Como financiar a crise (IV)

Por  José Vieira

Como vimos até agora, nos limitamos a indicar instrumentos institucionais, creados á praza dos tempos, que leva constituída a Unión Europea, tamén chamada Comunidade Económica Europea, especialmente deseñados para servir de apoios aos países do referido espazo.

Como sabemos, e diso temos experiencias non moi agradábeis, durante a crise de 2008, os medios financeiros, postos á disposición dos países que necesitaron de “rescates”, se serviron deses instrumentos para esa finalidade.

Tamén todos temos nas nosas mentes os problemas de acceso a eses financiamentos, que tiveron Irlanda, Grecia, Portugal e finalmente Chipre. Están colocados pór a respectiva orde, só faltando a España, cuxo “memuradum” de concesión do préstamo para os bancos, foi paralelo ás intervencións naqueles países.

Explicamos, que os tales memuradum, son os documentos en que están indicados non só os importes prestados, os fins destinados, así como as condicións, dos mesmos.

Todos os países intervidos, estiveron sobre a supervisión dun trío, conforme xa referimos, a que chamaron a Troica e como sabemos era composta por elementos do Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e a propia comunidade (dato o seu agreste comportamento, de broma os chamaban os homes de negro).

Cumpridos os obxectivos determinados, os respectivos países, se vían libres, da aturada fiscalización dos fiscais, encontrándose normalmente en situacións de vixilancia severa. 

Cabe, soamente engadir, que estas intervencións foron acompañadas, sempre por dúas palabras que aínda hoxe pesan sobre as cabezas dos cidadáns destes países: austeridade e recortes.

Estes problemas foron, o figurino concedido polos países do Norte de Europa, sempre coa Alemaña e a Holanda a cabeza, na anterior crise de 2008, pensamos que a palabra comunidade, non ten o mesmo significado en alemán, nin tan pouco en holandés.

Agora estamos perante un outro problema. Nos situamos, nun escenario dobre e diverso, por un lado unha pandemia (non unha epidemia), que resulta, se desenvolve exactamente no momento en que se despluma a maioría das economías mundiais, que é o segundo escenario.

Pasamos, directamente ao problema de non haber diñeiro, para resolver as necesidades do combate a pandemia, nos países do sur da Europa. Para a pandemia, para alén dos medios financeiros para repor e equipar os servizos de saúde, houben a necesidade de parar toda a economía, para evitar os contaxios, desde as máis grandes empresas até aos autónomos, servizos administrativos e naturalmente confinando as persoas en súas casas. Se suspendeu a vida totalmente no Sur da Europa.

No entanto, mesmo os países, considerados ricos e prepotentes do Norte da Europa, tamén comezan a sofres a pandemia, especialmente a Alemaña e o Reino Unido.

É evidente que a economía se estaba xa en fase de desaceleración xeral, en especial tamén no Sur da Europa.

Con esta situación, se perden miles de empregos, pechan miles de empresas, se suspenden traballos, se perde a industria hoteleira, se estabelece unha outra pandemia, esta de orde económica.

Só ten un recurso os países do Sur da Unión Europea, que é solicitar apoio financeiro à respectiva Comunidade.

De acordo cos instrumentos enumerados no anterior artigo, se comezou polo Eurogrupo, dos países de moeda común. Exactamente as reunións se sucederon e o resultado, non foi nada máis nada menos, do que unha rexeita da Holanda, da Finlandia, Austria e, como non, da sra.  Merkel da Alemaña.

A forma como os países do Norte, trataron os 9 do Sur, foi sen calquera tipo de prexuízo demasiado, unha humillación, total e absoluta, dicindo expresamente que quen manda nos mercados son eles e, como tal ditan as súas propias leis.

Segundo aqueles, “solidarios”, colocaron o acento tónico en 540 mil millóns, negociados no  eurogrupo, despois dunha serie de reunións, en que foron diminuíndo as resistencias, dos opositores,  quedando, só a oposición da Holanda e Alemaña, que estaban de acordo co préstamo, pero con grandes restricións, fortes medidas de  austeridade e responsabilidade, unicamente consignados a cada un dos países. No entanto, esta reunión do día 9 de abril, foi unha luz ao final do túnel.

Se non houbese a intervención do Banco Central Europeo, comprando masivamente bonos, probabelmente habería pánico no mercado financeiro.

Volvemos ao Mecanismo Europeo de Estabilidade, que actuou e vai actuar, se non houber un grande volva face nas próximas reunións do Consello, a favor dos eurobonos, subscritos pola comunidade como garante, o desastre estará eminente. Todo isto por unha miopía obstinada e egoísta, así como por falta de solidariedade comunitaria, por parte da Holanda e da Alemaña (atención que a Unión Europea, é unha Comunidade).

O Mecanismo Europeo de Estabilidade, é unha má herdanza da anterior crise, de 2008, de que algúns dos países aínda non están completamente curados. Se trata dun veleno político.

Non podemos deixar de referir que en calquera caso, cos instrumentos existentes, sen ter que necesariamente crear novos, como o caso dos eurobonos (que necesita dun consenso da unión),temos que nos preparar, para o discurso da sustentación da débeda, da responsabilidade fiscal, postos pola Alemaña e Holanda, coa  agresividade que coñecemos de antes, ou talvez aínda máis.

Non debemos esquecer que os niveis de débeda irán subir para valores xamais atinxidos.

Analizadas as distinguidas emisións de opinión dos dirixentes holandeses, así como dos alemáns, ambos para consumo interno, nos primeiros se nota un cada vez máis  intransixente posición, mentres que nas xentes alemáns, xa se nota algunha simpatía pola causa dos  eurobonos, a partir da entrada dos  coronavirus na Alemaña.

Tamén argumentan os negacionistas, que non é momento para se facer unha innovación tan grande como a  mutualización da débeda a través dos  eurobonos pois, xa existe un instrumento que é o Mecanismo Europeo de Estabilidade, para ese mesmo fin. É unha mentira e unha forma de perpetuar a  austeridade, que se verificou ser un fracaso en termos de economía. 

Queremos, no entanto, ter unha palabra de esperanza. Se for descriminalizadas as condicións do Mecanismo de Sustentación Europea, pois será desde xa unha canle aberta e ao mesmo tempo desencadeante dos OMT (outrigh- monetary- transactions), xa utilizados, ou sexan os instrumentos das transaccións directas do Banco Central Europeo. Neste caso particular, a propia Ângela Merkel aínda que co soporte dun  memuradum de entendemento, estivo con boa disposición, na altura. Esperemos que o volva a facer.

No fondo se trataban de operacións en que o Banco Central Europeo, tomou a cuestión como un risco- compartido, cun impacto non simétrico nos membros máis fortes e nos febles do euro zona.

Polo momento, o dano xa está feito, polos dous países do Norte, a única esperanza é aparecer algunha nova forma de se mutualizar as débedas e, que a señora Merkel perda o medo, de dicir que apoia, agora que vai deixar o goberno alemán.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.