Quen foxe ao pagamento de impostos, ou quen rouba o benestar da poboación (II)

ten aparecido listas de depredadores, que foron ofrecidos, por gobernos doutros países, ao verificaren que eses mesmos, obtiveron documentación que sería extremadamente útil para perseguir os defraudadores doutro país amigo

Por Jose Viera

Como sabemos, á praza da historia mundial, se van coñecendo situacións confusas, para o común dos mortais, mais, naturalmente moi ben determinadas e estudadas até a extenuación, polos chamados expertos das actividades defraudadoras dos fiscos, dos seus respectivos países, eses que no anterior texto designamos por expertos en PRÁCTICAS DE FISCALIDADES AGRESIVAS.

Estes despachos, compostos por especialistas nas varias vertentes, necesarias para que as evasións fiscais sexan exitosas para os respectivos defraudadores.

Claro que por outro lado, desenvolveronse varios grupos de individuos ou agrupacións multidisciplinares, que dunha forma sistemática e metódica, foron tentados a conseguir desenmascarar eses expertos en prácticas delitivas e sobre todo, os seus beneficiarios, ou sexa, os seus clientes evasores.

Tratouse, dunha busca por parte de entidades independentes que procuraron desenmascarar quere os beneficiarios desas actividades delitivas e polo outro lado, os executores desas prácticas. aparecen os chamados.

Esas investigacións, estenderonse, non soa polo campo económico/financeiro, mais tamén no que toca a segredos políticos e militares. Recordemos un dos grandes investigadores, Julian Assange, que foi a vítima máis evidente da divulgación de documentos secretos da máis dubidosa moralidade e honestidade e, que se tornou albo da saña criminal dos servizos secretos americanos.

Volvendo ao que nos aten, no momento, as prácticas delitivas financeiras, nos iremos centrar en quen se ten implicado no seu descubrimento e cales os documentos encontrados.

Comezaremos por unha serie de documentos que pasaron a ser designados, de forma vulgar por PAPEIS, tomando de seguida os nomes do local donde estaban escondidos ou dos despachos onde se albergaban as respectivas probas dos delitos.

Por outro lado, tamén ten aparecido listas de depredadores, que foron ofrecidos, por gobernos doutros países, ao verificaren que eses mesmos, obtiveron documentación que sería extremadamente útil para perseguir os defraudadores doutro país amigo.

Recordemos por exemplo, unha operación levada a efecto polo Goberno alemán, que despois de pagar a un denunciante a cláusula de 5 millóns de euros, este proporcionou aos servizos secretos dese país, un documento nun CD, con datos que permitiron a eses servizos actuar sobre cerca seus cidadáns que ocultaran, cerca de 4.000 millóns de euros no LGT Group do Liechtenstein.

En febreiro de 2008, a AEAT española, confesou recibir unha información onde constaba o nome de 198 cidadáns españois, cuns cerca de 200 millóns de euros, en contas no mesmo banco enriba referido, o LGT Group.

Mais atención, a AEAT, en vez de abrir de inmediato os expedientes, enviou as listas o día 15 de xullo de 2008 ao Xulgado Central de Instrución n.1 da Audiencia Nacional, cuxo xuíz de entón, ordenou 19 dilixencias en varias provincias españolas, o que ficou sido coñecido por Operación Jade-Limusina.

Outro escándalo, moi coñecido se tratou da que se tornou célebre polo roubo dunha lista de defraudadores e, que foron roubadas polo franco/suízo Hervé Falciani. Este caso produciuse en 11 de marzo de 2010. Estas listas foron realmente roubadas polo señor referido, ao HSBC Private Bank Suisse. Este foi condenado a 5 anos de cadea, que non cumpriu pois se refuxiou en España.

Igualmente a AEAT, en vez de abrir de inmediato os expedientes penais, o que fixo, foi dar facilidades de regularización aos delincuentes, como que nada se tivese pasado.

Imos falar agora dun caso que foi practicamente posto debaixo da alfombra, para que non se falase, debidamente en máis este escándalo, pois, envolvía un dos máis intocábeis, honorábeis e impolutos homes, pertencentes á nata dos ricos españois.

