Democracia e capitalismo ou capitalismo e democracia. Cal será a cuestión?

Recordemos que a democracia xamais foi un presente que os capitalistas quixesen ou gustasen. Todo o contrario. A democracia, que existe, foi obtida a través dunha loita constante e continúa, do pobo que traballa, contra os capitalistas que a escravizan. Non de hoxe, mais unha loita que se estendeu durante séculos.

Por Jose Vieira

Crecen as desigualdades sociais, evidénciase por todos os lados a desaceleración da economía e como tal o crecemento. Nótase, a pesar da anestesia levada a efecto pola comunicación manipulada e, da máis que tradicional pasividade social, un correcto descontento na sociedade, de como marcha este mundo.

Pensan a maioría da xente, que estamos nunha democracia e, como tal, o sistema económico non podería ser outro que non o capitalismo.

Mais non se fican por aí, é que este, ten que ser, conforme manda os que mandan, ou sexa, globalizado.

Mais o que se entende nos máis avisados, é que o capitalismo é unha economía en que os mercados, a competencia, a iniciativa económica privada e a propiedade privada, son os protagonistas centrais da mesma. Digamos que para a maioría, esta definición é incuestionábel, así como nada máis pode existir, que poida por en cuestión, o dogma do capitalismo global.

Neste momento, se nos asalta a dúbida e, que queremos compartir e, que se pode expresar da forma como segue:

será o capitalismo e a democracia situacións opostas ou serán complementarias?”

Será que unha, sen a outra, non poderán sobrevivir?

Entón nos quedamos cun correcto temor, pois, talvez ambas se necesiten mutuamente para se manteren á superficie, deste océano tormentoso.

Tamén nos apareceu posíbel un outro raciocinio máis pesimista e que podemos expresar, como que o capitalismo poderá vivir “encantado da vida”, nunha autocracia fascista, sustentando esta un capitalismo, así como os seus propietarios.

Máis nos asustamos, pois, pode que este noso pesimismo culmine nunha xogada do capitalismo (salvaxe) e, como tal, este non sería complementario coa democracia, mais si, un seu oposto e, como non, un seu destrutor.

Claro que para a maioría, o sentido de vivir en democracia, non é moito máis, do que, posuír o dereito universal de sufraxio, que é un instrumento da democracia representativa, participar nunhas eleccións libres e “xustas”, ter a posibilidade de participar de forma activa na vida cívico, ter un conxunto de dereitos e obrigas protexidos por leis e, que aparentemente todos fosen iguais perante as leis.

Non dubidamos que esta fotografía, non é máis do que unha representación dun estereotipo, debidamente encaixado, para que cada un dos cidadáns, poidan dicir que vivimos nunha democracia debidamente visíbel e, até está correctamente posta nun cadro digno da mellor pinacoteca.

No non obstante, parece que estamos a ouvir unhas voces, que se van colando, aos poucos, como fondo dunha representación política (queriamos dicir teatralmente política), como banda sonora, en que se comezan a poder distinguir, e que soan “que será mellor para o “seu capitalismo”, que dunha vez por todas, este se divorcie da democracia”.

Mais tamén vaise notando, aínda que con moi menos forza auditiva e, naturalmente, con moi menos convicción, unhas voces, que parecen estaren cada vez máis longínquo e febles, que afirmaban

que a democracia talvez estivese mellor sen o capitalismo”.

Para nós, aparece unha pregunta como sendo a forma máis fácil de dar corpo ao seguinte: será que no transcurso dos tempos en que vivimos e, perante a multitude de fracasos económicos sucedidos, e como non, as prometidas recuperacións falladas da tal economía, parece tornaren demasiado visíbeis, a existencia dun enorme fallo na ortodoxia capitalista global.

Mais mesmo perante estes maos agoiros, e fracasos máis que evidentes, hai quen afirme a pês xuntos “que a pesar do capitalismo intrinsecamente fráxil, este segue sendo o mellor sistema que coñecemos para a felicidade e desenvolvemento dos humanos” (1).

Non temos moitas dúbidas, parecendo que non estamos soas nestas incertezas e, que as finanzas liberalizadas, teñen mostrado unha inestabilidade de película, que a marcha da economía e a confianza no seu desenvolvemento e crecemento, se construíu, sobre unhas estruturas cuxos fundamentos, eran dun unto quebradizo. Confirmamos as nosas dúbidas.

Quen pasou pola crise de 2007 a 2009, e se teña inclinado de como a economía foi evolucionando en xeral desde ese tempo, debe poder sen o menor risco concluír, que a certa recuperación económica, non acaba de convencer aos axentes económicos, máis prudentes. Diriamos que a economía presentou e presenta, desequilibrios macroeconómicos, nada tranquilizadores. A nosos ver que son altamente desestabilizadores. A recuperación non só non foi total, nin tao pouco, resultou poder crear a vacina, para evitar máis problemas futuros.

Analizando o que se está a pasar no noso entorno, falamos das nosas economías e consecuentemente nas políticas proseguidas, temos que recoñecer, que algo vai mal e, como tal, terá que haber un cambio total, nos nosos valores de liberdade e de democracia.

No entanto, parece que as persoas non son capaces de vivir e aguantar durante moito tempo, un sistema de mercado realmente libre ou, polo menos así parece de acordo coas evidencias dos últimos 30 ou 40 anos.

O autor Martin Wolf, periodista do Financial Times, e autor de moitísimo crédito entre os Keynesianos, cre ou así lo expresada, nunha economía cun desenvolvemento “benevolente” dun capitalismo democrático, mais só cando os líderes mundiais, foren suficientemente ilustrados, e transformen as economías, retirando a escravización ao capitalismo e da autocracia a democracia”.

Será isto posíbel?

Recordemos que a democracia xamais foi un presente que os capitalistas quixesen ou gustasen. Todo o contrario. A democracia, que existe, foi obtida a través dunha loita constante e continúa, do pobo que traballa, contra os capitalistas que a escravizan. Non de hoxe, mais unha loita que se estendeu durante séculos.

Tivo que loitar, por leis para protexer as conquistas, ou sexa, para se poder chegar a un estado de dereito. Foi necesaria toda unha loita de clases. A democracia e o capitalismo xamais van ou irán xuntos.

O capitalismo, como sabemos, ao final do século XIX, se estruturou como imperialismos e, como todos sabemos, non había democracia para os millóns de pobos colonizados, por todo o mundo.

Reparemos no capitalismo americano (Estados Unidos da América do Norte), pois, para a maioría dos españois, é o “súper zume da batata”, o mellor do mundo, no entanto, o capital e os seus propietarios americanos, loitan contra os dereitos civís da súa poboación, contra os sindicatos, impondo os impostos aos traballadores e eximindo os ricos da maioría das súas obrigas fiscais.

A “querida América do Norte”, preconiza a desigualdade social, as seitas racistas (Klu Klux Klan), a violencia contra todo o que non está de acordo coa oligarquía do capital.

Vexamos, por fin por exemplo as actuacións dos Estados Unidos da América do Norte, pois, cando di que o que vai é implantar a democracia, cando invade o Iraq, ou cando o fai no Afganistán, o fai non por democracia (só serviu da palabra) mais si, por implantación dun capitalismo salvaxe e global. O mesmo cando insiste en manter guerras noutros países.

Anexo:

  1. A crise do Capitalismo Democrático de Martin Wolf, columnista económico do Financial Times

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.