![]()
Así pensan que cun determinado vento soprado desde as súas conviccións, deben facer que as velas do barco chamado España, obriguen a unha mudanza de rumbo
Por Jose Vieira | 28/11/2026
Todo cidadán español debe cumprir esta chamada a participar nun dos momentos en que se mostra que cada persoa pode e debe xuntar o seu grao de area, executando o único acto dunha democracia.
¿Mais porque é o único acto?
A resposta a esta pregunta, está por de máis dentro da consciencia de cada un de nós.
Mas mesmo así nos atrevemos a avanzar de que a participación de cada un de nós, na democracia en que estamos o pertencemos, se limita a de tanto tanto tempos, por unha cruz nun papel en que hai unha ducia de cadrados, moi pequenos, que están a anunciar cada un dos partidos, que concorren nese acto de democracia.
Con isto queremos dicir, que a nosa participación en xeral, se limita a este único acto activo.
Así, o que temos visto ao longo da nosa xa longa vida, é un acto pasivo en democracia.
Imos esclarecer, uns cantos xornalistas e presentadores de televisión, xuntamente cun conxunto de tertulianos, contratados para animar o espazo televisivo, cada un defendendo, por gravame o partido, comentan os movementos dos varios políticos de quenda e, os seus ataques ou aprobacións ás cousas que vao acontecendo, unha porcentaxe maior o menor de tempo, que é rexida pola cadea de tv, en cuestión, de acordo cos acontecementos.
Sentados nas súas cadeiras máis cómodas, en fronte do aparello de televisión, os nosos queridos concidadáns, se van informando dos éxitos.
Mas non obstante, a través dos seus mobiles, van recibindo as informacións dos outros, “cidadáns de cadeiras en fronte da televisión” e sobre todo as manipulacións que os partidos e os intereses económicos e políticos van lanzando, a través dos seus militantes servidores.
Entón, o noso amigo e concidadán, asume as notícias e as manipulacións respetivas e, vai direitiño as discutir, cos seus amigos, ben no centro de traballo, ou en calquera outro sitio en que encontre interlocutor.
Non hai a mínima dubida que está a exercer os seus dereitos lexítimos dentro da democracia en que xulga que está.
O que acontece é que estes ilustres cidadáns, que son de forma avantaxada a gran maioría, se encontra para si propio, disposto a seguir como un elemento dentro da “súa democracia” e, no caso español dentro dunha Monarquía hereditária, de orixe divina (parece que me enganei, que xa decidiron que non é divina) .
Entón, estes amigos e cidadáns, se encontran xa suficientemente preparados, na súa mente, para indicar aos outros cidadáns, cal é o camiño a seguir, sen remisión, ou reparación, nos próximos catro anos.
Aí está, outra impresionante prepotencia de cada un dos cidadáns, é que neses catro anos, que estes electores impuxeron ao resto dos seus cidadáns, sacarán os seus electos, por exemplo a destrución dos dereitos que a poboación obtivo, para todo o sempre.
O que estes cidadáns conseguiron é tornar a por na Moncloa (parece que é así que chama o local donde se concentra o poder), un partido que contou unha história, sen moitas veces calquera nexo e, o peor é que promete o dereito de atinxir o ceo para todos, cando o ceo que atinxen é só para os seus próximos e, protectores que a través das súas axudas monetarias para as súas campañas.
De aí que os nosos amigos se deixan levar nun soño que non ten calquera consistencia nin sequera fiabilidade, mais que pretenden apoiar, soamente tendo como idea, no fondo, como se tratase dun problema dun “dérbi”, de fútbol, entre o Real de Madrid e o Barcelona. Así votan con fe futebolística en xeral.
Así pensan que cun determinado vento soprado desde as súas conviccións, deben facer que as velas do barco chamado España, obriguen a unha mudanza de rumbo.
Non cabe dubidas de que os cidadáns espanholes, sobre todo os que máis están involucrados nas redes sociais, só pensan en que é imperativo votar, contra os partidos que defenden a democracia, pois, para estes o “El dorado» é o que prometen o Partido Popular, cos donos das grandes empresas, que os financian e, naturalmente o Partido Vox, que promete un mundo dourado e, sen o dicir, o que están é a preparar a volta a un franquismo, o máis próximo ao fascismo que imperou na Europa entre 1937 a 1945 así como o militarismo no Xapón e, terminou coa Segunda Grande Guerra Mundial de 1939 a 1945.
Tivemos unha folga xeral o pasado día 11 de novembro, que parecía ter dato a idea de que a poboación máis moza despertara das manipulacións criminais levadas a efecto, polos dous partidos fascistas (ou polo menos as súas direccións do PP e de Vox).
Mas non é nin foi así, unicamente houve un interregno permitido polas institucións máis á dereita, mais que logo todo volveu á adoración polo PP e Vox, pola maioría das poboacións, demostrando inequivocamente que a poboación vota contra si propia, como se fose masoquista.
Realmente, non resta dúbidas de que por outro lado, durante estes últimos dous anos, non houve oposición partidaria ao goberno de quenda, o que houve iso si, para alén dos escándalos de corrupción dos dous principais partidos, unha actuación desa mesma oposición, de autentica falta da máis elemental educación e civismo.
De tal maneira estas actuacións foron evidentes, que non hai memoria na historia da Europa democrática de tan falta de compostura política.
Non temos calquera dúbida de que sobre todo aos mozos, foron catequizados, dandolles a idea de que, España co PP + Vox, lles irían e lles vaian traer o Admirable Mundo Feliz, donde todos as súas ambicións serán satisfeitas polas varinhas de maxia deses dos partidos fascistas.
Se el primero en comentar