Estes economistas teñen intentado entender as razóns polas cales as institucións que organizan e impoñen as regras nos distintos países ou sociedades, inflúen de forma definitiva na prosperidade e na pobreza dos pobos.
Por Jose Vieira | 20/10/2024
Foron entregados os premios Nobel de Economía, a tres economistas, polo seu traballo levado a efecto á praza de máis de trinta anos.
Tratouse de James A. Robinson, Daron Acemoglu e a Simon Johnson.
O tema que deu orixe a este galardón colectivo, ten para nós moi interese, pois, temos vindo a ser moi sensíbeis aos problemas das desigualdades sociais.
Estes tres economistas, teñen dedicado a maior parte do seu tempo neste estudo, en intentar comprender as razoes, polos cales o mundo esta “dividido en países ricos e en países pobres”.
Buscaron as razóns históricas, polas cales mantivéronse á praza do tempo estas circunstancias e, as enormes consecuencias en termos do benestar do ser humano.
Segundo estes e, en especial, segundo unha entrevista con James Robinson, para a BBC, estes teñen intentado entender as razóns polas cales as institucións que organizan e impoñen as regras nos distintos países ou sociedades, inflúen de forma definitiva na prosperidade e na pobreza dos pobos.
Outra das cuestións ten a ver coa situación da desigualdade social, á praza dos tempos, isto é, se o mundo está máis desigual ou se polo contrario ten vindo a atenuarse esas desigualdades.
É precisamente neste punto que queremos engadir, que aparentemente parece que estas diferenzas, parece que están a diminuír.
Pois, moi ben, a noso ver, tratase dunha ilusión de ótica provocada, por unha comunicación manipulada dunha forma interesada, polos poderes financeiros, que dunha forma case absoluta, dominan a información, non so sobre este tema, mais si, sobre todos os asuntos que lles interesan, orientando a percepción das poboacións no sentido do que lles interesa.
Non restan moitas dúbidas, que nalgunhas partes do globo terrestre, se vive de maneira, mais agradábel, mais a noso ver isto non serve para se dicir que os niveis de pobreza estean a camiño de seren eliminados.
Os estudos deste trío de economistas, podense situar, utilizando as designacións utilizadas pola terminoloxía médica, como unha proba de diagnóstico sobre este tema, mais non chegando en caso algún a unha posíbel terapia.
Dito doutra maneira, estes fixeron un meritorio traballo, para levantar o problema da desigualdade social, mais non chegaron a propor a forma de como debelar esta lacra do desenvolvemento non harmónico.
Esta situación de desigualdade social, non só se encontra en países, manifestamente menos desenvolvidos, como son moitos dos países do continente africano ou da América do sur.
No caso, moitos destes países, son manifestamente países pobres.
No entanto, non podemos deixar de nos fixar en países considerados ricos, mais onde as desigualdades sociais, non só existen en grandes cantidades, así como se están acentuando ano atrás de ano, con aceleracións, cada vez maiores.
Para dar un exemplo, en que se encaixa perfectamente esta noción, temos os Estados Unidos da América do Norte (USA), que é un país rico paradigmáticamente e, no entanto, as desigualdades son cada vez maiores.
Hai que tomar tamén en atención, que cando falamos de desigualdades, queremos facer sentir, que neses países, aínda que ricos, está aumentando de forma acelerada o número de humanos que viven abaixo do limiar da pobreza (sexa este medido por 1,9 dólares ao día ou 2,15 dólares, igualmente ao día).
Este problema da inclusión social, está patente, dunha forma extremadamente patente, en países como acabamos de referir nos USA.
A inclusión social, nestes casos non permiten deixar crear a oportunidades para que veña a dispor, dunha certa dignidade, as persoas, que se encontran excluídas desa sociedade en desenvolvemento.
Este é infelizmente un caso típico nos chamados países ricos.
Estes estudosos, se centraron principalmente en países da América Latina, especialmente na Colombia, Chile e Bolivia.
Nos seus estudos, os Nobel da economía de 2024, centran as causas das desigualdades existentes, nestes países, enriba referidos, como sendo as consecuencias da explotación que estes sufriron, durante a época da súa colonización.
Dunha forma interesante, explican que estas desigualdades se autorreproduciran de diversas maneiras, chegando ao estado actual. Mais recoñecen os graves problemas de inclusión, de marxinalización e de explotación. Así diriamos que quen é pobre se encontra nun círculo vicioso, en que non encontra saída por seus propios maios.
Neste caso, temos un meritorio traballo de diagnostico non só da situación de desigualdades sociais, na actualidade, así como a busca das causas de tal situación. É moi importante os diagnósticos, ou sexa, os levantamentos e as respectivas causas do problema.
Mas a noso ver, non hai tempo a perder, co descubrimento de todas as situacións directas ou indirectas das desigualdades sociais e o aparcamento de máis de 58% da poboación mundial, en riscos de pobreza sendo destas, case a metade en pobreza severa.
Por todo isto, somos adeptos, de que os “Amos do Mundo”, sexan máis controlados fiscalmente e, esas receita sexan conducidas para a creación dun Encaixe Básica Universal que naturalmente sería a solución, para as desigualdades sociais debidamente de mans dada cunha política fiscal a nivel mundial, algo que podía e debía ser obxecto esencial da ONU.
Infelizmente en vez desa política social, o que fan os “Amos do Mundo”, é a creación dunha nova ordenación do mundo, no caso presente, do Medio Oriente (expansión ilegal de Israel, máis o cerco pola OTAN a Rusia, coas consecuencias dun aumento das desigualdades sociais de forma aceleradamente.
Se el primero en comentar