Brincadeiras as xustas

Aprendín a falar galego na escola. Seguín a estudar algo no instituto e cando cheguei á universidade desapareceu academicamente da miña vida.  En resumo, que vou xustiña coa lingua que debería poder dominar.

Por Iria Bouzas

Fai un monte de anos escoitei a Pachi Vázquez dicir de Feijóo que tiña un galego “moi de laboratorio”

Naquel intre fíxome graza.

Agora xa non me fan tanta graza, por non dicir ningunha, as brincadeiras sobre o galego que falan os demais.

Vai para dezasete anos que vivo en Madrid. Nunca fun galego falante e na miña casa falábase en castelán.

Aprendín a falar galego na escola. Seguín a estudar algo no instituto e cando cheguei á universidade desapareceu academicamente da miña vida.  En resumo, que vou xustiña coa lingua que debería poder dominar.

Pero traballo duro para darlle a volta a esta desfeita idiomática e cultural.

Calculo que así a ollo, nos últimos anos a metade dos libros que teño mercado son en galego.

Na miña casa a tele non pasa moito tempo acesa porque non sobra o tempo para perdelo pero cando o está, tentamos que sexa na TVG.

Fálolle e cántolle á miña filla de un ano en galego porque inda que ela ten nacido en Madrid, non é discutible que a miña pequena é tan galega coma min.

As brincadeiras ou os desprezos sobre a maneira de falar dos demais non teñen graza pola mesma razón que non a teñen as brincadeiras sobre a xente que fala mal o castelán.

¡Son clasistas!

Ninguén con dous dedos de fronte fai burla de un obreiro valenciano porque escrebe en castelán con fallas de ortografía. Pareceríanos cruel e inxusto.

Pero agora parece que hai quen pensa que por seren galego falantes e facelo correctamente teñen dereito a facer burla dos que facemos o que podemos por manter a nosa lingua viva.

Pois estades a parecervos moito a uns que din non sei que de que hai que falar en español. Sodes o outro lado da moeda pero sodes o mesmo concepto clasista que da noxo.

Ando moito polo Twitter. E falo con xente que sen seren galegos gustan da nosa cultura.

Hai unha rapaza murciana, María, que dixo que se lle regalaba un libro en galego prometía lelo. Alá que foi un de Pedro Feijóo e ben que lle gustou.

Mesmo hai una muller norteamericana que di que se lle mando cousas as le. Despaciño, iso si, pero encantada de facelo.

Facemos o que podemos. Seica non facemos moito, ben o sei, pero aquí estamos tentando preservar o noso porque máis que noso é dos nosos fillos e fillas.

Brincadeiras para avergoñarnos por non ter un galego de manual mellor as xustiñas porque seica a alguén pode parecerlle para estoupar da risa, pero a min paréceme totalmente inxusto.

E non aturo as inxustizas. Son galega, levo no lombo e na alma superávit delas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.