O capitalismo europeo contraataca

Victoria Portas


O próximo día 4 de abril vaise votar no Parlamento Europeo un novo produto financeiro chamado Producto Paneuropeo de Pensións Individuais, o que todos coñecemos como PePP.

Unha institución parlamentaria que debería representar as cidadás da Unión Europea, preservando os seus dereitos e velando polo cumplimento da carta dos Dereitos fundamentais da UE,  artigo 25  e artigo 34, é a abandeirada para levar a cabo un produto financeiro como se dunha institución capitalista privada se tratase.

Por unha banda os Parlamento Europeo está formado por eurodiputad@s de todos os estados membros, a España ten na actualidade  54 e neste ano que volven as Eleccións Europeas corresponderalle 59, eles deberían velar polos nosos dereitos e intereses.

Polo que o próximo 4 de abril o PEPP vai ser votado por 54 eurodiputad@s do territorio español, os cales decidirán si o que queren é apoiar a que os aforros da clase traballadora sexan manexados pola gran banca e aseguradoras ou retorna as mans da Seguridade Social como piar fundamental de protección social.

As presas por parte da UE na aprobación de dito Regulamento xa non ten disimulo, primeiro o Parlamento Europeo dita ou ben Directivas, actos lexislativos nos cais se establecen obxetivos que todos os países da UE deben cumplir, pero corresponde a cada país elaborar as súas propias leis sobre . cómo alcanzar eses obxetivos, ou ben Regulamento, como é este caso, que son actos lexislativos vinculantes e son de aplicación integra e instantánea dende o momento da súa aprobación.

Que un produto financeiro e non un dereito fundamental sexa de cumplimento inmediato en toda a eurozona xa di moito do  que hoxe é Europa, súbdita do capital e carceleira da clase traballadora.

Igualmente si o sistema de seguridade social cada día é mais insostible, porque é o capital financeiro o que o codiza agora? O propio PEPP recoñece que na actualidade os plans de pensións teñen un capital duns  0,7 billóns de euros  e que con este produto conseguirían recadar de aforro uns 2,1 billóns de euros, ¿entón cartos hai? ¿Porqué non se garanten pensións dignas ? porque tal e como di o propio PePP o seu obxetivo “Obter máis capital e canalizalo cara a investimentos europeos a longo prazo na economía real” e para conseguilo teñen que lograr que os sistemas de previsión sexan insuficientes , tal e como dicía o  Banco Mundial, “si as pensións son relativamente elevadas, próximas ao salario previo á xubilación … implica que queda pouco espazo para que os traballadores destinen capital á previsión complementaria.”

Que é tan preocupante do Regulamento do PePP para que a maioría social non só Galega, nin Española senón tamén Europea, deberíanos poñer en  pé de guerra? Imos analizalo.

O Regulamento do PePP en boca da UE di que se crea para complementar as pensións públicas xa que se agarda que estas sexan cada vez máis insuficientes. Si do que falamos é da insuficiencia do noso sistema e que como medida se estimule o desvío de posíbeis cotizacións sociais da caixa da Seguridade Social a mans da banca e aseguradoras, posiblemente o resultado sexa todavía mais deficiencia, resumo trasbase de erario público a mans privadas que da como resultado quebra do sistema de seguridade social tal e como o coñecemos.

Dito PePP recoñece como obxectivo a creación dun mercado de pensións europeo de ´terceiro piar´ que estimularía innovación no sector de produtos financeiros … Recordemos que foi esa innovación financeira a que nos meteu na maior crise económica e social vivida no 2007. E que o investimento se faga en  “instrumentos derivados” e garantir que os consumidores sexan plenamente conscientes dos elementos chave do produto” , todo isto implica que os noso aforros se invirtirán en produtos de altísimo risco que nós asumiremos.

A UE non ten como intención complementar as nosas pensións, nin  que os nosos aforros cheguen a nosas xubilacións senón que a maior risco, a banca e aseguradores poidan percibir maiores beneficios; é de especial cinismo, incompetencia  e altanería esperar que as  traballadoras e traballadores  corramos o risco de perder os poucos aforros que temos  se realmente coñecemos o risco que corremos.

Pero para asegurarse o control do capital, esixe que se estabelezan desgravacións fiscais, desgravacións fiscais que traballadoras e traballadores de salarios baixos nunca poderán acceder pois cos salarios actuais malamente poden facer fronte o día a día como para abonar plans de pensións polos que desgrabar, é soamente unha medida para aqueles altos salarios e rendas do capital que poden aportar grandes cuantías, novamente se ofrecen desgravacións os que mais teñen e os que menos aportan o sistema.

Na actualidade a UE non é unha unión para salvagardar os intereses da maioría social, nin lle importa o aumento da pobreza, nen as grandes desigualdades que produce o sistema, para ela xa non somos traballadoras ou traballadores senón consumidores e a súa criatura o PePP non mellora a protección social senón que promove a apropiación do 10% PIB que é o que representan na actualidade as pensións públicas.

O día 26 de abril, teremos Eleccións Europeas onde na actualidade se lexislan moitas normas que nos afectan no noso día a día, o PePP é unha aposta pola privatización do noso Sistema de protección social que de facelo o noso Goberno recibiría un forte castigo eleitoral, e por iso todos os gobernos neoliberais dos estados membros utilizan así  o Parlamento Europeo. Recordemos que os 59 eurodiputad@s españois do Parlamento Europeo tamén son membros dos diferentes Grupos Parlamentarios das nosas Cámaras e responsables da aprobación de dito produto en decrimento do noso Sistema de Seguridade Social.

Se a Comisión Europea CE renuncia ao obxectivo de que as pensións públicas sexan suficientes, se renuncia a  defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores europeos, tal vez sexa hora de que nós renunciemos a esa UE de ricos e para ricos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.