Nesta programación, ademais da AJA-Galiza, colaboran A.C. Pertenza, Asociación Lobisome, Portas Ártabras. Amigos dos museus de Galicia, Ateneo Ferrolán e a Libraría Pedreira.
A Associaçom José Afonso (AJA – Galiza) colabora coa presentación do libro «José Afonso, todas as canções, partituras, letras e cifras» que reúne 159 cancións da autoría de José Afonso, compiladas e transcritas por Guilhermino Monteiro, José Mário Branco, João Lóio e Octávio Fonseca.
Trátase dunha publicación fundamental para quen quixer coñecer máis de José Afonso, un xeito de revivir as emocións que nos transmiten as súas músicas e as súas letras, ademais de continuar a espallar as súas ideas de solidariedade e liberdade. Así, esta publicación é un elemento de grande utilidade para quen queira aprender e interpretar musicalmente os temas de José Afonso.
A AJA-Galiza convida a asistir as presentacións deste libro programadas do 23 ao 27 de novembro en Vigo, Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Ferrol e Compostela, que contarán co acompañamento de diversas actuacións musicais.
A vasta obra discográfica de José Afonso, iniciada en 1953 e concluída en 1985, constitúe un manancial inesgotábel de inspiración e de aprendizaxe. Grazas ao seu talento excepcional, renovou a canción popular a partir da tradición musical en que se iniciou, integrando novas influencias e marcando decisivamente as xeracións seguintes.
Ademais de rachar preconceptos sobre a canción protesta e de intervención, esta compilación que reúne as partituras de todos os temas que gravou, con cadansúas letras e diagramas, mostra a súa extensa obra que contribuíu para elevar os padróns de calidade no uso da palabra cantada en Portugal.
Despois de dúas edicións en 2010, pola súa boa acollida, o libro volve estar dispoñíbel coa edición e distribución a cargo da Associación José Afonso e este mes chega tamén ao noso país da man dos seus autores.
Nesta programación, ademais da AJA-Galiza, colaboran A.C. Pertenza, Asociación Lobisome, Portas Ártabras. Amigos dos museus de Galicia, Ateneo Ferrolán e a Libraría Pedreira.
Programa:
Terça-feira 23 de novembro às 20h
Lugar: Libraria Cartabón. R/Urzaiz 125, Vigo.
Apresenta: Xoán Manuel Estévez Freijeiro
Intervenhem: Henrique Marques, António Pimenta
Intervençom musical: Su Garrido e Xico de Carinho
Quarta-feira 24 de novembro às 20h
Lugar: O faiado da memoria. Praça Ravella, Vila Garcia de Arousa.
Apresenta: Antón Mascato e Dolores Camba
Intervenhem: Henrique Marques, António Pimenta
Intervençom musical: Xico de Carinho
Quinta-feira 25 de novembro às 19h
Lugar: Portas Ártabras. Amigos dos museus de Galicia. R/Sinagoga n22, A Corunha.
Apresenta: Felipe Senén
Intervenhem: Henrique Marques, António Pimenta e Guilhermino Monteiro (coautor)
Intervençom musical: César Morán grupo e Xico de Carinho
Sexta feira 26 de novembro às 19h
Lugar: Ateneo Ferrolán. Apresenta: Antón Cortizas (Mestre jubilado, escritor e poeta)
Intervenhem: Henrique Marques, António Pimenta e Guilhermino Monteiro (coautor)
Intervençom musical: María Manoela e Manolo Bacalhao
Sábado 27 de novembro ás 12h
Lugar: Livraria Pedreira Santiago de Compostela
Apresenta: Dolores Camba
Intervenhem: Henrique Marques, António Pimenta e Guilhermino Monteiro
(Coautor)
Se el primero en comentar