Liberalismo, liberdade e marxismo

Karl Marx, demostrou de forma brillante que esta concepción só tiña valor e vantaxes para a clase dominante, ou sexa, a burguesía dominante.

Por Jose Vieira

Principiamos este texto, con suxerindo para “liberalismo” a definición do Dicionario da Real Academia da Lingua Española, que nos ensina o concepto seguinte:

Liberalismo, “como sendo unha doutrina política que postula a liberdade individual e social no político e a iniciativa privada no económico e cultural, limitando nestes terreos a intervención do Estado e dos poderes públicos”.

E como Liberalismo doutrinario, á súa vez, a conceptualiza como sendo unha “Corrente política do século XIX que propugnaba a articulación do principio monárquico como democrático como fórmula de protección e de liberdade”.

(As traducións son de nosa responsabilidade)

Se agora nos reportarmos ao ben coñecido en todo o Mundo, The Oxford Languages Dictionary, este define o liberalismo como sendo “Actitude ético-política da idade moderna e contemporánea, que tende a concretarse en doutrinas e prácticas opostas ao absolutismo, fundadas esencialmente no principio de que o poder do Estado debe se limitar para favorecer a liberdade de acción do individuo”

(As traducións son de nosa responsabilidade)

Despois desta breve introdución, podemos avanzar que con base nos datos enriba expresados, un Estado Liberal, en principio debería seguir un modelo, en que se autolimitase o seu goberno, de tal sorte, que permitir e garantir o exercicio das liberdades individuais e, estas tales como, a de expresión, de opinión, de asociación, de empresa, de culto e de consumo.

Aquí recordamos a Michel Foucault, que no seu curso de “Nacemento da biopolítica” que lecionou en 1979, en que a determinada altura dicía que se trataba da “ARTE DE GOBERNAR O MENOS POSÍBEL”.

Recordamos que Paul-Michel Foucault, foi un filosofo, psicólogo, sociólogo e historiador francés, do século pasado (nacido en 15 de outubro de 1926 e falecido en 25 de xuño de 1984). Foi profesor en varias universidades quere francesas quere estadounidenses. Era catedrático de Historia dos Sistemas de Pensamento, no colexio de Francia (1970 a 1984), que substituíu a sinatura de Historia do Pensamento Filosófico.

Foi un dos principais pensadores do século pasado.

Actualmente se está a conmemorar os 40 anos da súa desaparición, sobre todo, para alí dos Pirineos.

Seguindo o seu pensamento, podese cuestionar, cal é o criterio que debe rexer, segundo este, a arte de gobernar? Así para este, había dous, un que se podía chamar o “liberalismo clásico”: que até ao século XVII, se falaría dos dereitos naturais (os chamados xusnaturalismo) e axiña a economía política (designada como utilitarismo).

Esta segunda caracterización é a que nos interesa máis neste momento, pois, é a que se xustapon, á non intervención do Estado no mercado, de maneira a que a oferta e a procura, se poida confrontar de forma espontánea, da forma máis libre posíbel, o que faría que o comercio se desenvolvería nunha sociedade libre e en crecemento, sen trabas intervencionistas.

Esta concepción sería capaz de por si só producir no mercado unha orde económica e tamén social, que permitiría a autorregulación.

Segundo o noso entendemento, esta forma de organización, xamais sería xeral, sería antes si non só parcial, mais cada vez máis parcial (en degradación cada vez máis forte). Karl Marx, demostrou de forma brillante que esta concepción só tiña valor e vantaxes para a clase dominante, ou sexa, a burguesía dominante.

Para ter a certeza desta critica, basta ollarmos para unha calquera fabrica e ver que o tal libre comercio se basea na explotación dos traballadores. Por iso Karl Marx, contrapuxo a esta concepción dos liberalistas, a emancipación da clase humana e universal.

Podemos recordar, que especialmente no espazo temporal entre as dúas Grandes Guerras do século pasado, en especial no territorio da Europa, a concepción marxista gañou forza e até nos parlamentos dominados pola social-democracia, chegando mesmo a excluír a perspectiva do pensamento do liberalismo clásico, pois, recoñecía a súa falta de emancipación xeral e o emponderamento cada vez máis potente da burguesía.

Entón propuñase a regulación do mercado, contra o seu despotismo e, se pretendía que se atenuasen as desigualdades inxustas e excesivas.

