Ao producirse o golpe de Estado declarou: “ nestes intres para min non existe máis que unha consina: VENCER UNIDOS AO FASCISMO. Esta aspiración franca e decidida determina que eu loite con entusiasmo, prestixiando os ideais de liberación”.
Por Telmo Varela
Según a ponencia: “Gallegos rojos en Asturias, rojos de Asturias en Galicia”:
“(…) En la fosa común del cementerio de Ceares, en Gijón reposan en poster y fraternal unión ,con los de otro millar y medio de seres humanos, los huesos de cincuenta y uno naturales de la región gallega. Gallegos que trabajaban y vivían en paz en Asturias, gallegos que llegaban por mar huyendo de la barbarie que ensangrentaba su tierra, gallegos de los regimientos golpistas que, una vez en el frente, desertaban a la primera oportunidad que se le presentaba…”
No cemiterio de Ceares están enterrados os comandantes milicianos galegos Arturo Vázquez Vázquez, Ursinio Arguellos Valles, Marcelino Fernández Fdez. E os capitáns Arístides Llaneza Jove, Franco Pando Argüelles, Isaac Pérez González, Paulino Rodríguez González entre outros moitos combatentes galegos que loitaban pola liberdade e a república. Segundo a documentación procedente do Arquivo Xeral da Garda Civil de Salamanca. A chama da loita e a resistencia non só se cinguía a Galiza. Moitos galegos e galegas marcharon do pobo a correr os camiños tras un sustento, arraigándose alí onde encontraban traballo. Organizáronse e loitaron polos seus dereitos e máis tarde na defensa da República. Moitos recolleron as súas cousas e a escopeta e se esconderon alá nos montes. Os buscaban os gardas civís por todas partes. O arroio cantaruxaba alí por onde transcorría “ Dorme meu neno, dorme tranquilo que o teu pai defende o teu pan a tiros.”
Este é o caso de Arturo Vázquez Vázquez natural de Palas de Rei, Chantada-Lugo, nado o 2 de Marzo de 1901, no seo dunha familia labrega moi humilde. Con 12 anos morreulle o pai e aos 14 anos a súa nai, por tal gallo marcha ás concas mineiras asturianas en busca de traballo para poder comer. Instalouse en Mieres, Cuenca Mineira do Caudal, alí compaxina o traballo na mina de día e pola noite ía a estudar.
Unha vez na mina o pisotearon e o machacaron, aínda así mantívose en pé, non se deixou someter e xurou que nunca o conseguirían. E así foi, afiliouse a UXT, chegando a ser un destacado líder obreiro e un gran loitador, preparando os mineiros para a loita. Sabía que os choros non dan a paz, non acaban coa explotación; sabía que había que aplastar ó fascismo e facer a revolución. Grande como unha montaña, Arturo Vázquez vai para construír en España un país de liberdade. O galego Arturo a batalla gañará; todos os pobos do Estado español seguindo a súa voz combaterán. A bandeira nunha man e na outra un fusil. confianza na mirada firme loitando ata o final. Nunca deixou que se lle escurecera a mente, sempre mirou de fronte á vida.
¡ A vitoria será nosa !
porque sabemos loitar
con unllas e dentes,
con rabia e tesón,
porque sabemos vencer,
porque sabemos morrer
mirando a morte de fronte.
Ao producirse o golpe de Estado declarou: “ nestes intres para min non existe máis que unha consina: VENCER UNIDOS AO FASCISMO. Esta aspiración franca e decidida determina que eu loite con entusiasmo, prestixiando os ideais de liberación”.
A propia Delegación de Orden Público fascista describe ben quen foi o Comandante Arturo Vázquez. Elo aquí: “… informes sobre la conducta y antecedentes político-sociales de Arturo Vázquez Vázquez, comprendido en la causa número 1268, natural de Palas de Rey (Lugo) de treinta y seis años, minero; tengo el honor de comunicar a V.S. que, según informes adquiridos y antecedentes que obran en el fichero de esta dependencia, el practicado individuo, fue jefe de la UGT, en Mieres con anterioridad al Movimiento. De ideas rabiosamente izquierdistas y de tendencia comunista. De pésimos antecedentes públicos y privados. Tomó parte activa en la revolución de 1934, siendo Lugarteniente de González Peña con el que intervino en el robo al Banco de España, logrando huir a Rusia.
Al iniciarse el Movimiento, tomó el mando del batallón que llevaba su nombre denominándose después Batallón Asturias 216. Fue jefe del Sector de Colloto y según Noroeste de fecha 18 de diciembre de 1936, fue Comandante Mayor del batallón Asturias 16. Se le supone autor de innumerables asesinatos de personas de Derechas. Activismo elemento revolucionario y de ideas siniestras y destructoras. Considerado elemento peligrosísimo para la causa Nacional. Le conocen perfectamente, D. Valeriano González del Olmo, 56 años y vecino de Mieres, calle Guadalhorce, número 3 y D. Isidro Martínez Santos, de 40 años, vecino de Ramón y Cajal, número 14, también de Mieres…”
A sentencia de 15 de Xaneiro de 1938 tamén destaca que Arturo Vázquez foi un dos revolucionarios máis destacados de Asturias, xefe da UXT de Mieres e das forzas das Concas Mineiras e Presidente do Comité Rexional do Sindicato mineiro, tomou parte activísima na revolución de Outubro de 1934, dirixindo destacamentos armados en Oviedo. Estivo reclamado por alixo de armas e o asalto ao Banco de España. Ao fracasar a revolución de Outubro de 1934 pasou a Francia e Bélxica, onde permaneceu ata que foi amnistiado tras o triunfo da Fronte Popular. Ao producirse o Golpe de Estado organizou o Batallón 216 do cal foi nomeado Comandante.
Arturo Vázquez deixou o pavillón galego moi alto. Un gran sindicalista, un líder mineiro indiscutible que revelouse como un destacado condutor militar, cunhas dotes extraordinarias para o combate e para a relación cos soldados.
Foi condenado a morte o 15 de Xaneiro de 1938, por un Consello Permanente de Guerra e xusto un mes despois, o 15 de Febreiro é asasinado en Xixón á idade de 36 anos.
Se el primero en comentar