A estafa americana, tras o teatro entre Trump como guionista e Merz como actor: Non todo é como parece

Como temos constancia a través dos órganos de comunicación social, o presidente dos USA, Donald Trump, informou que agora a OTAN, se terá que valer cos seus propios medios, o que quere dicir que quen a ten que a financiar son todos, menos os USA.

Por Jose Vieira | 4/06/2026

Isto podía ser o inicio dunha historia de terror, mais é moito peor o que nos espera e, que non nos deixan ver con claridade, mais que a través da análise dos últimos acontecementos mundiais, podemos de certo modo prognosticar.

Mais estes nosos temores, non estamos sós, até o van confirmando as investigacións e tomadas de datos, do periódico americano New York Times.

Nos ten sido vendida a idea, de que, por exemplo, a política dos Estados Unidos da América do Norte (USA), en relación a OTAN, cambiuo dado as ameazas do todopoderoso Trump, que di que non quere estar a continuar a ser o sustentáculo e financiador da organización.

Mais non é diso, que se trata de toda a verdade, basta estar atento e seguir os acontecementos e, realmente tentar ler o que esta por detrás das aparencias.

O que se está a pasar, perante os nosos ollos descoidados e, que non debiamos subestimar, é que “todo os USA están cambiando todo para se quedar como antes e, moi máis atado do que antes”.

Recordamos unha frase, que se fixo famosa a través dunha película italiana que sobre a dirección Luchino Visconti de 1963 este nos ofreceu, que se titulaba “O gatopardo” e, que me parece oportuna, en relación ao que veñen facendo os USA, desde o fin da Segunda Guerra Mundial en 1945 aos seus aliados sobre todo europeos.

Esta frase reza así, “todo ten que cambiar, para que todo poida seguir igual”, faltando só concluír, que esta como dixemos, asenta totalmente nos xestos e accións do imperialismo americano, desde que ese presidente tomou lugar no despacho oval da Casa Branca de Whashington.

Por outro lado, como temos constancia a través dos órganos de comunicación social, o presidente dos USA, Donald Trump, informou que agora a OTAN, se terá que valer cos seus propios medios, o que quere dicir que quen a ten que a financiar son todos, menos os USA.

Será o castigo necesario, imposto polo pai tirano Trump, a seus “fillos pródigos”, os socios da OTAN.

Pois, segundo este señor, esta organización non foi “a correr axudar os americanos a devastar e matar as poboacións inocentes do Irán. Por tanto, deixará de facultar aos seus compoñentes, o apoio financeiro como até ao momento.

Primeiro xustificou a súa existencia durante a chamada Guerra Fría, pola resposta do bloque comunista responder co Pacto de Varsovia.

Como caeu a URSS, polo menos desde 1991 non hai razón para continuar a existir unha organización como a OTAN (non é outra cousa que de ataque e cerco ao motivo Rusia), pois, fora extinto o respectivo Pacto de Varsóvia.

Mas a razón do cerco a Rusia, a través da expansión da OTAN, non é soamente eliminar dunha vez a ese país, agora capitalista, pero lle é fácil difundir xunto da súa poboación americana, que eles son comunistas disfrazados e, como tal, venden ese anticomunismo primario e expansionista, non só aos americanos, mais polo mundo.

Mas como todos sabemos, a certa razón da existencia da organización referida, se debe a que aos americanos, por esixencia da súa industria de armamento, que é a maior do mundo, teñen a necesidade de continuar a producir, cada vez máis armamento.

Non podemos esquecer que este sector da economía americana, é unha das máis poderosas industrias americanas. E como tal os seus inversores son dos principais apoiantes financeiros do Partido Republicano dos USA.

Tal como un electrodoméstico ten un prazo de vida útil ben determinado, para poder dar lugar a un novo, o mesmo se pasa coas súas fabricas de material de guerra, estas teñen que continuar a producir, polo menos ao mesmo ritmo que durante a Segunda Grande Guerra Mundial do século pasado, mais dato a que a tecnoloxía evolucionou agora necesitan de vender moito máis, pois, a súa produción aumentou.

De aí que os USA, ter impondo a que os compoñentes da OTAN, se rearmen, co novo armamento de fábrica da súa industria e, como dixemos enriba, tamén o material de guerra ten que ser gasto e, este como as máquinas de lavar roupa, ten que se destruír, para dar lugar a outras novas e, para iso, hai que facer guerras, pois, é ai que elas se gastan.

