Como imos neste mundo de compadreos

Os USA, cren a pés xuntos, que como aínda teñen o maior poder bélico do mundo, poden afrontar un enfrontamento coa China e súa destrución, levando arrastro tamén a Rusia como están a facer, por encargo, usando a Ucraína.

Por Jose Vieira

Pensamos que non podemos lanzar foguetes ao ar, pois, imos máis mal, do que ben.

No entanto, non só os nosos dirixentes políticos estatais, como internacionalmente, o seu discurso, non é de atención á situación económica/política, mais antes polo contrario e, que todo marcha, co vento pola proa, e as augas están non só serenas como a terra prometida, está xa á vista.

Preguntamos, non será que estamos a pecar por exceso de optimismo, isto por un lado, mentres por outro será que non é bo alertar demasiadamente realista, sobre o estado do mundo ou será por mera irresponsabilidade.

Acabamos de ter coñecemento, que nun encontro, cun dos mediadores sobre o conflito Israel co pobo palestino, “os donos do mundo”, nos referimos aos Estados Unidos da América do Norte, se rexeitaron a permitir unha Paz negociada para o referido conflito.

Se está a pasar, exactamente o que en seu momento pasou coas posibilidades de acabar coa contenta, provocada pola invasión da Ucraína pola Rusia.

Non podemos deixar de reflectir, porque razón as actitudes dos USA, se repiten sistematicamente e, deixar unhas preguntas, que formularemos da seguinte forma:

Que quere os USA, do mundo en que vivimos?

Será que desexan impor as súas leis de forma absoluta (concertadas cos seus conselleiros de sempre os israelitas)?

Ou tratase dun grito de atención, declarado en forma angustiada, por parte da súa economía en crise, por un lado e, por outro, que a bandeira da economía agora a leva o bloque chinés?

Son cuestións interesante, a que a manipulación informativa, efectuada por eses señores (USA/Israel e seus socios, como fidelidade cega e comprometida da EU), non permiten que cheguen ao grande público, as certas situacións da economía e dos intereses somerxidos, así como os seus desexos canibalistas, de dominio sobre o resto do mundo, que aínda non está de xeonllos a seus pés.

Esta súa folla de ruta, está en marcha, pois para os mesmos socios enriba indicados, é intolerábel, que fosen superados polo grupo da China. Os USA, cren a pés xuntos, que como aínda teñen o maior poder bélico do mundo, poden afrontar un enfrontamento coa China e súa destrución, levando arrastro tamén a Rusia como están a facer, por encargo, usando a Ucraína.

O problema é que non conseguimos ver o enfrontamento coa China a través dun conflito por encargo. Neste fortuíto caso, os USA, se terían que implicar directamente.

Deixemos estes problemas de futuroloxia, máis que bélica, aos especialistas das guerras de “alecrim e manjerona”, e pasemos a asuntos evidentes do desenvolvemento económico.

Volvamos ao tempo da escola en que aprendiamos os varios tipos de cálculo de xuros (intereses) e, entre eles aprendemos o chamado cálculo de xuros compostos.

Este tipo de cálculo, chamado composto, é o que os xuros se van acumulando uns por cima dos outros, podendo se dicir, que é unha formula de facer crecer o capital inicial de forma exponencial.

En termos moi prácticos, partindo dunha importancia, esta multiplicada pola taxa de xuro, se obteñen unha importancia que é o custo dese capital inicial nese período, este novo valor se engade ao capital inicial e se repite a operación. Só que agora o valor xa é maior, pois, se adicionou o cálculo do xuro anterior. Este proceso se repite o número de períodos que sexan e o capital crece e crece.

A primeira conclusión a que queremos fixar, é de que cunha única taxa de xuros, se consegue obter cada vez máis ganancias.

Imos admitir que un determinado suxeito, non ten necesidade de utilizar de forma inmediata as ganancias de prestar diñeiro os resultados dunha inversión en vez dos “gastar”, os reinviste nun sistema de xuros compostos.

Así, vemos que o seu capital, cada vez que o inviste e o aplica a xuros composto, crece, como dirían, como “a espuma no leite a ferver”.

Gústanos dar testemuños de persoas que, non esconderon, entre outras esa vía para xuntaren unhas for, é o caso do grande financeiro americano Warren Buffett. Este o ten practicado á praza dos seus 92 anos de vida.

Tamén nos parece interesante que unha figura como a de o científico e matemático, coñecido de toda a xente como unha das cabezas máis brillantes do século pasado Albert Einstein, este afirmaba, que “a forza máis poderosa do mundo”, segundo el, que até a consideraba a oitava marabilla do mundo era o sistema de xuros compostos e engadindo “o que o entende gaña, o que non o perde”.

