É preciso e urxente unha nova orde financeira independente do control dos USA

Este bloque, ten unha forma moi máis democrática pois as súas resolucións son tomadas por maioría, non hai votos inhibidores, os chamados vetos, como existen por exemplo na ONU, no seu consello de Seguranza, en que nada vai adiante desde que os USA, non queiran.

Por Jose Vieira | 17/10/2024

Volvemos ao que se está a procesar a marxe dos conflitos bélicos impostos polos Estados Unidos da América do Norte (USA), que procede como dunha “orde nova”, xa referida na altura por Henry Kissinger, no seu libro “A Orde”, a esta lle chamaremos unha “NOVA INQUISICIÓN”.

Este país, é e fai valer os seus “galóns”, nunha auténtica “pansexualización identitária do que é para eles o politicamente correcto”.

Os USA, son o máximo (o iso fan crer), en tecnoloxía, en poderío económico e sobre todo militar, para sustentar as perchas en que se cre asegurado, e parece un traxe que as mellores universidades, do mundo están en seu territorio, naturalmente a custa do empobrecemento das outras escolas, diseminadas polo mundo, onde este país “COLONIZADOR”, os vai seducir a costa de talonario, estancando naturalmente calquera hipóteses de competencia.

No entanto, en nosa particular opinión, este monstro colonizador dunha boa parte do mundo en que vivimos, está xa no sendeiro dunha “descomposición cultural e política”, bastante notoria.

Nun exercicio de reflexión moi simple, nos parece imposíbel ser os USA, un país respectábel, tendo tanta xente con grandes capacidades intelectuais e, neste momento en que se arrastran o pre-período electoral, e antes da renuncia de Joe Biden, a favor da súa segunda Kamala Harris, estivese gobernada por un político notoriamente senil e, que tivese como contrincante, un truculento empresario, recoñecido delincuente, como Donald Trump.

Parecenos algo inadmisíbel.

Vemos, con bastante nitidez, que durante os últimos tempos e nos reportamos ao espazo que vai desde a Primeira gran Guerra Mundial do século pasado (século XX), téndose acentuado sobre todo tras o final da Segunda gran Guerra Mundial, igualmente do século pasado, unha auténtica e feroz colonización dos chamados satélites dos USA, dunha forma imperial.

Esta forma de colonización, xa non é nada semellante ao que foi feito polos países, colonizadores dos últimos séculos, se trata dunha inxerencia en nosos sistemas educativos e, como non podía ser doutra maneira, nos ten levado a unha despersonalización total, nos transformado en auténticos bonecos animados, que só reaccionamos e funcionamos, ao toque de caixa do dono (os USA).

Recordemos un punto moi importante para ilustrar esta nosa falta de independencia non só política, como cultural e, sen dúbida esmagador.

Os USA, colonizador e imperialista, impón sempre que lle é favorábel, a entrada en guerras (sempre lonxe do seu territorio), o que implica que os seus “amigos e socios” (os países por si colonizados), en conflitos, en que a cidadanía destes países, non foron tidos nin achados, soamente para satisfacer os seus certos intereses imperialistas.

Podemos dicir sen marxe de calquera erro, que a democracia por ese país pregoada, non pasa de algo imposto pola forza disuasoria do seu principal argumento – o poderío militar.

Non podemos deixar pasar o momento para referir unha forma como se comporta ese país, en termos financeiros e comerciais.

Desde a Segunda gran Guerra Mundial, conforme xa indicamos, os USA, impuxeron a súa moeda, o dólar, como medio de pagamento das transaccións, que se efectúan á praza do comercio mundial. Crearon mesmo un sistema que coa desculpa de ser un medio de garantía de seguridade das transferencias, o chamado “SWIFT”, o que ten servido é para un rigoroso control das operacións financeiras, deixando a súa fiscalización e ordenamento nas súas mans.

Os USA, é o imperialista recoñecido por todos, mais que a supervivencia covarde dos restantes socios do seu particular feudo (tamén chamado club) G7, é composto por: USA; Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Xapón e Canadá. Este contexto, se lle adherimos os outros seus fieis vasalos, como son a Australia e a Nova Zelandia, estamos a falar dun “clan”, de incondicionais, que se acercan a 887 millóns de seres humanos (num total a números de 2022 de 9.751 milhóns).

Este imperialista, recentemente como todos sabemos lanzou a Europa nunha crise económica e naturalmente de precariedade, ao querer eliminar a través do seu grupo de terrorismo organizado chamado OTAN, cercando a Rusia e desenvolvendo e apoiando ese cerco, que foi preparado desde 2014, co derrube do presidente electo da Ucraína, para colocar no poder, os políticos que só fan o que o seu dono manda (caso de Zelensky).

Mais, o Brasil, a Rusia, a India e a China, a que pronto se xuntou a África do Sur. Esta reacción, é a toma de consciencia deste imperialismo. Así crearon este bloque, que pasou a ser coñecido pola xuntura das súas iniciais: BRICS.

Este bloque, ten unha forma moi máis democrática pois as súas resolucións son tomadas por maioría, non hai votos inhibidores, os chamados vetos, como existen por exemplo na ONU, no seu consello de Seguranza, en que nada vai adiante desde que os USA, non queiran. Isto non é unha democracia.

Actualmente, existen máis de 30 peticións de adhesión a este bloque, para alén dos cinco países que entrarán xa na próxima reunión de Kazán, que se realiza entre os días 22 e 24 de outubro, deste ano na cidade indicada, da Rusia.

Imos dar algúns elementos cuantitativos para mellor se poder ver que a desamortización dos USA, vai en marcha (datos de 2024):

En 2000 o G7 representaba 43,28% do PIB global

E os BRICS, representaban 21,37%

En 2018 o G7 representaba 31,84% do PIB

E os BRICS, representaban 32,,33%

E proxectados G7 en 2024 sería do 29,64%

E os BRICS, con base nos mesmos sería do 35,43%”

Falemos agora de tecnoloxía e, tomamos datos da Australian Strategic Policy Institute, de Camberra, que nos facilitan os seguintes elementos.

Considerando 64 áreas críticas para o futuro, que inclúen a defensa, o espazo, a enerxía, o ambiente, a intelixencia artificial, a robótica, a biotecnoloxía, computación, materiais avanzados, a cibernética, a ciencia cuántica, etc, tiñamos:

En 2003 os USA lideraban 60 destas tecnoloxías e, en 2023, só lideraban 7 destas 64.

A China pasou de dominar 3 tecnoloxías en 2003 para 57 das 64 tecnoloxías en 2023.”

Este mesmo bloque BRICS, está neste momento xa a comezar a utilizar un sistema de pagados internacionais, en que son ases propias moedas de cada país, que serán os elementos de liquidación.

Brevemente falaremos en pormenor deste enorme adianto no mundo das transaccións multinacionais.

Terminamos referindo que a área de influencia poboacional dos BRICS, atinxe xa algo como 4.500 millóns de cidadáns contra uns escasos 1.000 millóns do grupo imperialista americano.

Maia palabras …. Non son necesarias.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.