![]()
Si Groenlandia cae en mans dos Estados Unidos, que é o que impide que, invocando a estratexia de seguridade nacional, detrás da súa anexión por parte de USA non vaia Islandia?
Por Celso X. López Pazos | 22/01/2026
Agora que o dereito internacional acaba de ser dinamitado logo do ataque dos Estados Unidos contra Venezuela, poñámonos na hipótese de que Groenlandia, un dos tres eixos de preocupación global da Estratexia de Seguridade Nacional da administración Trump ( os outros dous son Irán e Venezuela) cae en mans dos Estados Unidos e deixa de estar baixo a soberanía do reino de Dinamarca, para converterse no 51 estado da Unión ou nun estado Libre Asociado, tipo Puerto Rico.
Aceptando este suposto, cousa non difícil de aceptar, fagámonos agora a pregunta que se ten formulado xa, entre outros, Juan Antonio Aguiar, analista de xeopolítica coidadosamente silenciado pola narrativa informativa dominante: si Groenlandia cae en mans dos Estados Unidos, que é o que impide que, invocando a estratexia de seguridade nacional, Islandia non remate por caer baixo a soberania USA?
Resulta evidente que, tras estas dúas anexións forzadas, o resultado real xeoestratexico sería que a única potencia que controlaría, de forma total e absoluta, o importantísimo paso do Mar do Norte entre Islandia e Groenlandia serían os Estados Unidos.
E, seguindo coas preguntas, unha vez que os USA dominen Groenlandia e Alaska (xa o fan neste caso dende a súa merca a Rusia en 1867) canto tempo podería aguantar Canada as presións dunha USA desbocada e ultraimperialista?
E unha vez controlado todo isto, porque non controlar xa, como afirma Aguilar, todas as vías do Océano Atlántico, xa que este Océano afecta seriamente á Estratexia de Seguridade Nacional USA?.
Certamente, postos xa a anexionarse territorios e tendo en conta que o dereito internacional xa non existe, porque os USA, se pregunta Aguilar, pararían aquí e non se lanzarían á anexión das Illas Azores, as Malvinas e as Illas Canarias para así poder controlar o Atlántico dende Groenlandia ata Terra de Fuego?
Se el primero en comentar