A continua colonización dalgúns países

Terían eses países do sur, posibilidades de non entregaren as súas materias primas aos países desenvolvidos, e as transformar eles mesmos?

Por Jose Vieira | 8/07/2026

Vemos todos os días, pola comunicación social que os países tradicionalmente exportadores de materias primas, non elaboradas ou semi elaboradas, firman contratos de fornecemento destas, a países más desenvolvidos.

Estas situacións, lonxe de seren esporádicas, son o día a día das relacións comerciais internacionais.

Así que, se estabelecen entre o comprador e o vendedor relacións comerciais, en que se estabelecen os prezos particulares dos produtos a transacionar, o seguen as cotizacións internacionais, determinadas polos respectivos mercados.

O que moitas veces acontece, é que a par de se estabelecer o prezo, se constrúen condicións de privilexio entre as partes, dado que esas mesmas poden ser vantaxosas para ambas as partes.

O que acontece, no entanto, é que esa relación comercial, non é reveladora dunha equidade entre ambos os intervenientes na relación.

Extraemos uns exemplos da comunicación social especializada, que pasamos a describir:

– O goberno da Arxentina acabou de pechar contratos de moitos millóns de dólares para a extracción e exportación de litio, con empresas multinacionais, pois, necesita urxentemente desas entradas de divisas.

– O goberno do Chile, fixo o mesmo, coa venda do seu cobre, máis acelerando o ritmo de entregas dunha forma imparable e, non pode abdicar de ter eses ingresos, pois a súa balanza de pagas o necesita, de forma inmediata.

– O goberno da Venezuela, que está financiado polo seu petróleo, non se pode permitir, diminuír o ritmo de entregas de petróleo, pois, non ten outra fonte de receitas e, é o pan para a boca e aínda máis neste momento en que se conxuga, o secuestro do seu presidente e, os espantosos terremotos que destruíron o país, causando millares de mortos.

– O mesmo se pasa na República Democrática do Congo, coa extracción do cobalto (que empregan na súa extracción, até os nenos, como traballadores, en condicións miserábeis), materia prima, destinada entre outras aplicacións, ás baterías dos coches eléctricos e, neste caso, dos producidos na Europa e destas exportacións, depende esencialmente a economía da R. D. do Congo.

A estas situacións se podían engadir, centenares doutras, en que aparecerían por un lado como vendedor exportador, un país en estado practicamente subdesenvolvido, ou polo menos cunha economía non moi industrializada.

É costume até dicir que se trata dunha cuestión, que se depara nos países que están no sur do hemisferio e, como tal, unha cuestión xeográfica de atraso económico.

Ponse aquí unha cuestión, terían eses países do sur, posibilidades de non entregaren as súas materias primas aos países desenvolvidos, e as transformar eles mesmos?

Pois, nos parece que a resposta está más que coñecida, non é posíbel, polo menos a curto e a medio prazo. Esta é a realidade que non se pode ignorar, en ningún momento.

Así, antes de avanzarmos más, gustaríanos dicir, que esta situación non sería tan alarmante, polo desequilibrio producido, así como, se trata dun acelerador en termos económicos do multiplicador da desigualdade no mundo e, se as relacións en termos negociades, fosen xustas ou polo menos moi máis equilibradas.

Máis o que podemos ver, de verdade, é que son relacións con cláusulas leoninas, ou sexa, nestas relacións, entre os países industrializados e desenvolvidos, quedan cos máximos beneficios, mentres os vendedores, quedan coa parte negativa, que resulta da perda das súas reservas de riquezas e a certeza que ceden súas vantaxes.

Esta situación, non é más do que algo que xa denunciamos, nun anterior texto, sobre a Teoría da Dependencia, algo desenvolvido sobre a situación real e, que foi teorizado, especialmente, sobre estas situacións de exportacións e explotación da América Latina, nas décadas de 60 e 70 do século pasado.

Trump utiliza para seus únicos e exclusivos intereses as chantaxes das débedas externas das súas presas. Xogando nas chantaxes sen límites e non se responden favorabelmente o tempo que el considera de aceptar, os ameaza como enriba indico, de invasión e expropiación das súas riquezas.

Non poderiamos deixar de referir, como esta situación en vez de se ir esbaendo no mundo en que vivimos, esta a asumir proporcións absolutamente terroristas e de inseguridade total, para os países detentores, sexa de que reservas sexan, desde que os interesados, sexan os Estados Unidos da América do Norte de Donald Trump, ou o seu ideólogo primeiro ministro de Israel, Benjamin Natanyahu.

Este é a forma do má débil ser sempre explotado, sen poder reclamar, rigorosamente nada, ao pai tirano.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.