Quen foi José Mujica? Un verdadeiro faro de luz nun mundo a escuras

Que a súa grandeza como político como espírito de perseveranza, de empeño polo ben do seu pobo, tivo que se involucrar na loita armada, pois, esta sería a única forma de conseguir a democracia e a melloría de vida para os seus concidadáns.

Por Jose Vieira | 27/05/2025

José Alberto Mujica Cordano, naceu na cidade de Montevideo no Uruguai, o día 20 de maio de 1935, falecendo o 13 de maio de 2025.

Popularmente era tratado mui cariñosamente co Pepe Mujica.

Foi un guerrilleiro, que estivo integrado no grupo designado polo Movemento de Liberación Nacional -Tupamaros, os anos 60 do século XX.

Estivo prisioneiro por esa mesma razón, entre os anos de 1972 a 1985, o que coincidiu coa ditadura militar, resultante da unión de elementos fascistas cos militares.

Foi membro e líder da formación política máis integradora do Uruguai, o Fronte Amplío.

Paralelamente desempeñaba a súa paixón desde sempre de ser un floricultor/agricultor e. político apaixonado polo ben estar dos seus concidadáns e desexando os deixar nunha democracia de verdade e como tal concorreu polo seu partido á Presidencia da República Oriental do Uruguai, sendo elixido e, asumindo o respectivo cargo desde 1 de marzo de 2010 até ao día 1 de marzo de 2015. Retirouse non concorrendo a reelección polo seu desexo expreso.

Mantivose activo até a súa morte, manténdose como xefe de fila do Movemento de Participación Popular dentro do Fronte Popular.

Unha característica que creou unha auténtica lenda, que perpetuará para sempre, ligada ao nome do presidente Pepe Mujica, é o seu xesto de doar 90% do seu salario como presidente, que era cerca de 12.000 dólares, Mujica entregaba máis de 10.500 dólares mensualmente a organizacións benéficas, para axudar os máis pobres e, aos pequenos artesáns.

O Equipos Higher Educacion, publicou unha das súas posicións máis críticas e filosoficamente indiscutíbeis, sobre os males que o capitalismo estaba a xerar polo mundo, creando unha obsesión dos ricos se tornaren cada vez máis ricos, a custa de levar os pobres a cada vez máis pobres e a extinguir a clase media.

Collamos un José Mujica con cerca de 20 anos, altura en que este mozo se sentía xa bastante definido e, así ideoloxicamente se integraba nas esquerdas, téndose tornado membro do partido PN, na súa rama defendida polo antigo xefe Luís Alberto Herrera, ou sexa na liña do chamado “herrerismo”. Estes estaban asociados aos ruralistas doutro xefe tradicional, Benito Nardone.

Mujica, acabou por se xuntar ao grupo de Enrique Erro, que se tiña separado do PN e, nas eleccións de 1962, fixeron unha calamitosa asociación co PS, que agora era liderado por Vivian Trias e non polo seu anterior Frugoni, que resultou nun autentico fracaso.

O mozo Mujica sen deixar de ser “herrerista”, se incorpora a un movemento recentemente-nacido, designado de Movemento de Liberación Nacional-Tupamaros.

Esta era unha organización en cuxas súas filas se encontraban unha certa mestura de socialistas como el, anarquistas e das máis diversas ideoloxías.

Entón por eses tempos algo de completamente imprevisíbel, o esquerdismo de Frugoni pasa a tradicionalismo nada progresista nin social e en contrapartida o tradicionalismo de Vivian Trias, se torna progresista e social. Cousas estrañas, mais que cambiaran ese microcosmos.

José continuou a seu sendeiro, sen nunca abdicar do seu pensamento ideolóxico integrado polo socialismo nacional e periférico, soportado en obras de eminentes escritores como Alberto Methol Ferré, Carlos Real de Azúa, Roberto Ares Pons e outros.

Defendeu que o tempo non é de modo algún só tempo produtivo, mais tamén onde coexisten as loitas os cariños as causas por ideais, e os seus afectos.

Que a terra non é só a madre das producións, mais tamén onde se encontran as súas orixes e onde se encontran os seus antecesores a quen deben todo o respecto e obrigas na busca dun mellor lugar para os seus descendentes.