Pois, o que estaba a acontecer e cada vez máis na actualidade é unha acumulación de riqueza, cada vez a un ritmo máis acelerado, nos mesmos ricos e poderosos.

Utilizando os valores propostos por Benedetto Croce, o que quería, e unha correcta esquerda dentro do liberalismo, era producir estatalmente condicións materiais que permitisen que as poboacións exercesen as liberdades, sexan sociais, políticas e económicas, en igualdade de oportunidades (salario mínimo confortábel e eliminación das condicións que conducían a pobreza).

Máis a esta situación el a designaba como liberalismo, pois, era moito máis abrangente do que o puro liberalismo económico.

Ás ideas de Benedetto, se opuña a visión de Luigi Einaudi, que dicía que sen total liberdade económica, xamais se podía obterá certa e plena liberdade.

Podemos dicir que son dúas concepcións unha máis de esquerda a de Benedetto e outra moi máis de dereita de Einaudi. Estamos en 1937 e entón este liberalismo deste último pasou a designar por “NEOLIBERALISMO”.

Esta visión destorcida, xustificaba segundo estes, un estatismo social-democrático, cuxas contradicións levaron unha guerra civil. Empurrando a eliminación da democracia de entón.

Así os neoliberais, asociaron a social democracia a riscos de guerras civís e, até a dispersión do poder e como tal ao despotismo e, como tal ao neoabsolutismo.

Así para “os neoliberalistas, desde os anos setenta do século pasado, ou estabamos dentro do sistema neo, ou estabamos na barbarie ingobernable.

Así dentro das limitacións dos poderes do Estado, o liberalismo se concretou como unha filosofía do poder económico, totalmente protexido polo Estado e até como seu fundamento. Para este o mercado debía estar fóra de calquera conflito social democrático, por tanto, e ser a cúpula da estrutura e intocábel.

O que pasamos a ter é que a “ARTE” de gobernar o menos posíbel, se concretou nunha outra arte segundo nós, na “arte do capital gobernar sen calquera límites”.

As consecuencias non se fixeron esperar e o que encontramos é cada vez menos protección social, a diminución das conquistas, de varias xeracións de poboacións.

Recordemos un dos famosos economistas da Escola Austríaca, Friedrich August Hayek, para quen as desigualdades sociais era algo de irremediábel e, que a democracia soa era aceptábel se e só se, estivese fóra ou mellor, privada de calquera posibilidade de se pronunciar, sobre materias de teor económico. Recordemos unha frase súa, que xamais se esquecía de referir nas súas intervencións: “a xustiza social é unha ilusión”.

Este señor, foi un dos pais das ideas do celebre doutrinador do capitalismo americano, de seu nome Milton Friedman. E que tan tristes actuacións tivo como a súa experiencia, sobre a realidade chilena, como o golpe de militar, que derrubou Salvador Allende, co apoio da CIA e do goberno americano, tendo como representante directo Henry Kissinger.

O exemplo desas políticas, as temos coa subida ao poder nos Estados Unidos da América do Norte do Presidente Donald Reagan e no Reino Unido de Margareth Thatcher ambos na década de oitenta.

Desde os anos 80, e cos políticos enriba referidos, o mundo en que vivimos entrou nunha fase decididamente de figurino neoliberal. Máis, se no inicio, os anos trinta, os neoliberais considerábanse a dereita do liberalismo (como referimos enriba con Benedetto Croce), o que nos parece vislumbrar na actualidade é que parece, para os políticos económicos non haber alternativa ao neoliberalismo, quere á dereita quere à esquerda, pois, ambos os parlamentarios dun e doutra banda, só son meras variantes. Máis aínda por riba as crises económicas son instrumentos á disposición dos gobernos, para estes exerceren as súas “habilidades”.

Como corolario podemos afirmar, como o gran escritor ruso Dostoievski, que dicía que o sistema en vez de facer homes libres, o que facía era todo o que crean ao ser humano.

Terminamos dicindo que para o marxismo, o liberalismo, desde o seu inicio non era outra cousa que unha filosofía que procuraba sustentar unha filosofía en que os Estados fosen gobernados por unicamente o CAPITAL, sen negar xamais que o cordón umbilical, destas se pode procurar, na chamada política máis antiga do “Laissez-faire, laissez passer”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.