Por Telmo Varela
Ningunha outra ministra foi tan alabada, por uns e por outros, empresarios, mass-media, dirixentes sindicais de determinado pelaxe, etc. Todos eles falan da súa capacidade, da súa predisposición ao diálogo, vamos, todo son virtudes, tanto para a oligarquía como para a «esquerda» e o centro.
Sosteño que si unha persoa, organización, colectivo… non é atacado pola oligarquía e demais estamentos do poder iso significa que aplicas a súa política. Que os teus actos os benefician.
Así é a ministra Díaz, dotada de unha milimétrica liña discursiva populista, de orientación socialdemócrata e de reafirmación do proxecto intrínseco dos capitalistas máis influentes.
Como o amencer dun día gris, no cal non sabemos si vai chover ou a saír o sol, Iolanda Díaz transita entre dúas augas deixando ledos a uns e a outros. A renuncia a romper coas políticas capitalistas é cada vez máis visíbeis, dándolle alas a ofensiva empresarial na súas políticas de recortes, e de maior gaño.
A realidade é ben outra, de escuros nubarróns sobor as costas dos e das traballadoras. Estamos vivindo unha conxuntura política caracterizada polo agravamento das condicións materiais, por enormes retrocesos nas conquistas e dereitos laborais, das liberdades básicas, provocadas pola ofensiva do gran capital sobor a xustificación da crises económica, agravada pola pandemia do Covid 19.
Aproveitando o Covid 19, Iolanda Díaz lanza a súa proposta estrela, os famosos ERTE, como unha panacea para afrontar a pandemia e a crise. Os medios de (des) información masiva difunden a nova, a bombo e platillos, como si trátase de unha variña máxica, que vai a solucionar todos os problemas habidos e por haber. Unha manipulación que estaba ben deseñada polo Ministerio de Traballo e os grandes medios de comunicación e que chegado o intre o difunden masivamente seguindo un protocolo perfectamente estudado. E Iolanda Díaz sae en todos os medios de comunicacións como unha famosa estrela de cine, co seu sorriso e enchéndose a boca coa palabra ERTE. Esa variña máxica!!
A quen beneficia os ERTE? Principalmente e fundamentalmente aos empresarios. Os trballador@s en ERTE pasan a cobrar o 75% do seu salario. O tempo que están en ERTE computa para a prestacións por desemprego. Ao ter dous pagadores teñen a obriga da declaración a Facenda, coas consecuencias que todos sabemos.
Para os empresarios os ERTE significa unha bolsa de empregados que utiliza como mellor lles peta. Baixa a produción, manda un determinado número de obreir@s ao ERTE. Aumenta a produción, rescata do ERTE un determinado número de traballadoras. Así todo vai sobre rodas, todo son beneficios para os capitalistas. Pois mentres os obreir@s están no ERTE a seguridade e demais impostos corre a cargo do Estado, ou sexa, de todos nós.
A verdade é que no derradeiro tempo aumentou a taxa de desemprego, a precariedade laboral, a extensión da pobreza e da exclusión social, a emigración masiva da xuventude, a opresión das mulleres traballadoras.
A ofensiva burguesa contra os nosos dereitos véxase agravada polo sometimento ás directrices da UE e dos organismos imperialista, como o FMI.
Nesta conxuntura tan adversa, reafirmamos a importancia da organización da crase obreira para defender os nosos dereitos, pois sen ferramenta organizativa non hai loitas e sen elas non hai avances, nin vitorias. Pois da facíanse amábel da socialdemocracia non podemos esperar nada, sabemos que esta plenamente identificada co modelo socioeconómico e a estrutura administrativa da gran burguesía.
Economía de mercado ultraliberal, pseudodemocracia burguesa e férrea centralización administrativa son os tres eixos polos que se rexe a Ministra.
Se el primero en comentar