Cal parece ser a prioridade comercial deste estado de trans norte, perfectamente organizado polos “sicarios” do señor Trump?
Por Jose Vieira | 2/05/2025
Comezamos este texto, transcribindo uns parágrafos que causaron malestar entre os defensores das políticas (se acaso de políticas se tratan e, moi menos, se pretendían ser económicas e aínda por riba coherentes), un pouco por todo o lado, mais especialmente nos Estados Unidos da América do Norte (USA) e no Reino Unido.
Como este reelixido presidente dos USA, pretende a través de intentar centralizar todas súas accións a volta da idea de MAGA (Make America Great Again), que significa facer da América (do Norte) grande outra vez.
Más, e para iso, rebocou para o seu bando, os chamados grupo dos mil multimillonarios americanos, que foron quen abriron os “cordóns aos seus cofres” e, financiaron a compra de votos para este ser elixido, partindo dos acordos que previamente estes acordaran que este presidente ao ser elixidos lles iba a conceder.
O texto que transcribiremos nos parece ser moi oportuno e, a tradución final é da nosa responsabilidade, rezando así:
“A realidade é que Trump non pode dar a volta atrás ao reloxo para facer dos Estados Unidos a economía manufactureira líder do mundo. Ese barco xa pasou. Isto mesmo de acordo co Wall Street Journal, que afirmaba: mesmo que as exportacións manufactureiras dos USA, aumentasen o suficiente, para colmatar o déficit comercial, o que seguindo parece é extraordinariamente improbábel, se paralelamente crecese o emprego, de forma proporcionada, a nosa participación como forza traballadora só aumentaría entre 8 e 9%.
Xa escribiramos que estás formas de actuar, no mundo do comercio en xeral, era unha loucura. No entanto, quere o presidente Trump así como os seus conselleiros, están a partir do principio de que os USA, teñen sido estafados por o resto do mundo, sobre todo polas economías máis importantes. Pois, pensan que as outras economías poñen todas e máis algunhas trabas as súas empresas manufactureiras.
Para este agregado de expertos que están en volta do seu presidente, esta é a única razón para o déficit comercial dos USA.
E tanto debe ser así que o comercio de servizos non lles provoca canseiras, dado que neste capítulo os USA, presentan un súper habite comercial (un substancial excedente).
Así os expertos americanos ao servizo do seu presidente, cargan os seus cañóns cos chamados “dereitos alfandegueiros” para obstar as importacións de produtos estranxeiros (de aquí en diante falaremos en vez de dereitos alfandegueiros unicamente en TARIFAS).
Así lles parecía ou parece que con estas tarifas, pura e simplemente, conseguira escuadrar o círculo e, someter todo o comercio mundial de bens ás ordes dos USA.
Focamos aquí se socorreron dunha, como moito curiosa formula, que hai quen lle chame “crúa fórmula”, téndoa creado para cada país, operando do seguinte modo: dividindo polo tamaño das importacións dos USA, dese país e, logo dividindo por dous o resultado, os estudosos das taxas de Trump, calculaban cal debían ser as subidas desas tarifas para o país en cuestión.
Antes de proseguir, diremos que esa formula e seu procedemento non ten ningún sentido, por varías razoes; a primeiras por excluír os servizos, pois, os USA, teñen excedentes con moitos dos países castigados; en segundo lugar, impuxeron unha tarifa do 10%, mesmo para os países con quen os USA, teñen superávits; en terceiro lugar, non existe ningunha relación con ningunha barreira de tarifa real ou non que un país impoña ás exportacións dos USA; fai xuízo vago, ás barreiras tarifarias e non tarifarias que os propios USA, impoñen ás exportacións doutros países (xa existentes).
Desde os anos 80 do século pasado, tratábase da época da globalización e, os países mas industrializados, incluíndo o Xapón os pertencentes as economías máis avanzadas da Unión Europea e, naturalmente os USA, que eran os principais usuarios destas prácticas, fixeron desprazar as súas industrias e consecuentemente as tecnoloxías inherentes, para os países da Asia, dadas as diferenzas salariais.