Más, o mesmo imperialista Donald Trump, critica e como que coloca como sendo un mal socio a Friedrich Merz, o chanceler da Alemaña, dentro desta organización, dicindo que este ten que ser castigado, por unhas súas críticas á actuación dos americanos na destrución do Irán.

Desta forma, o que parece ou o que pretende mostrar Trump, é que esta contra a Alemaña, pois, segundo todos podemos recordar, este chanceler criticou a operación levada a efecto polos USA, contra o Irán.

Por outro lado, induciu a toda a Europa, que o inimigo da Alemaña, é a Rusia, mentres por outro lado, finxa unha relación de proximidade con Putin, mais o que se ve é que a pesar de aparecer como posíbel intermediario para o cese da invasión da Ucraína, pola Rusia, esta sempre será o albo fácil para buscar apoios na súa poboación americana (desde o tempo do senador McCarther e o anticomunismo primario – a “caza de bruxas” como se entón de dicía) e, esta Alemaña sería o gardián da Unión Europea (EU).

O que se pode ver na práctica, es a continúa inversión en material de guerra polos USA, á Ucraína e a implicación da UE, na continuación da guerra, na Ucraína, por presión de Trump, tendo esta aberto os cordóns do banco Central Europeo con máis 90.000 millóns de euros.

Como se pode ver, esta nova estratexia militar da Alemaña, de se rearmar dunha maneira, tan importante, que supera o que Hitler gastou en se equipar, para a Segunda Grande Guerra mundial, pode ter dúas lecturas.

O retorno da unha Alemaña expansionista e totalitaria, repontando as pantasmas do nazismo, e o teatro dunha farsa combinada da EU, estar ben controlada para os intereses dos USA, por unha subserviente Alemaña.

Esta nova forma de estar da Alemaña e de seu chanceler, Friedrich Merz, non é máis do que unha reivindicación imposición de Trump, o que mostra que moi distinta é a realidade, do que se nos presenta, pois, demostra que “a discordia entre ambos”, só é teatro para as poboacións.

Para o grande público, esta discordia entre os USA de Trump, xorde segundo este como un castigo polas críticas de Friedrich Merz, cando dixo que o Irán humillara, militarmente os USA.

Esta mesma estratexia, seguiron os americanos, cando antes da Segunda Guerra Mundial, do século XX, non sentiron ningún problema, ao ver como a Alemaña se “armaba até os dentes”.

Así, aparentemente os USA, saen da primeira liña, no occidente europeo, deixando de ser a Rusia e “seus muchachos”a primeira liña, a endosando ao seu representante alemán, para se dedicaren á o oriente, como a súa máis premente necesidade de trabar o protagonismo, que está a ter, en especial, a China.

Agora os USA, se vaian dedicar ao chamado hemisferio Indo-Pacífico, impondo que os alemáns sexan a súa relevancia levando a bandeira da OTAN, como enriba dixemos.

Para este imperialista e déspota, Donald Trump, deixa, ou mellor impón, que a Alemaña lidere a Europa (o que seus antecesores fixeron con Hitler, mais que na altura, non saíu como previran), impondo que en Bruxelas se cumpra as necesidades de venda de armas americanas, o gas, o petróleo e de máis materiais, como é seu desexo.

Tamén xa se ten constancia, na actualidade que o departamento de Guerra Americano, estaba a colaborar estritamente cos alemáns para acelerar, o proceso de rearmamento, despois deste seu largo tempo de desarmamento, tras a súa capitulación en 1945, despois de ser derrotado o nazismo de Hitler.

Segundo o propio ministerio da defensa de Berlin, na figura do seu ministro Boris Pistorius, este quere ser a maior potencia do occidente europeo, en equipamento, en número de efectivos e tecnoloxía, en 2035 e, vai máis lonxe, sendo superior a todos en 2039.

Queremos recordar, que a retirada de militares das bases da OTAN, así como das bases propias dos USA, estacionados na Alemaña, segundo os seus propios números, estarían a se quedar coa cantidade de efectivos anteriores á invasión da Ucraína pola Rusia, que se acercaban a 8.000, o que non é máis que unha rutina para os desprazar para o oriente.

Esta, cremos ser a montaxe teatral efectuada entre o señor Donald Trump e o seu empregado e actor do seu particular teatro, o tal Friedrich Merz desta peza de teatro, que os europeos aplaudiren e choraron de conmoción.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.