Síndrome de enfermidade crónica na esquerda europea

Dáse un paradoxo, agora que a esquerda é máis forte en Francia, despois da segunda volta das eleccións lexislativas, en que a Nova Fronte Popular gañou á extrema-dereita, non consegue formar goberno, polas dificultades de se harmonizar

Por Jose Vieira

Este título, debía necesariamente ser interrogativo, mais por razóns que nada teñen a ver coa linguaxe escrita, non o facemos.

Moitos casos de liquidación de gobernos de esquerda ou do centro-esquerda, teñen sido varridos da face desta Europa, como por de unha epidemia fora, nestes últimos dous ou tres anos.

E como se pode constatar, os seus lugares, teñen vindo a ser ocupados, dunha forma o máis pacificamente posíbel, a través de eleccións perfectamente lexítimas.

Antigamente, como anécdota, dicíase cando estas situacións acontecían sen grandes conflitos ou cuestións, que as transformacións se efectuaron “como dun feliz parto sen dor”, se tratase.

Por outro lado, tamén se recoñece a vista desarmada, isto é, sen facer un gran esforzo de observación ou análise de gran profundidade, que a relevancia dos gobernos de esquerda, foron para partidos non de centro-dereita, mais si case sempre para partidos de perfil máis ou menos descubertos de dereita ou até de extrema-dereita.

Unha das situacións que vemos como paradigmáticas, deste noso texto, é algo que se está a pasar en Francia.

Francia é unha nación que sempre estivo nos ollos dos políticos de toda a Europa (non seremos demasiado arriscados) e, até se dixermos un pouco, na vista de todo o mundo.

Lembremos, a Francia de Vichy, ou sexa, a Francia colaboracionista, tras ser ocupada pola Alemaña nazi de Hitler.

Nesa altura, se estaba no auxe da expansión, do fascismo, pola asociación do chamado Eixe. Era o principio da Segunda gran Guerra Mundial (que fora a reacción as invasións imposta a todo o occidente, máis ou menos democrático, polo Eixe enriba referido.

Coa vitoria dos países do occidente, chamados demócratas e, co apoio dos Estados Unidos da América do Norte (USA) e, seus aliados, e sobre todo pola vitoria da URSS, sobre a Alemaña, que foi o dato esencial do fin dos nazismos (o pobo ruso para que a Europa, se liberase do nazismo, deixou nos campos do conflito máis de 20 millóns de rusos).

Logo tras a liberación, apareceu a liderar a Francia, un celebre xefe da resistencia da “Francia libre no exilio”, o Xeneral Charles De-Gaulle. Por certo un xeneral conservador, mais sobre todo un nacionalista e europeísta sen mácula.

Este gran xeneral e enorme político, logo que tomou conta do poder político no seu país, apercibise do perigo que representaba a forma como se estaba a estender a “manta” do poder dos USA, en detrimento da soberanía, dos pobos europeos.

Enriba, afirmamos, que este xeneral, era un home de fortes conviccións e un ser profundamente tradicional, xamais estivo na súa fronte calquera idea de comunismo como forma de goberno para o seu país.

No entanto, tamén xamais tivo o comunismo como un inimigo intransponíbel, nin tampouco imposíbel de convivir. Durante os tempos da guerrilla da Fronte de Liberación, a guerrilla da Francia Libre, conviviu día a día cos membros do Partido Comunista Francés e cos grupos de guerrilla de españois, maioritariamente, membros do Partido Comunista Español.

Pois, o referido xeneral, ao pouco tempo de liderar a Francia e, vendo as ambicións dos USA, que pretendían, someter pola forza das armas, aínda que nos arsenais, mandou retirar as tropas francesas da incipiente OTAN.

Desde o fin da Segunda gran Guerra (do século XX), os USA, sempre fixeron chantaxe política, cos países da Europa, determinando as liñas que debían seguir os seus gobernos, constituíndo un seu segundo patio de recreo (o primeiro era como non podía ser a América do Sur).

Esta primeira parte, serve para situar a Francia, como un exemplo, político, que en certos momentos da historia mundial ou polo menos europea, pontificou e foi farol da Europa (recordemos o período do Iluminismo, a influencia de Descartes e a Revolución Francesa).

Deixemos a história onde está, mesmo cos saltos esaxerados que demos, así como a introdución de “flash backs”, dato a necesidade de nos introducirmos, nas eleccións do pasado 30 de xuño.

Así, que estas foron gañas, na primeira volta, por unha demandante a presidente da República Francesa, Marine Le Pen, que é a líder da extrema-dereita francesa e como tal a presidente da “Agrupación Nacional”, tendo como secretario xeneral e demandante a primeiro-ministro en Francia Jordan Bardella.

