Dúbidas sobre siglas e non só

Probabelmente os señores da Vox, deben ter na súa mente, que os campos de concentración, onde internaba franco os opositores ao seu réxime fascista, eran colonias de vacacións.

Por Jose Vieira

Non somos historiadores, mais temos un inmenso respecto por quen de verdade se dedica a facer luz sobre o pasado, con honestidade e co recurso ao máis documentado actualmente posíbel.

Por en contra, teño repelencia a todo o que é especulación sen bases nin a necesaria investigación, honesta e rigorosa, sobre traxes que fan a nosa memoria histórica.

Tamén teño algo en contra, cando se copia, como sendo o mellor, sen calquera criterio minimamente científico ou debidamente comprobado, todo o que vén de fóra, só porque o que entra, a través das nosas fronteiras, fai moda e, como tal, debe ser seguida, moitas veces coa desculpa de é unha innovación e os seus promotores se cubriron dos falsos louros.

Tampouco nos parece claro, o recurso a utilización de determinadas expresións, como a de cruzadas, en que, o común dos mortais, interpretan o tal termo, como unha acción de xustiza (case divina).

Esta acción foi emprendida, á praza dos tempos, por determinadas clases sociais (as cruzadas), a quen interesaba eliminar determinados escolios, con vista a obter os réditos que a súa gula pretendía (recórdese o golpe terrorista de Franco e seus apaniguados).

Así, ao longo dos tempos, o termo sempre se ten utilizado para xustificar os asaltos ao poder e a riqueza, vendéndoas como se fose un mandamento divino. A que a igrexa cristiá sempre apoiou, aínda que con algunhas honrosas excepcións.

Recordemos a actitude do partido VOX, que a través da actual concorrente á dirección da autonomía da Andalucía (señora Olona), polo referido partido, solicitou a retirada do proxecto de lei da Memoria Democrática, o texto que sería o sucesor da lei da Memoria Histórica.

O texto da lei sobre a Memoria Histórica, foi aprobado polo Congreso de deputados en 31 de outubro de 2007 e, a partir dun proxecto de lei aprobado en Consello de Ministros en 28 de xullo de 2006. Era presidente do goberno José Luis Rodriguez Zapatero.

Á súa vez o texto proposto para a lei da Memoria Democrática, se recoñece polo seu número “121/000064 Proyecto de Ley da Memoria Democrática”. Tendo un prazo estabelecido para emendas, por un período de 15 días e, que terminaba en 17 de setembro de 2021.

Non podemos deixar de quedarmos completamente levitando, nun mundo de ansiedade, pois, non vemos andar para adiante a Lei da Memoria Democrática e, se esta lexislatura acaba, sen a sua respectiva aprobación, o que acontecerá se o goberno que lle siga, por exemplo, resulte ser contrario a este proxecto de lei e o retire da súa axenda ou o mutile aínda máis. Sería outra machacada na Democracia que desexamos, mais que, outras forzas ben coñecidas non desexan.

No caso enriba referido, parece non ser nada dubidoso a intención de Vox, de tentar lexitimar, as atrocidades levadas a efecto polo bando de franco e seus apaniguados, no golpe terrorista que acabou coa segunda República, e os anos que se seguiron até á chamada transición.

Probabelmente os señores da Vox, deben ter na súa mente, que os campos de concentración, onde internaba franco os opositores ao seu réxime fascista, eran colonias de vacacións.

Así o que estes señores pretenden con toda a saña do mundo, é castigar os vermellos, sen dó nin piedade, para que “os señoritos”, podan continuar proseguindo na “cruzada” da implantación do fascismo en España. Esta parece a intención do referido partido e dos seus aliados.

Por outro lado, vemos nacer plataformas que utilizan denominacións arbitrarias e, até confusas como por exemplo, a “Plataforma 711 para a Reconquista Cultural”.

En nosa modesta opinión, estamos co historiador e economista, *Ángel Viñas, pois, isto nos soa a algo de “lepenismo” (que nos deixen pasar este neoloxismo), con que quero caracterizar esta plataforma. Nos parece realmente unha trampa, derivada das estratexias de Marianne Le Pen (Marine Le-Pen) e co perfeccionamento de Éric Zemmour, periodista e escritor, coñecido polas súas ideas fascizantes e extremistas.

Recordemos o significado de Reconquista e encontramos a seguinte definición, que di o seguinte: “conquista ou toma dun territorio, unha fortaleza ou outro lugar que se había perdido anteriormente”. Parece, por iso, que realmente estes señores, o seu obxectivo se centra en restaurar algo que, segundo o significado da palabra, perderon na transición a democracia (ou sexa, o fascismo).

Non podemos deixar de reflectir, cunha correcta perplexidade, sobre a interpretación da Historia de España, que se ten estendido e, que probabelmente se debe a que os libros de Historia ao servizo do Ensino, non estean a producir unha idea clara dos traxes relevantes do pasado.

Tamén se nos ocorre, que realmente o pasado parece non interesar demasiado ás poboacións que naceron tras a chamada transición.

Pode que teñamos outras dúbidas, que podemos concretar, cunhas preguntas, que escollemos entre as chamadas sombras:

– Cal foi a certa historia da Transición?

– O que de verdade pasou no 23 de febreiro?

– Estaremos perante un problema de educación e non só de formación?

Cremos, con toda a humildade que nos resta, dicir que estas preguntas só serán válidas, xuntas e necesariamente interligadas e máis, realmente non serán aínda as suficientes.

Estamos perante algo que é necesario, mais non suficiente, para nos esclarecer do que se está pasar e máis, porque dimiten as persoas de buscar a verdade e, se quedando por rápidas e falsas explicacións, normalmente orientadas por calquera intereses “demasiadamente” particulares.

Pensamos que unha das necesidades esenciais, está en facilitar o acceso aos arquivos históricos e, posibilitando que os investigadores sexan subsidiados e nos seus traballos, mais, que estes sexan debidamente tutoreados, para que non se encala en adulteracións da documentación utilizada, nin en falsos estudos.

Que estean dispoñíbeis e accesíbeis os arquivos, por exemplo, da Guerra Civil de Salamanca, cos medios necesarios e suficientes para que non sexan un sitio de estrangulamento da investigación, (funcionarios e medios técnicos).

Finalmente, espero sinceramente que todo se veña a resolver, de forma capaz e que non continúe a seren penalizados os que de verdade investigan con rigor, desenvolvendo, un laborioso traballo para a comunidade.

Cunha boa educación, todo o máis será posíbel de se conseguir.

Será noso desexo e empeño, que o ensino da historia de España deixe de ser un atoladeiro, de orientacións partidarias e, que sirva realmente para a formación e identidade, dunha forma digna, dos estudantes.

Un pobo se debe revisar na súa Historia, mais esta debe ser certa e non un libro de contos fantasiosos.

Os nosos MOZOS AGRADECERÁN, O ESFORZO CON CRECES.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.