Contra o fascismo e os seus herdeiros

Debido ás presións da «comunidade ucraína», deciden non ceder o espazo para a realización do acto. A razón: a iniciativa e o post publicado nas redes «promoven a apoloxía da guerra»

Polo Comite Antifascista Lourinha

Deplorable actitude fascista por parte de grupos fascinerosos en Mos

Este xoves, 22 de xuño, a Asociación Eslavos En Galicia e o Comité Antifascista Lourinha, tiñan previsto organizar un acto no CSCD As Pedriñas en Mos, en conmemoración ao 78 aniversario da victoria da URSS contra o nazismo. O acto tiña como obxectivo proxectar o documental «Os disfraces do fascismo» (2019) realizado pola directora rusa Tatiana Borsch e proceder posteriormente a un coloquio-debate coas persoas participantes. O acto era aberto a todo público.

O acto contaba ca autorización do propio CSCD «As Pedriñas» que, desde o primeiro momento, non puxo ningún impedimento para o desenvolvemento de dita iniciativa. Por esta razón foi divulgado, vía redes sociais, o cartaz do acto para a súa difusión entre a comunidade.

Unha vez publicado o evento, o pasado luns 19 de xuño, a xunta reitora da Comunidade de Montes de Tameiga, entidade que xestiona as actividades no CSCD «As Pedriñas», contacta co Comité Antifascista da Lourinha informando que, debido ás presións da «comunidade ucraína», deciden non ceder o espazo para a realización do acto. A razón: a iniciativa e o post publicado nas redes «promoven a apoloxía da guerra».

Con esta xa é a segunda vez que este acto é censurado en dous Concellos diferentes. O primeiro deles foi en Vigo o pasado 19 de maio no Centro Cívico Casco Vello. Se ben desde este centro, argumentaron como razón para a suspensión deste acto a necesidade de utilización dese espazo por parte da Xunta Electoral de Vigo con motivo da campaña electoral municipal, outras fontes confirmaron as mesmas razóns que no caso da suspensión do acto en Mos: presións por parte da comunidade ucraína para suspender este acto por consideralo «antiucraíno».

Por este motivo, dende a Asociación Eslavos en Galicia e o Comité Antifascista da Lourinha queremos manifestar o seguinte:

1. Deplorar e rexeitar vehemente estes actos impulsados por membros da comunidade ucraína establecida na Galiza, cuxos actos resultan intolerábeis para a saúde democrática dunha sociedade xa que presionan e ameazan a un centro cultural, dun xeito sen precedentes e abertamente indignante, decidindo as iniciativas que se poden ou non realizar. Actitudes intransixentes que, visto dende unha perspectiva máis profunda, evidencian comportamentos de corte «fascista».

2. A censura deste acto senta un precedente moi perigoso, constatando deste xeito a impunidade e a normalización de actitudes claramente fascistas e antidemocráticas que non deben ser permitidas na nosa sociedade. Somos conscientes de que, se non revertemos esta situación, este feito podería repetirse novamente e incluso agravarse.

3. A «apoloxía da guerra», o principal argumento polo que se decide cancelar dito acto, é un disparate. Primeiro porque foi o réxime ucraíno, emanado dun golpe de Estado en 2014 que contou co apoio occidental, quen deu o «pistoletazo de saída» desta guerra.
E segundo, porque a xunta reitora do centro veuse na obriga de asumir (queremos pensar que por coacción e temor a actos reaccionarios e violentos) os argumentos esgrimidos por este grupos de fascinerosos. Isto evidencia que toda liña discursiva que non baile ao son da OTAN e do imperialismo estadounidense é perseguida, criminalizada e silenciada.

4. É alarmante o silencio das forzas políticas, principalmente por parte da esquerda institucional, perante a apoloxía destes actos fascinerosos que raian claramente no «fascismo» e que son pasados por alto e que, incluso nalgúns casos, contan coa permisividade das institucións do Estado español. Este feito provoca que estes grupos de intolerantes, fascinerosos e incluso apoloxistas de actitudes fascistas, síntanse co apoio necesario para presionar, intimidar e cancelar iniciativas de debate como a anteriormente mencionada.

5. As actividades desta índole son fundamentais para concienciar aos cidadáns sobre a ameaza do fascismo. Por tanto, non podemos permitir que a historia se volte repetir.
Que se pode agardar de grupos que coaccionan a entidades e institucións para evitar o debate plural e público a través dun acto que alerta sobre os perigos do fascismo? Acaso con estas actitudes, estos grupos non están facendo causa común con esa ideoloxía?

6. Esperamos e instamos a que o CSCD «As Pedriñas» recapacite e sexa consciente do perigoso erro que supón ceder perante as presións destes grupos fascinerosos. Neste caso, ucraínos residentes na nosa Comunidade, que con estas actitudes dan clara mostra dun talante fascista e intolerante.

7. Seguiremos desenvolvendo a nosa actividade nas rúas e espazos públicos. Alertar, denunciar, e combater o avance do fascismo é un imperativo fundamental para calquera que se considere demócrata.

En Mos e Vigo, a 20 de xuño de 2023

Asociación Eslavos en Galicia
Comité Antifascista da Lourinha

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.