50 anos de impunidade. Nin un máis

desde CEAQUA queremos denunciar a inadmisión das máis de 115 querelas presentadas no Estado español que esixen a investigación xudicial dos crimes contra a humanidade cometidos durante a ditadura franquista

Por CEAQUA | 16/08/2025

Despois de 50 anos da morte de Franco, aínda se manteñen impunes os crimes contra a humanidade cometidos durante máis de 40 anos de ditadura: asasinatos, desaparicións, traballo esclavo, espolio patrimonial, exilio, roubo de bebés, torturas, cárcere, represalias laborais, encerro de mozas en centros dominados pola Igrexa para o seu “control y reeducación”, etc.

Tras a morte de Franco o poder mantívose nas mesmas mans sen ningunha depuración tanto no exército, coma na xudicatura, na administración, nas forzas de seguridade, na estrutura política así coma na lexislatura. Un poder que reprimiu duramente unha maioría da poboación que tomou as rúas para loitar contra ese mesmo réxime que se mantiña a través do terror e para conseguir un Estado democrático de dereito. Un poder que construíu un muro de impunidade dos crimes franquistas.

O sistema de impunidade construído polos tres poderes do Estado despois da morte de Franco permanece até hoxe. Un poder lexislativo que mantén leis como a Lei de Amnistía, a Lei de Secretos Oficiales ou a Lei Mordaza. Un poder executivo que mantén unhas políticas de memoria histórica orientadas a recoñecementos institucionais moi insuficientes e a implementación de medidas de carácter administrativo e que omite deliberadamente calquera actuación que facilite o acceso á xustiza. E un poder xudicial que se nega reiteradamente a investigar e axuizar os crimes contra a humanidade cometidos durante a ditadura franquista.

Centos de miles de persoas e os seus familiares que padeceron graves violacións dos dereitos humanos seguen en loita polo dereito a verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición.

Neste ano no que se conmemora o 50 aniversario da morte do ditador Francisco Franco e no que o Goberno programou con este motivo máis de 100 actos, desde CEAQUA queremos denunciar a inadmisión das máis de 115 querelas presentadas no Estado español que esixen a investigación xudicial dos crimes contra a humanidade cometidos durante a ditadura franquista.

Seguir mantendo políticas de impunidade que impiden a investigación dos crimes franquistas resulta incompatible con políticas de rexeneración democrática, cando estas son absolutamente necesarias para expulsar das nosas institucións as múltiples lacras herdadas da ditadura que aínda perviven.

Por todo o anterior, e en aplicación dos tratados internacionais de dereitos humanos ratificados polo Estado español, animamos as asociacións memorialistas e entidades sociais que se sumen a este manifesto para seguir denunciando os 50 anos de impunidade mantidos polo Estado español e exixir:

  • A derogación/modificación da Lei de Amnistía de 1977.

  • A modificación do Código Penal para introducir o principio de legalidade internacional

  • A elaboración dunha Lei de Secretos Oficiais acorde aos principios democráticos de transparencia.

  • A aprobación da Ley de bebés robados

  • A realización de informe e censo sobre as graves violacións de dereitos humanos da ditadura franquista para garantir o acceso a xustiza e a reparación.

Este Manifesto será presentado a todos os grupos parlamentarios do Congreso o próximo 27 de setembro, así como tamén en distintas instancias internacionais.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.