Dos partidos representados no Bundestag, só o BSW e o Partido da Esquerda están en contra do rearmamento alemán
Por Mark Ellmann | 1/02/2025
Estas eleccións federais teñen lugar de xeito antecipado porque o chamado «goberno do semáforo» liderado polo SPD está roto por mor da cuestión de como financiaren o seu orzamento de rearme e guerra. Non obstante, isto non detén a devandita política de rearme e guerra. No entanto, e baixo un novo goberno, existe o risco de esta política ser ainda máis estrita. Estados Unidos quere a guerra contra a República Popular Chinesa, polo que Donald Trump demanda un 5 por cento da PIB como novo obxectivo de gasto en armamento. Segundo o Orzamento Federal, sería máis do que un de cada tres euros. A principal candidata de AfD, Alice Weidel, acepta isto inmediatamente. O máximo candidato do Partido Verde, Robert Habeck, esixira anteriormente un 3,5 por cento, é dicir, máis de un de cada catro euros. Dos partidos representados no Bundestag, só o BSW e o Partido da Esquerda están en contra do rearmamento alemán, contra o estacionamento de mísiles estadounidenses en Alemaña e contra a reintrodución do servizo militar obrigatorio.
De cara á guerra de Ucraína, ambas as partes esixen que Alemaña apoie a iniciativa de paz chinesa. Cando se trata de como se podería rematar a guerra en Ucraína, o partido «Die Linke» está guiado pola metodoloxía da clase dominante. No seu borrador de manifesto electoral, pide «sancións máis específicas que teñan como obxectivo directamente o cofre de guerra do Kremlin», e Rusia é constantemente clasificada como «imperialista». Porén, non se menciona a política bélica dos centros imperialistas e da OTAN. En contraste co programa electoral do BSW, non se menciona o xenocidio de Israel contra os palestinos nin o apoio alemán a éste. O grupo do BSW no Bundestag, pola súa banda, pide un embargo inmediato de armas contra Israel.
O goberno federal segue entregando con dilixencia municións a Israel. Descrito oficialmente como por «razóns de Estado», o apoio incondicional ao goberno israelí na súa guerra contra o pobo de Palestina alimenta o odio racista. O descontento contra os supostos estranxeiros catalízase para que non se plantexa a cuestión social e a ira non se dirixa contra a clase dominante. A finais de xaneiro recibíronse ameazas de bomba contra as mesquitas de Colonia, Essen e Duisburgo. Os correos electrónicos destas ameazas fascistas piden «cámaras de gas» para os palestinos. Non hai consecuencias. Pola contra, a axitación racista contra os «estranxeiros criminais» convértese nun éxito de campaña como ocasión para a división. Despois do ataque de Aschaffenburg, no que morreron un axudante e un neno de dous anos e unha nena de dous anos resultou ferida grave, a principal candidata do BSW, Sahra Wagenknecht, culpa agora ao chanceler Olaf Scholz deste acto de violencia e reclama «consecuencias» por isto. Ela súmase así ao coro dos que piden a deportación dos «solicitantes de asilo delincuentes», e así soa a CDU. Todos os partidos do Bundestag, a excepción do Partido da Esquerda, piden devolucións ilegais nas fronteiras e deportacións a zonas de guerra cando se trata de cuestións de asilo e migración. O documento de reivindicación racista do líder da CDU, Friedrich Merz, tras o atentado de Aschaffenburg , fala por si só.
É cuestionable se o BSW, ao adoptar as demandas da CDU para as deportacións, ou o Partido da Esquerda, coa súa retórica de guerra económica compatible coa OTAN, poden demostrarse como un útil brazo parlamentario do movemento pola paz. Sen dúbida , isto depende de que persoas estean representadas no Bundestag. En Berlín, por exemplo, está na carreira eleitoral Sevim Dagdelen, unha importante voz do movemento pola paz, e crítica coa OTAN. O antifascista de Neukölln Ferat Koçak, entre outros, preséntase polo Partido de Esquerda.
Artígo publicado orixinalmente en alemán en Unsere Zeit, Órgano do DKP (Partido Comunista Alemán) e traducido ó galego para Nueva Revolución por JFKastro
Se el primero en comentar