Falemos agora do aforro, este proceso permite que se teña diñeiro dispoñíbel, mentres o investimento o que permite é xerar desenvolvemento, crecemento e, como tal bloquea de forma gradual a depreciación da moeda. Aquí está unha defensa real, contra a inflación.

Podemos ver este sistema aplicado en investimentos na Bolsa de Valores, como inversións en divisas ou en bens inmobiliarios.

A rapidez de acumulación está en función do tempo da aplicación e como non da taxa aplicada. Pois, mesmo unha pequena taxa, acaba á praza do tempo xerar un grande capital, todo en función do tempo de aplicación.

A regra esencial, para o capitalista é non interromper a aplicación.

Posto estas consideracións, como podemos avanzar, son esencialmente os mais ricos, que normalmente posúen a maior capacidade de conseguir grandes cantidades de liquidez, que por sistema e operacionalidade, que na súa busca de acumular máis capital, utilizan os procesos de obter rendementos de forma composta.

O mesmo que as grandes empresas, pois, esta de unha forma xeral, non acostuman ter capital inoperante, dado que o seu obxectivo é crear cada vez máis beneficios, entón o seguen inevitabelmente é reinvestir todos os excedentes na busca de acumular no período seguinte, máis beneficios dos anteriormente obtidos.

Así o que podemos ver é por un lado, que quen xa é moi rico, ten a “case fatalidade” de se tornar aínda máis rico, o que acontece, case da mesma forma coas grandes empresas, que non soa reinvisten na súa tradicional actividade, como tamén o fan en actividades estratéxicas (que na maioría das veces non son do seu orixinal sector) mais, que lles poidan permitir, obter rendementos marxinades, superiores a unidade, o que lles permite crecer para alén do seus sectores, de aí se tornando conglomerados financeiros, a partir das súas bases industriais ou comerciais.

Estes procesos, están de tal maneira desenvolvidos no mundo en que vivimos, que como temos vindo a verificar, se trasladan por todo o mundo, utilizando case sempre o camiño das Bolsas de Valores.

Estas formas de aumentar, de forma constante e imparábel a concentración da riqueza en man duns poucos, é non só unha tendencia alcista, como unha forma de estar na economía capitalista liberal.

É unha práctica ensinada, en forma de fe relixiosa, primeiro pola Escola Austríaca de Economía (de Viena).

Esta foi fundada en 1871, na base dos principios de Carl Menger, que tivo varios enfrontamentos cos historicistas alemáns, como Gustav von Schmoller, que era un dos seus líderes e, que buscaban as regularidades interiores da economía. Menger abandonou esas buscas, situándose na procura e desenvolvemento de leis económicas, mais agora, de aplicación xeral e sen fronteiras.

Foron seus membros máis recoñecidos os seguintes, para alén de Carl Menger que deixou o seu impacto no escrito “Investigacións no método das ciencias sociais con referencia especial á economía”, Ludwig von Mises, Eugen von Bôhn-Bawerk e Friedrich Hayek.

Esta escola, veu a ter continuidade e refinamento, na Escola de Chicago. Desta academia, para alén dos que imos enumerar, ficou para sempre célebre a parella de Milton Friedman e súa muller Rose.

Esta escola, para alén da calidade dos seus profesores e investigadores, tivo e ten un peso político, a noso ver inapropriado, téndose revelado esa influencia, nin sempre correcta, no número de premios Nobel obtidos (prêmio instituído polo Banco Central da Suecia en honra de Alfred Nobel).

Imos os referir pondo as datas en que obtiveron o respectivo premio:

1976 – Milton Friedman

1979 – Theodore Schultz

1982 – George J. Stigler

1990 – Merton H. Miller

1991 – Ronald Coase

1992 – Gary Becker

1993 – Robert Fogel

1995 – Robert Lucas

2000 – James Heckman

2007 – Oger B. Myerson

2013 – Eugene Fama

2017 – Richard Thaler

2022 – Douglas Diamond

Nada menos do que 13, premios Nobel, o que pode significar, que a forza do capitalismo liberal e salvaxe americano, impuxo e impoñen as súas leis dunha forma despótica até nos premios do Banco Central da Suecia, creados en homenaxe e Alfred Nobel.

Non somos quen, para os desprezar o mellor os seus traballos, o que non tamén capaces de imaxinar que a economía científica teña un auténtico funil, ou un exclusivo sentido único.

Así, o que non podemos deixar de pensar que é estraño, que houbesen 13 premios de apoio as teses do capitalismo salvaxe, mentres en diversos temas de grande transcendencia económica e en 46 anos, só houbesen 33, distribuídos por centenares de excelentes Escolas de Economía espalladas por todo o mundo.

É como mínimo estraño non parece?

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.