Estas eleccións, que tiveron unha segunda volta, en que a unión mostrou, unha vez máis, que fai a forza, esta bateu a extrema-dereita, mais tivo que soportar dentro da coalición, de esquerda a dereita do presidente da república francesa, señor Emmanuel Macron.

Este señor, alén do máis, é un profundo seguidor das imposicións dos americanos, e das súas determinacións belicistas (apoio desmedido), chegando a propor o envío de tropas europeas para axudar a Ucraína e, non condenando de forma vehemente o xenocidio do pobo palestino polos israelitas.

Mais dáse un paradoxo, agora que a esquerda é máis forte en Francia, despois da segunda volta das eleccións lexislativas, en que a Nova Fronte Popular gañou á extrema-dereita, non consegue formar goberno, polas dificultades de se harmonizar.

E non á dubida, que o que se está a pasar, se trata da intelixencia dunha correcta dereita que sutilmente coloca as máximas dificultades para que a esquerda teña posibilidades de presentar un primeiro ministro, para formar un goberno.

Unhas veces é por falta dun consenso na esquerda, canto aos demandantes e aos seus compromisos, outras veces e, estas son en máis cantidade, trabas impostas polo presidente da república francesa, o señor Emmanuel Mácron, que quere na realidade, exercer o seu poder e, non deixar de gobernar o pobo francés (síndrome napoleónico), mais non para todos e, como ten feito, unicamente para os ricos, tal como aquí en España, o teñen feito sempre o Partido Popular (na actualidade polo señor Feijóo), sempre que está no goberno central e, preferentemente nas autonomías que goberna, en especial na comunidade de Madrid.

É moi interesante, que por veces, para non dicir que case sempre, a extrema-dereita, nos seus percorridos electorais, dulcifica os seus discursos e promete, pouco menos do que o “ceo”, utilizando moitas das veces o argumento de que a esquerda son grupos de corruptos e de incompetentes.

Esta mensaxe ten prosperado en toda a Europa, pois, os grandes grupos multinacionais, poñen ao servizo destes partidos, as súas máquinas de marketing.

Non podemos deixar de chamar á colación, o caso da actual primeira-ministra de Italia, Giorgia Meloni, que de inmediato pasou a ser apoiada persoalmente, pola presidenta da Unión Europea, a señora Ursula Van Leyen, o que demostra dunha forma cabal, por onde van as intencións e simpatías políticas, da máxima autoridade comunitaria.

Outro espeto a ter sempre presente, é que á esquerda en toda a Unión Europea, os electorados, impoñen que presenten un programa electoral e, estrañamente, a dereita gaña as eleccións con unicamente a descalificación dos programas presentados polos partidos de esquerda, mais sen calquera programa alternativo.

Un exemplo típico, que todos os días deparamos en España, é a oposición do Partido Popular do señor Feijóo e seus apaniguados, que sen calquera programa alternativo, co apoio da igrexa católica e das poboacións máis anciás e, sementando o medo, de que aí veñen os maos, que van roubar as pensións, fan que voten a extrema-dereita.

Mais non podemos deixar de recordar dúas situacións máis, máis que relevantes: as diminucións de impostos aos ricos na maior comunidade española – Madrid (roubando os máis desprotexidos) e, os autobuses e taxis, cargados de persoas en estado semivexetais, que membros do partido, levan até ás urnas a votar, coa indicación de votar no Partido Popular.

Outra das consideracións que xulgamos pertinentes, ten a ver con algo que xa afloramos enriba, que é a inexistencia dunha individualidade de forte personalidade, en las liñas da esquerda dos varios países europeos, isto por un dos lados, mentres, por outro lado, se ve unha auténtica cortina dunha espesa bruma, que dunha forma autenticamente despótica, desvirtuada e impide toda ou case toda a mensaxe da posibilidade dunha vida mellor para todo e non soa para os 10 % da poboación mundial. E tampouco podemos deixar de apuntar o dedo aos limitadores, instigadores destas políticas mundiais.

Como estamos mesmo a ver, eses déspotas e terroristas, que só avogan unha cada vez maior desigualdade social, son os Estados Unidos da América do Norte, a través das súas ramificacións, coas máis diversas actividades visíbeis, mais disfrazando os seus certos obxectivos, que son:

A ESCRAVIZACIÓN DE TODA A POBOACIÓN QUE POIDAN DOMINAR

Estas son algunhas das razoes polos cales a esquerda ten perdido protagonismo. No entanto, esperamos que desde Francia acabe por soprar un vento de cambio e ben rápido.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.