Golpes e máis golpes, serán de Estado?

Estes gritos de alarma, que están soando por toda a parte, non son máis do que a orquestración levada a efecto, debidamente programada por toda a dereita e, pasada a práctica polos principais órganos de comunicación social, en todas as súas formas de divulgación.

Por Jose Vieira

Temos visto a dereita, toda, e algúns dos varóns do PSOE, diciren que estamos perante unha tentativa de golpe de Estado do presidente de España.

Outros din que o que o señor está a facer é a creación de condicións para a federalización do Reino de España.

Claro que os campións destas desvariadas opinións, non son outros que o partido ideólogo do PP, e como non, cando non está o señor Abascal, estará o señor Hermann Tertsch, que co seu ar de sofredor, encarna a de o monxe que vai para o cadafalso, na xubilación de Zwinglio.

A este señor de nome alemán, o captaron cun cartel fronte a Cámara, o día 9 do corrente mes de decembro, en que dicía “Non ao golpe de Estado de Sanchez”. Resaltando con letras en azul, a expresión “golpe de Estado”.

Cando referimos o ar de monxe, queremos pedir desculpas a todos os monxes do mundo, pois, se sentirían ofendidos, coa semellanza miserabilista, procurada polo referido señor. En tal comparecencia o actor en cuestión, se presentaba cunha capa até aos nocellos de penitente.

Pero deixemos o folclore e, pasemos a cousas serias.

Estes gritos de alarma, que están soando por toda a parte, non son máis do que a orquestración levada a efecto, debidamente programada por toda a dereita e, pasada a práctica polos principais órganos de comunicación social, en todas as súas formas de divulgación.

Nesta onda de vituperios, non podía faltar a intervención desenvolvida, nas redes sociais, pois, dispoñen dun batallón de militantes a meter falsas noticias que intoxican os lectores.

Tamén o partido Ciudadanos, tamén intenta entrar por unha carreira de supervivencia, cognominando o señor Pedro Sánchez actual presidente do goberno de GCP, de estar a proceder a “auto-golpe”. O que non sabemos é se é un golpe de man, expresión moi coñecida dos militares ou se é un golpe de Estado.

O que fica aberta, é a carreira para a dereita, perdón, nos equivocamos, para a “extrema dereita”.

Continuando, como non podía de deixar de ser, aparece con toda a oportunidade, como xulga, o señor Abascal, presentando a idea dunha moción de censura, que no fondo, non conviña á señora Ayuso, ser ela a promover. Un servizo moi ben coordinado entre o PP e o seu ideólogo Vox.

Despois, como sempre nestas ocasións, reaparece a presidenta da Comunidade de Madrid, que ten un sentido da oportunidade política, moi desenvolvido e, único.

Realmente esta figura da extrema dereita española (a destrutora encarnizada da Saúde pública, así como de todos os servizos prestados polo goberno, para os entregar aos “amiguitos do ibex 35” e outros), desenvolve toda unha estratexia, que é preparada polo seu xefe de despacho Miguel Ángel Rodríguez, que posúe un extraordinario sentido dos tempos e que de momento, os está utilizando dunha forma impecábel a seu favor, usando os retos lanzados, quere os partidos Vox e, como non os Ciudadanos. Eles aparecen entón, como o duro, mais consciente alternativa de poder, á coalición actual GCP.

Este señor, souben moito ben non deixar que se afunda o seu partido PP, o que estaba a acontecer, por virtude dos desastrosos discursos de Feijóo, ao non ter pactado co goberno, o caso da composición do CGPJ, en outubro (servímonos de os barómetros do CIS) pasado.

Con estes elementos, parece que o PP, se encontra agora, non no empate técnico anterior, mais coa intervención da señora Ayuso, pasa de novo, a liderar as encostas, bastando para iso, como non podía deixar de ser, se agrupando cos seus ideólogos de VOX.

Recuemos o tempo, recordemos que José Maria Aznar, foi derrotado en 2004, polo socialista Zapatero e como tal, con esta vitoria socialista a estratexia do PP, foi constituír un poder extra co Consello Xeral do Poder Xudicial (en siglas CGPJ). Tomando como causa próxima os atentados da Atocha, e a atribuír a ETA, como elemento central da campaña electoral.

Como un chiste de má memoria, recordemos de “tres presupostos en que a dereita do PP, aprobou dúas leis, en 71 e en 83, ou sexan reais decretos, desclasificando o CGPJ, como social-comunista” e, curiosamente cos votos de ERC e Bildu. Algo só posíbel nunha democracia pouco consolidada ou unha transición de continuidade, dun pasado antidemocrático.

Dúas situacións queremos deixar ficar neste texto como causas non próximas, mais si inmediatas, a xubilación do Código Penal, máis que necesaria tamén urxente e, claro, a proposta de xubilación da “Ley Orgánica do Poder Xudicial”, por forma a deixar de seren precisos os tres quintos (3/5) de votos necesarios para designar os maxistrados do Tribunal Constitucional e seren substituídos polos que presenten máis apoios. E a cúpula, onde se estabelece o delito de desobediencia ou prevaricación omisiva, para os membros do CGPJ, se persisten en bloquear a elección simultánea dos dous demandantes do goberno e os dous do poder xudicial.

Estes señores, se revoltan, pois, xamais queren deixar de ser os todos poderosos xuíces e, os membros conservadores, deste Órgano, para bloquear unha vez máis, invocan o artigo 600.2 da actual lei orgánica do Poder Xudicial. “Uns certos monárquicos, que probabelmente querían deixar os seus lugares a sus descendentes familiares”. Ofreza o que ofreza, os señores veredeiros do réxime anterior a constitución de 1978, o PP, impón o seu veto, pois, non só quere manter o bipartidismo, como dentro deste quere ser o garante da continuación anterior á pseudo-transición.

Rematamos este, a pesar de haber moito máis motivos para ter en atención, cunha chamada de atención ao asalto ao poder no PP, co fin do charme popularucho do señor Feijóo, a favor da señora Ayuso.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.