Ese tempo o que estaba en cuestión para as empresas que desprazaban as súas producións para o oriente, eran a busca de cada vez máis cuantiosos beneficios empresariais.
É evidente que perante a busca de produtores, neses países, e a súa crecente procura, levou a que estes países antes soamente ricos en man de obra barata, rapidamente se transformaron, desde un insipidamente estado de pre-industrial en estados perfectamente na senda dun forte e rápida industrialización, así como, na absorción das tecnoloxías trasladadas.
A consecuencia non se fixo esperar, a medida que se desenvolveu a industrialización, dos países asiáticos, estes, como non podía deixar de ser, gañaron cota de mercado, endosando para o seu cliente USA, a parte que eles non detiñan que era os temas ligados ao marketing, aos servizos e as finanzas das operacións de produción e pos produción.
Cal parece ser a prioridade comercial deste estado de trans norte, perfectamente organizado polos “sicarios” do señor Trump?
Pode haber múltiples respostas para esta cuestión, mais todas elas no fondo van directas a obtención da posibilidade do señor Trump e seus “muchachos”, conseguiren volver a seren incontestabelmente os de sempre, pois, se nos detivermos a analizar os números que as distinguidas institucións estadísticas mundiais nos poden fornecer, verificamos que esta tarefa ciclópica que se propón o señor Trump, pois, leva no seu interior todas as condicións para que non resulte nun éxito realmente satisfactorio, nin para os USA e, tan pouco, para eses expertos visionarios e, sobre todo moi pouco realistas científicos dunha economía de enfermiza.
Esta posición de forza que está a ser imposta polo goberno dos USA, ten como obxectivo, realmente a destrución as economías da China e dos seus países a súa volta, que foron recuperados industrialmente polas deslocalizacións efectuadas pola industria americana e europea, exactamente aproveitando o estado de globalización, onde o beneficio era a única palabra de orde.
Como parece ser a estratexia actual dos americanos, o recurso a intimidación, á coacción militar (non esquecer que os USA), son a maior potencia militar, á face do Planeta Terra, e como tal, para estes, tanto son inimigos os seus socios políticos e militares, como os inimigo.
Coa liquidación do estado de globalización, saíu debaixo da alfombra do salón oval da Casa Branca, un mapamundi, en que os USA, só ten un único país amigo e, canto a nós, mentres lles promete dar a faixa palestina para que o señor Trump, se divirta a promover nese territorio unha nova Costa Azul, ou sexa un seu espazo de recreo e para xogar aí o seu golf. Os todopoderosos do mundo en que vivimos.
Todo isto é realmente un pouco culpa de todos os europeos, pois, como temos vindo a poder constatar, até ao presente, estamos dirixidos, os actuais membros do club de Bruxelas, que dá polo nome Unión Europea, por unha oportunista e membro da dereita avergonzada, que se chama Ursula Von der Leyen, por un outro oportunista, de segunda clase que se fai chamar de Antônio Costa, por un “rei” republicano, o iso se di, que quere ficar na historia francesa como o novo “Napoleón” e, que da polo nome de Emmanuel Macron, que se sentiría voando por cima das nubes, se conseguise mandar a xuventude e non soa, para unha Terceira gran Guerra Mundial, de parceria co primeiro ministro inglés, Keir Starmer, pois, pura e simplemente acabarían os seus mandatos políticos, como mártires ao servizo dos intereses da OTAN/OTAN, ás ordes do secretario xeral desa organización terrorista Mark Rutte.
Terminamos este, coa idea de que os donos da organización OTAN, os USA, están a ver a posibilidade de se desprenderen dos custos que soportan na actualidade por esa organización, e pasaren a ser en exclusivo só fornecedores das armas de morte.
Perfecto volta de rosca e castigo á supervivencia cega europea.
Se el primero en comentar