O son que máis quenta

“O sabio uso de o lecer é un produto da civilización e de a educación."

Bertrand Russell
"Panem et circenses"

Juvenal, Sátiras X, 77–81

Manhá comeza unha nova edición do «Son do Camiño», xa saben, ese macrofestival que a Xunta outorgou a dedo por uns 2,5 milhóns de euros. Despois de todo, que melhor para celebrar o próximo Xacobeo que un macrofestival que represente algo tan propio como as prácticas caciquiis dos nosos gobernos nacionais e algo tan universal como un fórmula de lecer puramente mercantilizada e falta de carácter.

Non o vou a negar, morro por ver a Iggy Pop en directo, foi un dos meus anhelos desde hai moito tempo e tras leste mesmo ano cumprir o desexo de ver a Bob Dylan deixándome os seus bos cuartos, o ver a un dos últimos reis vivos en directo sería un súmmum musical que completaría un gran ano nese sentido.

Encántame escoitar ás lendas en directo, gústame calquera tipo de festival no que a música poida transportarme durante un instante a un transe dificilmente igualado con calquera outro tipo de experiencia -créanme probeino- pero négome a que unha experiencia tan pura como debería ser a arte, tenha que irremediablemente pasar polo aro do mercantilismo e a corrupción.

A ver se me explico, paréceme xenial que en Galiza podamos gozar de prodixios da música como Iggy, Lenny Kravitz, Jamiroquai ou The Killers, pero négome a participar do escurantismo de ningunha Unión Temporal de Empresas (UTE) para iso. Se a decisión esta entre traizoar aos meus principios ou percorrerme os pequenos e medianos festivais do noso país, nos que talento local e organizacións máis ou menos acertadas, pero sempre valentes, apostan por un modelo de cultura e de lecer propio, non excluínte, pero si con raíces, aberto á crítica social, participativo e desde logo afastado do espolio ao público, eu, elixirei sempre o segundo.

Deséxovos a todos que pasedes un gran festival, espero que os concertos desta semana se atopen entre os melhores das vosas vidas. Pero cando remate o circo, lembrade que nos vai quedando pouco pan.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.