Parece que dunhas decenas de anos a esta parte, a esquerda se esqueceu de que “a unión fai a forza”, preferindo desaparecer do mapa político como opción de goberno.
Por Jose Vieira
Todo comeza, cerca das eleccións, ou sexa, cando as distinguidas agrupacións, as que normalmente designamos por partidos políticos e tamén a grupos de veciños, que entran no mercado electoral, como se fosen a vender un peixe, que ao ter vindo de moi lonxe está medio podre.
Tamén debemos realzar, que os servizos de saúde da alimentación, nestes casos, non interveñen, pois, son en xeral, xulgadores e xulgados (tratase das comisións de eleccións).
Esta feira presentase, non como un encontro semanal, en que feirantes e os veciños compradores se coñecen desde sempre. Cada comprador, sabe quen son os que traen para venda, non só o peixe máis fresco, así como os mellores artigos de vestir e, ao mellor prezo.
O que de distinto pasa, é que esta feira, ou mercado (como se queira designar – aínda que gústenos máis de chamar feira), que só se organiza de 4 en 4 anos – ten uns tendeiros = a vendedores, distinguidos dos coñecidos habituais de veciños e compradores semanais, mais, aínda que, esa diferenza, estea unicamente na roupa con que se presentan e ou na máscara que ostentan.
Cada un dos tendeiros, que nos perdoen, tiñámonos esquecido de dicir que neste mercado quadrienal, os vendedores (tendeiros), designanse como políticos de quenda e, máis, pertencen non a agrupacións, máis ou menos democráticas, mais si, a estruturas ríxidas, con xerarquías ben definidas, cuxa relevancia dos votos fai recordar as auténticas organizacións “relixiosas”.
Podemos dicir que a obediencia dentro desas estruturas, é como unha cuestión de fe.
Durante a composición desas estruturas de tipo político, se por acaso se poden clasificar como tal, resaltan dúas especiais razóns de atracción para os cidadáns en xeral, unha que parece ser de máis notoria, que é a atracción polo poder e, como tal, do exercer (esta, nos parece ser de máis notoriamente visíbel) e, unha segunda motivación ben saínte e, que a noso entender pensamos que debe ser considerada como o segundo polo de motivación, para a captación de simpatizantes e, logo “militantes de pleno dereito”, da respectiva organización e, que tratase da utilización destas como axencias de colocación, ou sexa, “axencia de empregos”. Tratase da obtención dun emprego, cun razoábel soldo, é un grao de liberdade de horarios case ilimitada (só controlada pola honradez de cada un).
Non podemos deixar pasar a oportunidade de indicar, cal é actividade máis habitual e insistente, desenvolvida por eses tales tendeiros, designados de políticos de quenda e, como non, se trata de utilizar o seu tempo “laboral”, nos chamados xogos de intriga e engano, ou sexa, buscar por todos os medios posíbeis, mesmo os máis escabrosos, en conexións case sempre persoais, para denegrir o concorrente doutra estruturas, en particular e, en xeral a estrutura máis cerca a súa, relegando para lugar secundario os lexítimos intereses, daqueles que pretenden representar.
Unha das idiosincrasias máis interesantes, é que existe un comportamento completamente distinguido entre o que se chama posicionamento político (referiámonos a colocación dos representantes na Asemblea de París, cando da Revolución Francesa) e, o que hoxe se autodesignan como partidos da esquerda.
Realmente en pleno século XXI, o que parece como un elemento esencial nas campañas pre-electorais, como enriba referimos, tentar pasar a imaxe de se encontran a esquerda da estrutura a combater (no caso de partidos que autodenominan de esquerda) ou no caso dos de dereita, que están non a dereita, mais si, ao centro e, que non teñen unha práxis fascista, como o seu concorrente máis extremista, pola dereita.
Así, o que se pode desde xa concluír, é que cando son partidos, ditos de esquerda, tentan a diario a destrución entre si, alegando cada un, unha pureza partidaria (no entanto, cun baleiro total de calquera ideoloxía e, como tal, da máis mínima formación política dos seus presuntos cadros), isto quere dicir, que a dereita, non ten que se preocupar, en competir cos grupos de esquerda, pois, estes encárganse de lle entregar o poder, sen loita.
En termos da parábola da feira (tamén chamado mercado), é como que os tendeiros da esquerda, cada vez que se aproximase un cliente interesado nos seus produtos, tivesen a amabilidade de dicir que non compren os seus artigos, pois, estes non prestan son moi maos e que os enganan e, como tal, deben ir comprar as tendas dos tendeiros de dereita, pois, eses si, é que teñen bos produtos e non os enganan.
Como podemos observar, este procedemento por parte dos tendeiros da esquerda, non parece ser moi lóxico en termos de estratexia, para quenquera chegar ao poder, dado que o que están a facer, é a escorrentar os clientes e, aos entregar, directamente a seus realmente competidores que son a dereita.
Encontra, os tendeiros de dereita, parecen estar moito máis tranquilos, pois, non se ve ningún ataque excluínte, entre os seus compoñentes, pois, estes o que teñen como obxectivo é vender o máis posíbel, isto é, chegar ao poder e, cando aí estiveren, entón si, repartirán o poder entre si.
Parece que dunhas decenas de anos a esta parte, a esquerda se esqueceu de que “a unión fai a forza”, preferindo desaparecer do mapa político como opción de goberno.
Esta situación, parece ser unha constante, quere a nivel de eleccións municipais e autonómicas e, realmente se estima, polo ar que vai na atmosfera política, pois, paira no éter para os comicios a nivel nacional, como sendo o escenario máis probábel para estas próximas eleccións.
Esperamos, mentres, que apareza no horizonte, un calquera sucedáneo do político francés Jean-Luc Mélènchon, mais español, que tivo a coraxe de conseguir unir, de forma case total, a esquerda francesa e, que empuñe a bandeira e a corneta, para que, desperte as consciencias españolas adormecidas ou anestesiadas.
Pensamos que neste momento, que na comunidade existente, as masas, de maior idade, tornaronse practicamente abúlicas, o que significa o mesmo, que se lles dá todo igual. Que para as capas máis mozas, especialmente aos que votan pola primeira vez (se é que van a votar), así como as faixas etárias que hoxe se acercan polo medio século, todo lles dá igual, ou máis ou menos igual, pois, para estes, os seus intereses, van ao encontro unicamente de pasar o mellor posíbel, tomando a tapa respectiva, acompañada da “copa” e, que o seu club de deporte, gañe o xogo que os preocupa. Que poidan compartir os seus intereses, coas súas “caras metades”, nos “realities shows”, de certas cadeas de televisión e, así como, poder habilitarse a respectiva posibilidade de practicar o “efectos imitación”.
Todo isto, é o que conseguiron as distinguidas cadeas de TV, así como, os máis diversos medios de comunicación, ao desinformar e despolitizar as poboacións.
Terminamos este, coa desesperada esperanza, de que tudo o que aquí deixamos escrito, non pase dunha especulación e que a realidade non sexa, esta ou aínda peor do que prevemos.
Haxa esperanza e sobre todo bo senso.
Se el primero en comentar