Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Timor-Leste (I)

Por Jose Vieira

Timor, é unha illa e con variadas pequenas ilhotas ao seu  redor. Dentro desta illa existe un territorio, que se chama Timor Oriental, que é un país independente, partillando a parte liches da illa, coa Indonesia, posuíndo, aínda un pequeno territorio incrustado na parte occidental da indones no entanto, forma parte do seu territorio. A designación do estado en cuestión, chamase República Democrática de Timor-Leste.

Se trata dun país da Asia, moi próximo da Australia, pertencendo ao  arquipélago de Sonda,  onde se sitúa a Indonesia. A parte que está incluída dentro do territorio Indonesio se chama  Oecussi- Ambeno. A superficie do seu territorio rolda os 15.000 Km2, posuíndo unhas fronteiras, coa Indonesia de 253 Km. A súa liña de costa é de 706 Km.

A poboación, segundo o censo de 2003, rolda os 1.200.000 habitantes, cunha densidade de 71,45 habitantes por KM2. Capital é a cidade de  Dili. A lingua oficial é o portugués, aínda que tamén se fala unha lingua autóctona que é o  tetum.

O PIB é de 2.234 millóns de dólares americanos, sendo o seu per capita de 5.479 dólares americanos.

Posúe un clima tropical, bastante cálido, como tal, só con dúas estacións, unha seca e outra con choivas. O seu territorio é moi montañoso, tendo o seu pico principal e o máis alto, Foho Tartamailau, 2.963 m de altura.

As súas principais riquezas  minerais, son o ouro, o  manganeso e o  mármore.  Destacándose sobre todo nas últimas décadas o petróleo e o gas natural. Este país, sempre foi coñecido por un produto agrícola que é famoso en todo o lado e que se trata do café, considerado polos expertos, como un dos mellores do mundo.

Este país, foi unha antiga colonia de Portugal, pois foi por este colonizado desde os principios do século XVI. Os portugueses descubriron estas terras, o ano de 1512, téndose fixado entón nas súas madeiras preciosas, así como, no  sándalo de que eran ricas os seus bosques. Materia prima moi importante para a industria da perfumaría e para a fabricación de mobles de alto prezo. Tamén  colonizaran as illas de  Sumba e Flores, que, no entanto, coa chegada dos  Filipes á coroa portuguesa (Portugal estivo 60 anos sobre o dominio persoal dos reis españois, entre 1580 e 1640) se perderon, en favor dos holandeses.

Os portugueses, durante o período de administración do territorio de Timor-Leste, exerceron unicamente sobre este, un estatuto de interposto comercial e nunca como unha certa posesión  colonial, o que non pasou coas outras colonias portuguesas.

Despois da revolución de 25 de Abril de 1974, foi este antigo territorio declarado independente. No entanto esta independencia só durou unha semana, pois foi de seguida invadida pola Indonesia, co apoio americano, como máis adiante explicamos, tendo a Indonesia  arrestado o morto, os dirixentes, do recentemente estado, axiña.

O proceso de invasión, como dixemos, ocorreu poucos días despois de ser declarado independente. Esta invasión foi efectuada co apoio dos Estados Unidos, que coñecía o potencial económico deste territorio, polas súas grandes reservas en petróleo, esperando que lle fose concedida a explotación, unha vez que fose absorbido pola Indonesia onde a América do Norte xa explotaba outras xacidas petrolíferas. A Indonesia, contou co apoio expresado, do Presidente da América do Norte Richard Nixon e do seu  secretario de estado  Henri  Kissinger. Esta invasión se procesou, tres días  despois da reunión habida entre o presidente da Indonesia,  Suharto e do  secretario de estado americano Henri  Kissinger, ocorrida na capital  Jacarta. Estabamos a 7 de decembro de 1975 e Portugal concedera a independencia o día 29 de novembro dese mesmo ano. No podemos deixar de referir o apoio dado á Indonesia pola Australia, Holanda, para alén da América do Norte, a anexión de Timor-Leste pois, tratábase de repartir o  pastel do petróleo entre eles.

