Coincidencias ou oportunidade so para uns cantos

en dous minutos, na Bolsa de Nova York, 4.497 contratos, “cambiaran de mans, ou sexa, de operadores”

Por Jose Vieira | 8/04/2026

Sempre ouvimos dicir que se debe aproveitar as oportunidades que nos xorden, pois, estas en xeral só aparecen unha vez na vida.

Polo menos era o que nos dicían os maiores, que coa súa experiencia, tentaban mostrar os mellores camiños, aos que comezabamos a loita pola supervivencia, nestes medios hostís en que a maioría nos creamos.

Xa entón, algúns de nós sospeitabamos, que as oportunidades non xurdían por acaso, ou polo menos nin todos os socios do noso tempo, tiveron a posibilidade de probar oportunidades da mesma calidade que uns poucos cantos.

Estas desigualdades de oportunidades, sempre nos fixeron ser escépticos acerca da igualdade dos seres humanos. Por tanto, desde tenra idade, comezamos a ver que había uns que eran máis iguais que outros e dentro dos que eran desiguais, podían ser por teren máis oportunidades ou polas teren moi máis interesantes que outros que tamén as tiñan.

Por experiencia propia, por veces até dolorosa, comezamos a entender que non só eran distinguidas as persoas que tiñan oportunidades, así como, tamén estes dentro dos que tiñan oportunidades estas tamén eran moi desiguais.

De simple sospeitosas, co andar dos anos, verificamos, que estas desigualdades, marcaban as alternativas clasistas da sociedade.

Verificamos que os seres humanos naciamos dun proceso de xeración idéntico, mais mal dabamos o primeiro grito de existencia, eramos completamente distintas, sobre todos os aspectos existenciais, excepto que eramos seres humanos.

Estas discrepancias, nos mostraron desde esa tenra idade en que abriamos os ollos para o mundo que nos cercaba e, onde nos pasabamos a confrontar coa realidade, que ao final todo eran diferenzas, e nada era o que parecía.

O proceso de cada un vivir, estaba dependente desas diferenzas, que en xeral sempre se procuraban enmascarar con ideas dun sistema estrutural, igualitario.

Estabamos caídos, como non, na trampa da vida dos que eran máis desiguais. Sendo esta desigualdade quere pola positiva quere pola negativa.

É neste momento que todo se complica, pois, nunca máis se encontra a punta do novelo, que se for debidamente desenrolado, permitiría que cada un dos sobreviventes humanos, chegase ao núcleo central dese enmarañado social.

Así por exemplo, podemos dicir que o señor que é presidente do país militarmente más poderoso, os USA, Trump, que foi elixido neste segundo mandato, cos votos “patrocinados polos seus financiadores, senón non sería elixido, ou polo menos así parece ser, algo tenderá que asegurar, como contra partida, en troco dos financiamentos, aos seus “sponsors”.

Se algo nos ten ensinado a vida é que moi poucas cousas se obteñen de forma gratuíta e, moi menos a compravenda de votos para unha elección no país, onde o denominador común das capas poderosas, só coñecen unha única contra partida, para os seus favores e, esa non é outra cousa que non sexan maiores oportunidades de se tornaren aínda más ricos e poderosos.

Nunha nosa publicación que sairá dentro en breve, mostro quen son os homes máis poderosos e, que son naturalmente os donos das redes sociais, por onde gañan fortunas a diario, estes estiveron como unha pinha, apoiando a reelección de Donald Trump.

Así o que vemos é que estes señores, como Mark Zukerberg, o principal dono da Meta, que poderá non dicir moito este nome Meta, mais lo entenderán se verificaren que é a dona de WhatsApp, de Facebook, etc., Elan Musk, o surafricano naturalizado americano, o principal domo dos automóbiles Tesla, e da rede X.

Máis estes e os seus grupos, non se fican por estas empresas. Isto como dicimos, é só a parte visíbel do iceberg, pois, a parte sumerxida, esta en aquilo en que co auxilio do partido republicano e moitos dos demócratas, que xenerosamente financian, foron transformando a economía americana, nunha rápida evolución, a un ritmo acelerado, deixando a produción, por unha economía de financierización.

Es que os negocios das accións son moito máis rápidos, para se amontoar cada vez máis ingresos e, por tanto, cada vez máis riqueza concentrada nos mesmos e polos mesmos.

Como afirmamos no inicio deste texto, estas operacións son realmente fontes duns ingresos fantásticos e que ocorren en minutos e, en movementos case instantáneos das bolsas de valores.

Para darmos unha idea de como o señor Trump funciona cos seus “amigos” patrocinadores, basta contar o que se pasou estes días na Bolsa de Valores de Nova York.

Presuntamente, debido a un “sopro informativo” das súas actitudes lóstrego, como os seus ataques sorpresa. Máis tamén declaracións ou insinuacións, que dalgún modo poidan ter influencia na marcha da economía.

Pois, non podemos esquecer que é un home que posúe o exército más poderoso do mundo e, que está a apoiar o criminal más grande probabelmente a seguir a Hitler, Benjamin Netanyahu, todo o que diga é relevante e pode alterar o mundo da bolsa, se se sabe con anticipación.

Así, en dous minutos, na Bolsa de Nova York, 4.497 contratos, “cambiaran de mans, ou sexa, de operadores”.

Este volume de operacións e a velocidade en que se transmitiron, non ten nada que ver co habitual, quere movemento ou velocidade de operativa.

Máis, o valor destes contratos, ascendeu a 1.500 millóns de dólares americanos. Foi o día 23 de marzo.

Se acumularon fortunas encima das existentes. Nada ese día se axustou a ningunha lóxica financeira, a non ser a especulación pura e simple, froito da información privilexiada que ese señor fornece aos seus achegados e, como é sabido tamén os seus cabeza operacionais, tamén se souberon aproveitar para o seu dono.

Cando xa estaba probabelmente satisfeita a súa voracidade canibalesca, así como, a dos seus socios, este suspende as ameazas sobre Teherán, a través das súas redes sociais, denominada Truth Social a las 7,05 horas.

Wall Street, estaba para abrir, naturalmente con pesadas caídas e, entón se recuperou en cuestión de minutos. E como non, o petróleo volveu a se situar por enriba dos 100 dólares o barril.

Palabras non son precisas máis.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.