Era o máis importante e coñecido Presidente do Consello de Administración dun Banco, por iso o réxime o tivo que esconder, para que pasase desapercibido e, máis, continuase a ser un dos sustentáculos dos Gobernos do Partido Popular.

Regresemos a xenesis ou orixe deste e o expliquemos. Así conforme referimos, Hervé Falciani, enriba referido, “en 2008 copiou os rexistros da súa empresa de entre os anos de 2006 e 2008, sucursal do HSBC Private Bank, na Suíza” e, desa lista, constaban nada menos nada máis de 100.000 posíbeis defraudadores fiscais repartidos polo mundo.

Da Axencia Tributaria española, relacionados coa lista referida, se encontraron cerca de 3.000 contribuíntes, sendo despois, de debidamente identificados, soamente se quedaran en 659 persoas físicas e dúas máis con personalidade xurídica.

Na altura o Secretario de Estado da Hacienda (en Portugal Facenda), era Carlos Ocanha. “Este confirmou que 558 persoas físicas foron notificadas, nos finais de xuño de 2010, o que denota unha dilación o tempo, que provocou que unhas 101 persoas obtiveron a prescrición das súas declaracións de IRPF así como do imposto de patrimonio” (558 + 101 = 659).

De entre as persoas físicas que ocultaron patrimonios, non podemos deixar agora de concretar o que deixamos en suspenso enriba. O tal Presidente do Consello de Administración que debe ser recordado é o señor Emilio Botin, na altura Presidente do Consello de Administración do Banco de Santander e, o seu irmán Jaime Botin, así como os fillos de cada unha destas personalidades.

O procedemento, da Hacienda, foi algo curioso, pois, en vez de levantar un calquera expediente, se lles enviou unha carta a solicitar o favor de presentaren declaracións complementarías, en seus casos (IRPF, patrimonio, etc.), coa finalidade de regularizaren a súa situación fiscal.

Todo ficaría esquecido e xamais constarían como persoas que tivera comportamentos menos correctos para cos seus concidadáns.

Case que diriamos que aos ricos e poderosos deste reino, que non só se lles permite evadir os impostos, como cando é evidente a súa defraudación, o se descobre, se lles suplica, con delicadeza e bos modos, que fagan o favor de se chegaren “á barriga ao contador” e pagaren, pois, todo se lles perdoa.

Ficando, virxen de pecado orixinal

Analizando como se comporta a Axencia Tributaria, en relación a estas defraudacións practicadas polos ricos, en termos operacionais, todo parece ser como llos que están faltosos se esquecesen simplemente de formalizaren as súas obrigas.

O Consorcio Internacional de Periodistas de Investigación (ICIJ), trouxen a superficie o chamado informe dos “Papeis do Panamá”. Esta situación foi revelada en abril de 2016.

Este escándalo, se ficou a deber a teren descuberto que o despacho de avogados e asesores fiscais, situado no Panamá e que se designaba por Moussak Fonseca, posuía, unha lista de clientas, (ou nomes) de nada menos, do que 213.634 e, que eran xestionados por ese taller.

Tratabanse de entidades extraterritoriais, constituídas, en polo menos en 21 espazos xurídicos distintos. No entanto, a maioría, cerca dos 90%, se situaban nas Illas Virxens Británicas, no Panamá, nas Seycheles e nas Bahamas.

Non quedaría completa esta indicación se non dixésemos que eran persoas dos máis altos patrimonios e encaixes da Unión Europea, as que posuían cerca de 9% das entidades representadas polo despacho de Moussad Fonseca.

De entre as persoas españolas que estaban directas ou indirectamente implicados nestas listas, os ingresos fiscais, que presuntamente se perderon, neste caso, se aproxima a algo como un pouco máis de 500 millóns.

Presentamos un cadro con base en datos estimados que poden dar unha orde de grandeza do que os ricos se subtraen ao pagamento de impostos:

Valores en millóns

País España

Beneficios evadidos

Receita fiscal perdida

Total de paraísos

14 .693

3.673

Paraísos europeos

12.111

3.028

Segue un terceiro texto sobre este mesmo tema.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.