Medra a Memoria no Campo das Laudas

Polo Colectivo Capitán Gosende

O colectivo Capitán Gosende celebrou o domingo 4 de abril a inauguración da sétima lauda no Campo das Laudas (Lugar da Memoria), situado no lugar das Raposeiras (Meilide-Cerdedo). O sétimo monólito fincouse en lembranza e honra de Xosefa Rivas Touriño, matriarca dos Ventín, dos seus fillos Erundino, Manuel e Olegario Ventín Rivas (os seus fillos), Perfecto Ventín Barreiro (o seu tío) e Ramiro Lois Ventín (curmán dos anteriores). Todos cinco traballadores do ferrocarril (carrilanos), todos cinco republicanos, todos cinco asasinados en Zamora polas hordas fascistas nos meses de novembro e decembro de 1936.

Coma as anteriores, a lauda en memoria dos Ventín é da autoría do escultor Marcos Escudero. Conduciu o acto Juan Soto, voceiro do colectivo Capitán Gosende. O gaiteiro Xan López volveu interpretar a peza “Campo das Laudas”, composta ex profeso para acompañar os distintos momentos do acto inaugural. Interviron: o profesor Calros Solla e o xornalista Fernando Salgado (colectivo Capitán Gosende), o escritor David Otero, o historiador Pepe Álvarez e un membro da familia Ventín. O historiador Xoan Carlos Garrido gravou o acto.

Para máis información sobre a matanza dos Cinco de Ventín, e de obrigada lectura este artigo de Calros Solla, membro do colectivo Capitán Gosende.

 

 

 

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.