Suxeito de ruptura

Por Sara Outeiral

Coma cidadá, muller e feminista non pode deixar de preocuparme o auxe da extrema dereita e a imposibilidade da esquerda de darlle axs cidadás unha alternativa de ruptura co réxime.

Declaracións de Santiago Abascal (Vox) para derogar a lei contra a violencia xénero son so o inicio de propostas que fan perigar os dereitos humanos de todas as mulleres. Pablo Casado (PP) propoñendo baixar o SMI. Albert Rivera (C ́s) créndose o abandeirado do feminismo defendendo a xestación subrogada. Todos eles incluíndo con demagoxia en cada debate o dereito dos pobos a decidir, o dereito a autodeterminación.
Aquí a cuestión, o relato do medo e victimismo lles funcionará?

Ademais, atopámonos cun Unidas Podemos debilitado e fracturado, un Psoe que non é máis que unha falacia que non se pode etiquetar coma partido obreiro e si un aliado do réxime máis outros actores que non conseguiron soportar todos os cambios políticos e sociais. Estamos nun momento de descomposición/refluxo e futura recomposición da esquerda. O ciclo do 15M rematou e a ilusión por un suxeito de ruptura quedou frustrada polas trabas internas, un discurso demasiado moderado e as falacias desta decidida extrema dereita.

Logo desta reflexión nada optimista de cara as eleccións, creo que debemos saír de igual forma a votar con responsabilidade en cada territorio, votar a esquerda do Psoe. Non vos tomedes o meu análise coma un chamamento a non exercer o noso dereito, senón que todo o contrario, un chamamento a construír un verdadeiro espazo de ruptura adaptándonos as circunstancias actuais.

Dende o meu punto de vista sobre todo debemos apoiarnos nos movementos sociais e tomar exemplo deles: O movemento feminista, os/as pensionistas, o movemento polo cambio climático, o sindicato de inquilinas,… A organización da xente da rúa é a que trae un raio de esperanza para mudalo todo. Conseguir loitar para a maioría social agredida, para as clases populares, cun proxecto forte, horizontal, feminista, anticapitalista, antifascista, ecoloxista por e para todxs. Un espazo onde volvamos a inundarnos do municipalismo do 2015 e a unidade popular non sexa unha loita de cotas de poder. Conseguir facer fronte ao impulso das oligarquías cun discurso valente que se rearme contra á austeridade, a precariedade e ás políticas neoliberais.

“A peor loita é a que non se fai.” Karl Marx

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.