Estabamos nos tempos da revolución cubana e da china.

Estaba a verse un xiro na esquerda ao nacionalismo, se estaba perante o eixe, de nación e antinacional fundamental nas organizacións que levaban as rédeas das organizacións das loitas políticas e armadas dese mundo armadas, dese mundo a que podemos chamar periférico.

Estabamos os tempos da revolución cubana e da china.

Paralelamente, o PN, non era máis un partido tradicional, no que respecta súa visión política. Se estaba a encamiñar por un sendeiro moito máis progresista, digamos máis liberal e anti estatista. Por outro lado, o PC, deixou de ser o partido da modernidade, mais si do estatismo e do intervencionismo.

Mujica entón comeza a tomar un protagonismo moi especial, sobre todo ao ser recoñecido polo seu pasado como guerrilleiro.

Comezou a ser non só respectado a nivel interno, como comezou a ser coñecido e admirado a nivel internacional.

O seu ascenso político, comezou a ser cada vez máis apreciada e ao mesmo tempo se foi consolidando polo seu carácter impoluto e onde todos recoñecían a súa capacidade intelectual e política, e a súa enteireza moral.

Mujica a pesar do seu pasado de guerrilleiro, abrazou a democracia parlamentaria e renunciou, como é evidente a calquera violencia, sea de calquera orde.

Mujica foi tamén un pedagogo, que sempre se preocupou en que as súas intervencións puidesen ser comprendidas a todos os niveis, nunca foi un elitista, nunca foi soberbio dos seus dotes de gran político ao servizo do seu país e sobre todo dos máis humildes.

Sempre deu a impresión que a súa orientación da e na política, actuaba como “se non estivese a avaliar os seus custos persoais, actuaba en función do que sempre lle parecía o mellor para os seus concidáns.

Era extraordinariamente intelixente e, cun sentido político de extrema oportunidade. Moitas veces foi alcumado polos seus inimigos como sendo unha astuta raposa.

Xamais se viu a súas actitudes que buscase beneficios materiais para si propio. Sempre se comportou xunto aos seus cidadáns con total dedicación, aquilo a que chamamos “dedicación de alma e corazón”.

Normalmente ao lado dun gran home case sempre se encontra unha gran muller e, no caso de José Mujica así pasou.

Mujica viviu con Lúcia Topolansky, que foi o seu gran amor e, que actualmente ten 80 anos e que foi a compañeira de josé Mujica durante 40 anos, ou sexa, toda a súa vida.

Lucia Topolansky Saavedra, era un dos sete fillos de enxeñeiro civil e empresario da construción civil do Uruguai, de orixe polaca. Esta tiña unha irmá xemelga, que levaba o nome de súa madre Maria Elia.

Nacera en 13 de setembro de 1944, en Montevideo. Pertenceu ao partido Fronte Amplío, tendo sido a vice presidenta do Uruguai desde 13 de setembro de 2017 ata o 14 de febreiro de 2020, baixo a presidencia de Tabarés Vazquez e seu segundo mandato.

Foi unha estudante esforzada, distribuía a súa actividade de tempo libre entre ler, pintar, os seus deportes favoritos o voleibol e andar a cabalo. Posteriormente aínda frecuentou a universidade, no ramo de arquitectura, abandonando a carreira ao pouco tempo.

Mujica foi guerrilleiro e dirixía un grupo armado, pola súa parte Lucia súa compañeira, era a esperta en falsificar as documentacións necesarias xa que era unha persoa con boa formación e coñecementos de artes gráficas.

Roubaron bancos, foron prendidos, se escapaban das prisións e, estaban verdadeiramente enamorados. Como tamén referimos, eran, por tanto, membros da guerrilla de esquerda Tupamaros. Todo isto formaba parte da súa loita contra o goberno represor fascista de entón do Uruguai.

Que podemos dicir deste home enorme?

Que a súa grandeza como político como espírito de perseveranza, de empeño polo ben do seu pobo, tivo que se involucrar na loita armada, pois, esta sería a única forma de conseguir a democracia e a melloría de vida para os seus concidadáns.

Foron non haxa a menor dúbida un equipo que para alén do exemplo de vida para os seus semellantes, transcenderan o terreo, cunha lección de romanticismo que transcende a propia lenda de vida.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.