Non se podería deixar de referir, que a Indonesia, para alén dos asasinatos contra o paredón, de cidadáns indefensos  mauberes, tamén bombardeaba as pequenas aldeas do interior con bombas dun similar ao  napalm (este orixe ruso), o que resultaba, que todo o que aí existía ficaba queimado. Foi un auténtico xenocidio (práctica que fora seguida polos americanos no  Vietnam). Nos bombardeamentos foron usados os avións cedidos pola América do Norte, os  Rockwell  OV-10  Bronco, que tiñan como base o aeroporto de  Bacau.

O pobo  timorense sempre se opuxo a ser a 27 provincia da Indonesia, e como tal, armouse e desencadeou unha guerra de guerrillas contra os  invasores. Esta situación, foise arrastrando sempre coa oposición de Portugal, en todas as  instancias internacionais, sen gran éxito, sendo  arrestado e secuestrado na indonesia o principal xefe de Timor-Leste, o poeta  Xanana Gusmão.

Coa dominación de Timor-Leste polos indonesios, a poboación do territorio, comezou un largo período de emigración, dadas as imposíbeis condicións de represión que estaban a sufrir por parte do país  invasor. Comezou entón unha autentica  diáspora do pobo  maubere, ao exilio.

Como dixemos, o pobo  maubere se levantou en armas contra os indonesios, cunha guerrilla organizada en torno ás forzas locais independentistas, a  Fretilin (Fronte Revolucionario de Timor Oriental) e a  Apodeti, que antes se tiñan formado para obter a independencia do territorio, da tutela portuguesa.

A primeira acción dos indonesios, mal invadiron o territorio, foi destruír, todas as infraestruturas existentes, por un lado e o mesmo tempo, facendo matanzas indiscriminadas sobre a poboación, sempre que mostraban o seu desagrado, contra o país invasor, todo isto, co apoio do Goberno dos Estados Unidos da América do Norte e evidentemente da Indonesia. Igualmente tamén apoiaban a Indonesia, polo menos por omisión, no masacre do pobo de Timor-Leste, e a súa destrución, moitos dos países que hoxe forman parte da Unión Europea.

A intervención do goberno de Portugal de inmediato, así como a Asociación de Amizade Portugal con Timor-Leste, conseguira que o Consello de Seguranza das Nacións Unidas, a través da resolución 384, en 22 de decembro do mesmo ano da invasión, fose condenada por esta invasión a Indonesia.

Como resultado de toda a presión exercida por Portugal, na ONU, efectuouse un referendo no territorio. Esta acción soa foi conseguida 24 anos despois da invasión. O referendo tivo como resultado que os  timorenses votaron por unha maioría aplastante, pola independencia, a pesar das intimidacións efectuadas polo exército Indonesio, antes da chegada das forzas de intervención da ONU. Este referendo foi efectuado en 1999 e, despois dun período de administración da ONU, finalmente se declara, a independencia definitiva, en 2002.

Posteriormente a súa independencia, pasou como estado soberano de lingua oficial portuguesa, téndose incorporado na chamada Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (en siglas  CPLP).

Así este novo país de lingua portuguesa, iniciou un camiño cheo de dificultades, pois a dominación Indonesia, sobre o  patrocinio americano, non só destruíu o territorio, como provocou unha autentica limpeza étnica, sobre o pobo  maubere. Timor-Leste é o único país de fala oficial portuguesa en toda a Asia, excluíndo a cidade de Macau na China, e os territorios indios de  Goa, Damão e  Diu,  onde o portugués aínda se fala.

Estrañamente o non, en 1989, Timor-Leste recibe a visita do Papa, Xoán Paulo II, o mes de outubro, tendo a súa visita sido pasto de manifestacións  masivas, a favor da independencia do país, a pesar da intervención do exército da potencia invasora a Indonesia, tendo a súa intervención culminado de inmediato cun estudante morto. Os días seguintes foi feita unha homenaxe ao estudante morto.  A homenaxe, no cemiterio de Santa Cruz, terminou con nova represión brutal, sobre os manifestantes, sendo contados, máis de 200 mortos.

O día 14 de abril do ano de 2002, realizáronse as primeiras eleccións para elixir o presidente do país, saíndo vencedor o poeta e dirixente de Timor-Leste  Xanana  Gusmão.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.