cor máis cariñosa e soñadora), para que as poboacións non entren con reservas mentais.
Pois segundo unha de las máis populares definicións da internet de economía, “esta é unha das ciencias sociais, que estuda como as familias, empresas e gobernos organizan os recursos dispoñíbeis, que acostuman ser escasos, para a cantidades de necesidades a satisfacer e, mesmo así obter o mellor e máximo benestar” (esta definición é unha das moitas que se pode obter na internet e libre).
Ora ben, basta ver como esta estruturada a respectiva definición, para ver que esta a fai depender unha das ambicións humanas máis importantes, segundo os seus padróns de comportamento, falamos do benestar.
Tamén fala de recursos dispoñíbeis, e entón, imos recuar uns centenares de anos, e vemos que os recursos necesarios entón se conseguían nuns locais a que chamaban mercados e, naturalmente eses tempos, uns traían unha cabra para vender e coproducto da venda dela, compraban o azucre, as froitas e os cereais de que necesitaban. Todo ocorría nese espazo a que chamaban mercado. pasaron centenares de anos, pasaron montes de tratadistas relacionadas coas “cousas” que servían para satisfacer as necesidades e, todo continúa a ser resolto nunha cousa a que se chama mercado.
Pensamos que a única cousa que cambiou, foi que os mercados hoxe en día, son máis hixiénicos, para non dicir asépticos, aínda que transmitan auténticas pandemias a todo o mundo. É que agora os mercados son globais. E xa non se escriben mercados, mais si Mercados. Encontramos xa dúas pequenas diferenzas, seren globais e con letras maiúsculas.
Saltemos esta introdución para preguntarmos que se está a pasar nos Mercados? Cremos que realmente non se esta a pasar nada que non fose posíbel perspectivar.
É aquí que entran as previsións e, sobre todo as manipulacións.
Avancemos un pouco máis e, perante esa nube, o que vemos é “que a economía está a dirixirse a valores tales, quere en inflación quere en emprego, que se continúa a este ritmo, e se espera que continúe, xerará, que non poderá ser doutra maneira, que deixará de haber o mesmo ritmo que até aquí de compra de activos”. Isto xa está até denunciado por polo menos a metade dos responsábeis da Reserva Federal Americana. E como non, isto podería facer que as taxas de xuro acabasen por ter unha subida máis rápida do que se imaxinaba.
Tamén parece que non estamos a tomar en serio que a corrección do crecemento do PIB, segundo os mesmos responsábeis, pasou do 7% para pouco máis do 5,5%, para este ano, aínda que se estime unha mellora do 3,3% que era o estimado para 2022 agora se pense en 3,8%.
Todo até aquí, parece non ser moi grave, aínda que xa non sexa de modo algún tranquilizador. O que non é nada tranquilizador, é que a inflación prevista estaba a un mes a 4,2% e no fin da semana pasada, superaba os 6%. Mais as más informas non se fican por aí, pois o nivel de desemprego está crecendo, de tal maneira, que xa supera os niveis máis alto, do pico da pandemia, en 2020.
Esta situación por un problema as autoridades monetarias americanas, que se traduce no seguinte: debe ser case inminente unha redución da compra mensual de bonos hipotecarios, así como, os do goberno. Isto ten moi mala pinta.
Pode, por exemplo, acontecer que as subidas das taxas de xuros, sexan incrementadas de 3 ou 4 puntos, até ao final de 2023 ou na mellor dos casos, 6 ou 7 puntos, tamén até ao final, mais agora de 2024.
Todo isto parece que só acontece no outro lado do charco. No entanto, iso é completamente errado. Basta verificar na subserviência completa dos gobernos da Europa, ao dominio dos desexos dos americanos.
Basta atentar co que se esta a pasar no mercado da enerxía eléctrica. Se constituíu un cartel con todas as eléctricas de todos os tipos, que xa fixeron constar, que calquera movemento de nacionalización o de calquera tipo de imposición gobernamental, sobre os prezos da enerxía declarados polo cartel, implicaría por parte dos señores do cartel da enerxía, como consecuencias de retaliación por parte do cartel, que podía ser até o corte total dos fornecementos, agora que se aproxima o inverno.
Véxase por exemplo, que os prezos do gas, este non son impostos polos rusos, non son eles que os están a facer subir, mais si, os americanos que están a vender o seu gas, aos prezos que lles dá na súa real gana.
Máis, son os americanos que non deixan entrar en funcionamento o Mord Stream 2 da Rusia para a Alemaña, pois, ao aumentar as cantidades de gas ruso, a consecuencia sería de inmediato a diminución dos prezos da enerxía, dunha forma substancial.
Como vemos, todo se está a conxugar, para que este aumento inflacionista no sexa conxuntural e temporal, conforme os señores da América nos queren vender así como a señora Presidente do Banco Central Europeo, a señora Christine Lagarde, o que esta a acontecer é unha situación, moi semellante á dos anos setenta, ou sexa, unha estagnación da economía, en que el emprego diminúe, os prezos soben e son cada vez máis caras as os produtos e menos capacidade hai de compra.
O mal tempo xa está instalado, no entanto, os políticos, están mentindo e pintando de memoria de rosa unha situación tremendamente negra.
Cales son as súas solucións milagrosas?
Probabelmente eles non as saben, porque son ben-mandados, pois, esperan as directrices dos seus patróns, as “Amos do Mundo” e, no caso de España, os señores do “Foro de La Toja”, pois eses impoñerán conforme os seus intereses, de acordo co seu congreso terminado o día 1 de outubro pasado, como debe de ser o inicio da época da explotación.
Recordamos para terminar un triste acontecemento para os máis distanciados da realidade dos “Amos do Mundo” os 12 millóns de documentos chamados de “Pandora”, nos que constan os nomes de quen saen nalgúns dos que nos rouban a todos nós, de forma inocente, segundo os mesmos.
Se el primero en comentar