A desindustrialización

Para que teñamos a consciencia das desigualdades mundiais, este grupo G7, representan soamente cerca de 13%, da poboación mundial

Por Jose Vieira | 28/01/2026

En xeral, os textos comezan case sempre por algo a que habitualmente designamos como introdución ou moitas veces, tamén chamados prólogo, aínda que menos utilizada esta palabra.

Moitas veces nestas análises, se consideramos, que os países cando deixan de ser fabricantes de artefactos, para seren importadores dos mesmos produtos que durante decenas de anos os fixeron ricos, ao desenvolveren un PIB, que ao ser moi grande e, repartido pola poboación do mesmo, dá un per cápita excelente.

No entanto, parece que ten sido a transformación destes mesmos países, dunha estrutura de fabricantes, deron un salto cualitativo, deixando de ser fabricas enormes para pasaren a ser autenticos talleres de servizos administrativos.

Máis, parece que o momento en que as poboacións deixaron de vestir a diario o chamado “mono” (que é unha especie de farda para afrontar as operacións de traballador fabril, sen estragar os seus completos), para pasaren a utilizaren a diario, os seus propios “traxes domingueiros”, os fixeron sentir máis importantes e, se sentiren dunha clase social, superior.

Esta situación, os fixos sentir máis importantes e, por tanto, probabelmente máis felices.

Este cambio da historia económica, que se procesa sobre todo despois, da segunda gran Guerra Mundial do século pasado (século XX, 1939/1945) e, por todo o mundo.

Desde que esta acabou, se estabeleceu unha reconstrución das zonas destruídas e se comezou a ollar, de como se podía conseguir que os produtos necesarios, poderían ser producidos, con custos cada vez máis baixos.

Esta idea de conseguir prezos cada vez máis baixos, seguían dúas principais razoes, que expresariamos por orde de importancia:

– A primeira era que os produtores (as empresas produtoras puidesen aumentar os seus beneficios)

– A segunda obter os mesmos produtos que antes, mais con prezos máis accesíbeis, no sentido de poder aumentar o volume de negocios.

Revolvendo os anos que decorren desde a revolución industrial, se foron desenvolvendo algunhas economías moito por encima da maioría, por esa razón, pasaron a designar, unhas clasificacións, en que se agrupaban os países terráqueos: desenvolvidos (ou industrializados), en vías de desenvolvemento, e os subdesenvolvidos (tamén chamados do terceiro mundo).

A par desta primeira agrupación, máis tarde pasaron a ser xuntados, sobre a denominación de G 20. Como se pode deducir do número que segue a letra significa, pura e simplemente aí se encontran vinte países e, que estes son os máis desenvolvidos.

Dentro desta clasificación de 20 países cuxas súas economías eran e son as máis desenvolvidas e probabelmente as máis ricas, sobretodo un pequeno grupo de 7 países que portan o estandarte de seren decisivamente os máis entre os máis ricos ou polo menos máis desenvolvidos.

Estamos a falar do Grupo G 20 e dentro destes, o subgrupo dos máis ricos e influentes, designados por G 7.

Este último grupo designado por G 7, foron os países, que desde a Revolución industrial, en especial, desde o medio do século XIX e, sobre todo o século XX, presentaron de forma perfectamente visíbel, unha industrialización, moito por enriba dos seus compañeiros do grupo G 20.

Así estes se destacan chegando a representar, máis do que dous terzos da produción manufactureira, do PIB Mundial.

Para que teñamos a consciencia das desigualdades mundiais, este grupo G7, representan soamente cerca de 13%, da poboación mundial (non chegando sequera a acerca de 1.100 millóns da poboación total mundial, respecto a un total de cerca de 8.000 millóns do total).

Se nos fixamos nos ingresos xerados por este grupo G7, podemos dicir con toda a seguranza, que estes acaparan máis de dous terzos, dos ingresos mundiais, quedando para o resto da poboación mundial de 6.900 millóns, un pouco menos do restante un terzo dos ingresos mundiais.

Sen irmos moito máis lonxe en consideracións éticas, o que podemos avanzar é o carácter de inxustiza manifesto, espantosa de desigualdade social e económica.

Esta aínda se torna máis, gritante, se recordarmos que deses ricos do grupo G7, cerca de dous terzos destes ricos, que dominan o mundo económica, financeiramente e, como non, a través do seu político, o republicano Donald Trump (el mesmo un deles, e especulador inmobiliario a nivel mundial) enormemente rico, por estes impostos, na presidencia dos Estados Unidos da América do Norte (USA) e, coa súa axuda e constante manipulación, dado ser o líder da potencia militar máis importante do mundo, impoñen a lei do máis forte.

Esta circunstancia, dun perfecto desequilibrio, que en principio debían facer que o resto do mundo se unise para non permitir este abuso prepotente, que ten como consecuencia a institucionalización, da desigualdade social, como algo inelutábel.

Posto isto, os donos do dominio económico e financeiro da economía mundial, por parte dos ricos dos USA, na súa imparábel busca de aumentar os seus beneficios, desenvolveron a liquidación das súas empresas en territorio dos USA, dedicandose a deslocalización da produción dos seus produtos industriais, de todo o tipo, para países do oriente, onde os prezos finais dos seus produtos, terían prezos de custo inferiores.

Estes mesmos, en xeral, os colocan posteriormente nos mercados, pois, a comercialización continúa a estar nas súas mans e, practicamente aos prezos anteriores (como eran como cando eran producidos nos USA), o que ten como consecuencia o aumento exponencial dos seus beneficios.

Máis isto, non podía durar eternamente, pois, un dos países para onde foron deslocalizadas as producións do occidente, falamos da China, de forma esencial, mais non soa, levou a unha dependencia total dos USA e seus socios, da China e seus outros países fabricas (India, Paquistán, Indonesia, etc.), para onde foron desprazadas as industrias dos G7.

Pero hai máis, pois, os G7, se contraeron dividas externas de importes completamente estratosféricas.

Pois, agora, os señores da economía mundial, os tales moitísimos ricos americanos, socios do seu presidente Donald Trump, están a dar a volta atrás, se apoiando no poder militar dos USA, para impor restricións non soa aos países para onde se tiñan deslocalizado as producións, así como impondo altísimos impostos aduaneiros a todos os que se manifestan encontra destas prepotencias de orde terrorista económica.

Entón, os ricos dos USA, están a dar volta atrás, da deslocalización das producións, mais impondo que o resto do mundo, mesmo os seus asociados, deixen de ser competentes, mais si, clientes sen dereitos a contestar nin a prezos, nin a condicións, a non ser ás imposicións do seu líder ditatorial Donald Trump.

Se está a implantar desde os Estados Unidos da América do Norte, non só unha ditadura política, do tipo sen lei a non ser as súas conveniencias, destruíndo todo o sistema xurídico internacional, a substituíndo pola lei do máis forte militar.

NON SERÁ O MOMENTO DOS EUROPEOS DEIXAREN DE SER COVARDES E AUTISTAS E SEREN DE VERDADE UNHA UNIÓN DE PAÍSES HERMANADOS NUN PRINCIPIO DE RESILENCIA ÁS PREPOTENCIAS DESE MAFIOSO FASCISTA QUE DA POLO NOME DE DONALD TRUMP?

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.