Fascismo, estado e democracia liberal

Por Lorenzo Lorenzo / Vigo Antifascista

A democracia liberal é unha forma de goberno deseñada durante o S.XVIII, no marco dos procesos revolucionarios iniciados pola burguesía nas colonias británicas en Norteamérica (actual EEUU) e en Europa (Francia, Países Baixos, etc), que tiñan como obxectivo fundamental derrocar ás monarquías absolutas do Antigo Réxime para sustituir á aristocracia como clase socio-política dominante.

Hoxe, a democracia liberal, é o marco político que a burguesía emprega para protexer os seus intereses e, sobretodo, os seus privilexios, a través da perpetuación no poder de organizacións políticas que traballan para manter vixente dito «statu quo», lexislando para lexitimar o seu modelo económico, baseado na explotación laboral e na especulación financieira.

O Estado é un conxunto de institucións que posúen a autoridade para facer cumprir a lexislación vixente e velar pola estabilidade social da democracia liberal. É dicir, o Estado liberal é un mecanismo institucional ao servizo da burguesía para exercer unha represión de xeito «lexitimo» que lle permita manter o seu dominio sobre a clase traballadora.

O fascismo son todos aqueles movementos reaccionarios que se activan ante procesos de cambios profundos na sociedade. Cando as masas populares activan procesos de reclamación de dereitos e liberdades que a burguesía, ou sectores desta, perciben como unha ameaza para os seus privilexios, e os mecanismos da súa maquinaria mediática, política e institucional non lle permiten gañar a batalla cultural, activan aos sectores máis reaccionarios da sociedade para facer fronte aos procesos de emancipación popular. Cando a maquinaria institucional e «democrática» do Estado liberal non lles serve para manter o status quo, activan ao fascismo para conseguilo pola forza.

Dende fai anos ó status quo no Estado español estanlle rebentando as costuras en canto á lexitimidade democrática das súas institucións fundamentais se refire (monarquía), no modelo territorial (auxe do independentismo catalán), e tamén na hexemonía cultural liberal conservadora e nacionalcatólica postfranquista, quebrantada polo marea do movemento feminista e a tolerancia maioritaria da sociedade coas persoas migrantes ou LGTBI.

Estes avances son percibidos como unha ameaza por amplos sectores civís, militares e eclesiásticos que están activando ós seus recursos reaccionarios para facernos fronte.

É unha obriga ética para tódalas persoas de sensibilidades antifascistas, comprometidas coas liberdades e os dereitos humanos, organizarnos para confrontar esta ofensiva retrógrada que pon en risco tódolos avances conquistados ata o presente.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.